• BENVIDOS Ó BLOG DE RAFA QUINTÍA

  • SOBRE O AUTOR

  • © Fotografías blog: Rafa Quintía

  • MARIÑA: DE DEUSA A SANTA

  • MONTE DAS CROAS: ANTROPOLOXÍA DUN CASTRO

  • ANÁLISE ESTRUTURAL E SIMBÓLICA DO MITO DA MOURA

  • LA HISTORIA DE GALICIA EN 50 LUGARES

  • USO SIMBÓLICO DO CUARZO NA CULTURA GALEGA. Aspectos etnográficos e arqueolóxicos

  • PATRIMONIO INMATERIAL DE SAN MARTIÑO DE SALCEDO

  • ALICORNIO. O PODER DO CORNO DE UNICORNIO NA MEDICINA TRADICIONAL GALEGA

  • A NOSA SEÑORA DA LANZADA. Estudio antropológico de un santuario costero.

  • PARA CANTAR VEÑO EU! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos

  • DE VELLO, GAITEIRO! Biografía do grupo de música tradicional Os Chichisos

  • DEUSES, MITOS E RITOS DO MONTE DO SEIXO. Unha proposta interpretativa en clave céltica.

  • Á SOMBRA DE BOUZA PANDA. Poemario de trincheira e maldizer

  • MUÍÑOS, A MEMORIA DA AUGA.

  • Documental “SETE CAMIÑOS. ENCRUCILLADA DO TEMPO”

  • Documental “COMUNEIROS. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo”

  • Documental “Monte do Seixo. A Montaña Máxica”.

  • Curtametraxe documental “NOITE DE REIS COS CHICHISOS”

  • A PEDRA DO FUNDAMENTO

  • “FEITO NA CASA”

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº6

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº5

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº4

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº3

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº2

  • “FOL DE VELENO. Revista de Etnografía e Historia de Galiza”. Nº1

  • ALBIÓN GALAICA

  • “GALICIA ENCANTADA: O país das mil e unha marabillas”

  • “OS MOUROS E AS MOURAS: MÁXICOS ENIGMÁTICOS DA MITOLOXÍA POPULAR”. Actas das V Xornadas de literartura de tradición oral.

  • POEMARIO DOS GAFOS. Obra colectiva.

  • CATÁLOGO-GUÍA do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños

  • AS PONTES DE PONTEVEDRA. Libro da exposición do mesmo nome. (Obra colectiva)

  • ATAS DAS JORNADAS DA LITERATURA GALAICO-PORTUGUESA 2012-2014

  • ACTAS DAS II XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ACTAS DAS I XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ENTRADAS POR ORDE CRONOLÓXICA

  • CONTADOR

    • 113,341 hits
  • Follow Á Sombra de Bouza Panda on WordPress.com

OS BUCHES, UNHA MÁSCARA “GALEGA” NO CARNAVAL DE LANZAROTE?

É de sobra coñecido o carnaval de Tenerife, que cos seus desfiles e traxes de fantasía pouco ten que ver co noso Entroido tradicional galego, onde o simbólico non sucumbiu á forza da estética. Pero nas Illas Canarias existen outros carnavais  menos coñecidos. Unhas festas onde saen algunhas peculiares personaxes que semellan sacadas do Entroido galego e, quen sabe, se non é así certamente.

201005181456586Os Diabletes de Teguise (Fonte: http://www.teguise.es)

Hai uns meses tiven a oportunidade de visitar a marabillosa illa de Lanzarote cuxa paisaxe, dito sexa de paso, é unha das paisaxes máis espectaculares e telúricas de cantas podemos atopar no continente europeo. A parte de gozar da volcánica xeografía lanzaroteña e de coñecer in situ algúns dos xacementos arqueolóxicos máis interesantes do arquipélago canario tiven a sorte de toparme coa personaxe enmascarada da que lles vou falar hoxe Domingo Gordo de Entroido. Refírome aos Buches.

DSC_2638Museo Etnográfico Tanit

O encontro fortuíto con esta máscara aconteceu no Museo Etnográfico Tanit   (http://www.museotanit.com/), situado na vila de San Bartolomé e moi perto do xacemento arqueolóxico de Zonzamas, do que falaremos en futuros artigos.  Pois ben, visitando este interesante museo privado descubrín, ademais da figura dos Diabletes de Teguise, un traxe de carnaval propio dos mariñeiros de Lanzarote. Esta máscara que me atrevo a chamar de Entroido, sae nas datas do carnaval lanzaroteño e se caracteriza por levar nas man o que semellas vinchas infladas coas que fan ruído e golpean a todo aquel co que se topan, de aí o seu nome: Los Buches. O traxe que, como verán ten un aire moi familiar, consta dos seguintes elementos:

  • Máscara de rede cunha faciana pintada na que destaca o seu bigote revirichado
  • Gorro adobiado de longas fitas de colores
  • Pano atado no pescozo
  • Camisa e pantalón brancos
  • Chaleque azul
  • Faixa
  • Polainas negras
  • Luvas brancas
  • E como arma vinchas de peixe inflados e previamente secados ao sol

 DSC_2615Traxe de Buche

Non sei se a estas alturas xa se decatan de por onde vou, pero o primeiro que se me viu á mente cando vin este traxe de Buche foi o traxe das Pantallas de Xinzo de Limia. As similitudes entre ambos os dous traxes son abraiantes e se non vexan a descrición do traxe de Pantalla:

  • Máscara de rostro bigotudo
  • Longas fitas de colores
  • Pano atado ao pescozo
  • Camisa e pantalón brancos
  • Faixa
  • Cinto con campaíñas
  • Polainas negras
  • Luvas brancas
  • E como elemento punitivo e sonoro, vinchas de vaca infladas e curtidas.

 CAM01314

Traxe de Pantalla

Tendo en conta que a cultura canaria é froito da mestura da cultura autóctona coas achegas dos conquistadores e colonos peninsulares, entre os que se atopaban non só casteláns senón tamén galegos e portugueses, e tendo en conta as similitudes estéticas entre a figura do Buche do carnaval de Lanzarote e a da Pantalla do Entroido galego podemos barallar a hipótese dunha influenza ou achega dalgúns trazos do Entroido galego no carnaval lanzaroteño. O feito de que esta peculiar personaxe do carnaval de Lanzarote sexa un mariñeiro, sendo os galegos un pobo mariñeiro por excelencia, podería evocar quizais a eses contactos culturais entre galegos e lanzaroteños. Quen sabe se mariñeiros galegos levaron a Lanzarote algúns aspectos do Entroido ou quizais mariñeiros canarios coñeceron en terras galegas o noso Entroido, ou outros simiraes dos tantos que temos na Península. Sexa como fose, as similitudes están aí.

 DSC_2614

É salientable o feito de que en Lanzarote o carnaval sexa unha festa eminentemente mariñeira, aínda que tamén se celebra no interior da illa e coas súas correspondentes particularidades. As coplas populares fan referencia a esta orixe mariñeira do carnaval:

“Desde que llega febrero,

los marinos van llegando

y para los carnavales,

los buches se van inflando”,

DSC_2629Buches

De igual xeito que acontecía cos mariñeiros de Bouzas (Vigo) e o seu satírico traxe de Merdeiro ou Escabicheiro, o traxe que usaban os mariñeiros lanzaroteños no seu carnaval  —Buches— correspondía ás roupas da vestimenta típica do campesiño: polainas, chaleque, faixa, roupas brancas, ás que lles engadían luvas brancas, fitas de colores, a carouta con bigotes e as famosas vinchas de peixe infladas: os buches.

 merdeiroTraxe de Merdeiro

Non están moi claros as orixes desta festa e destas máscaras, de aí que se me permita a ousadía de relacionalas co Entroido galego, sobre todo polo significativo uso de vinchas infladas. O que si sabemos é que no 1890 o antropólogo René Verneau deixa constancia por escrito desta tradición do carnaval mariñeiro de Lanzarote:

 “Durante el Carnaval, las calles de Arrecife presentan una animación que no hubiese sospechado viendo el silencio de muerte que allí reinaba unas semanas antes. Durante todo el día circulan grupos de mujeres y hombres disfrazados. El vestuario que se usa en estas mascaradas es el de los campesinos, que ya solamente llevan unos pocos viejos. Una careta de cartón completa el atavío. Los que no pueden permitirse el lujo de este disfraz se limitan, como hizo mi criado, a ponerse un pañuelo sobre el hombro o a llevar el cinturón al pecho. A la cabeza de cada grupo va gente de ambos sexos tocando la guitarra y cantando. El resto los acompañan provistos de unas vejigas de pescado enormes, con las que golpean a todos aquellos que encuentren. A cada momento entran en las casas y se ponen a bailar hasta que se les haya servido un vaso de vino o de aguardiente. Desgraciado de aquel que rehúse aceptar esta costumbre. Enseguida asaltaran su casa (…)”.

CAM01316Vinchas de Pantalla

Outras personaxes fascinantes do carnaval lanzaroteño son A Burrita de San Bartolomé e os Diabletes de Teguise.

 DSC_2612

O Diabletes de Teguise están considerados unha das tradicións máis antigas de Canarias. Segundo as interpretacións locais, a súa orixe esta na representación da loita entre o ben e o mal nas festas do Corpus. Cómpre lembrar e relacionar o que acontece e acontecía no noso Corpus, onde as figuras de dragóns —Cocas— e choqueiros eran habituais. No caso do Corpus de Pontevedra, no século XVIII, ademais da devandita Coca, tamén acompañaba á procesión o Centulo, sorte de demo e choqueiro que escorrentaba os nenos coa súa terrorífica carouta, o seu son de chocas e a súa diabólica gancha. Pero retomemos a descrición  dos Diabletes de Teguise.

 DSC_2627Diablete de Teguise

Portan estes diaños carouta de castrón tocado de longos cornos, visten traxe pintado con rombos e puntos vermellos e negros,  calzan alpargata e sobre os ombreiros levan correas con campaíñas. Como se dun Centulo se tratase, os Diabletes asustan os nenos correndo detrás deles ao son das ruidosas campaíñas e armados dun pau —denominado “garabato”— do que colga un zurrón cheo de papel, terra e trapos. Chocas e látego —zamarra— son os atributos tamén dos nosos peliqueiros e cigarróns, entre outros.

 DSC_2625

En canto á Burrita, na vila de San Bartolomé, durante o carnaval, era costume pasear un moneco dunha burra. Unha tradición moi similar ao que se fai coa Mula de Viana do Bolo ou ao que se fai coas representacións doutros animais como poden ser a Morena de Trives (unha vaca).

mulaA Mula de Viana do Bolo

Sexa por contacto ou influenza galega —ou doutros pobos do norte peninsular onde hai entroidos similares— ou sexa por un proceso endóxeno da propia cultura mestiza lanzaroteña, o feito de que abrolle nas Canarias unha máscara de carnaval tan semellante ás nosas Pantallas non deixa de ser algo fascinante…ben da súa propia construción cultural, ben dos contactos culturais entre pobos.

1233837340_extras_albumes_0Los Buches (Fonte: http://www.ocholeguas.com)

328225_2650980009617_290948112_oPantalla de Xinzo de Limia. Foto de Pedro G. Losada

Advertisements

3 Respostas

  1. Pouco máis hai que aportar na túa análise comparativa que préstase a deixar fóra de si calquera dúbida na súa orixe, nada máis craro que leváronse dende a pinínsula cantas costumes había eiquí por mor daqueles mareantes que circunvalaban o continente africano ou en periplos cara a outras terras máis afastadas. Isa mestura conduce a evolucións e diferenzas nas que a ausencia de gando principalmente ou en menor cuantía dese luar a uso da vinchoca en grao sumo abundante, os peixes. Froito dun complexo cúmulo de circunstanzas agora se redescubren tudos istes costumes que antes, en tempos do Imnombrabel e da Igrexa anexa, estiveron sometidos e presos baixo chave de penurias ao esquecemento; só as súas procesións eran as únicas que podían servir de manifestación púbrica, as demais cometían pocado. Pocado oculto é medio pocado, coma din en Covelas…
    Neste recuperación, principalmente satírica, ou socarreira, do poder ou poderes pasados, se fundamentan istes entroidos que os pobos cas súas mofas aproveitan pra reirse mentras o tempo preciso do que logo, durante o ano, sométeos. O mellor de tudo é que, xustamente, nas aldeias interiores isto, sen chegar a esquencerse, tívose en letarxia ata bos tempos coma os actuais pra un novo espertar que demostra un ancestral sentimento das xentes sobor tudo aquilo que lles resulta pesado. É motivo de chacota e si fose necesario tamén sacaríanse ás rúas tudo o ano, naquelas datas máis sinaladas e cando o pobo requírao.
    Poderá haber outras máis xeitosas formas de carnavales cheos de cores e cantos e danzas; mais os que contan a verdadeira Istoria das comarcas son istes que, ademais, vense reflectidos nos apelidos que nesas zonas macaronésicas hai. Moitos están emparentados cas bisbarras da nosa Galiza e outras bisbarras limítrofes.
    Un estudo interesante, onde en términos globais e naqueles xa máis concretos acertaches compretamente ao facer comparativa pra estudar ben a súa orixe e evoluzón. Seguro que andas acertado, aínda que a outros non tan realistas gustoulles que non houbese ise lazo de unión.
    Tudo aquilo que noutros funciona si emprégano, eu que en min todo próboo, tamén me funciona o feito de non usalo…
    Unha aperta longa e breves saúdos

    • Moitas grazas pola túa interesante reflexión e pola información que nos achegas. Unha aperta.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: