PRESENTACIÓN DO LIBRO “ALICORNIO” EN COMPOSTELA

Este mércores 2 de abril ás 19.30h estarei na libraría Couceiro de Santiago de Compostela presentando o meu libro “Alicornio”. Para esta ocasión estarei acompañado da querida Alicia López, escritora e directora do programa literario “O sombreiro de Merlín” de Radio Obradoiro e do compañeiro da SAGA Miguel Losada. Todo un privilexio e un luxo para min. Se andades por Compostela e non tendes plan para esa tarde, vémonos en Couceiro: libros, alicornios e moito máis.

cartaz alicornio compostela

%d bloggers like this: