CRÓNICA DA “II SAÍDA POLA PARROQUIA DE SALCEDO”

Grande éxito de participación da “II Saída pola parroquia de Salcedo” celebrada a pasada semana. É unha satisfacción comprobar como cada día hai máis xente no país sensibilizada e interesada en coñecer e protexer o noso patrimonio cultural, arqueolóxico e natural. O pasado domingo 4 de maio tivemos unha boa proba diso con máis dun centenar de participantes nesta andaina cultural onde se deron a coñecer, non só o valiosísimo patrimonio cultural, etnográfico e histórico de San Martiño de Salcedo senón tamén os magníficos traballos que está levando a cabo a Comunidade de Montes de Salcedo para recuperar, por en valor e racionalizar o uso do monte comunal e de todo o patrimonio que atesoura. O traballo desta comunidade é un exemplo de cal debe ser o futuro dos nosos montes veciñais: unha interesante e novidosa proposta de xestión dos montes comunais respectuosa e  valorizadora do legado arqueolóxico e etnográfico como símbolo identitario, un plan de traballo con miras de futruro e de sustentabilidade onde o patrimonio forestal non so sexa un recurso económico e de uso veciñal  senón tamén un espazo de diversidade ecolóxica, de recuperación e conservación da flora autóctona e un espazo de lecer e de disfrute para toda a cidadanía. Hoxe en día xa hai varias comunidades en Galicia traballando nestas mesmas liñas directrices e, aínda que polo de agora non son maioritarias, fannos ser optimistas respecto a que pouco a pouco vaia mudando a xa obsoleta e nociva mentalidade de que o monte só serve para producir eucaliptos para vender e de que o noso patrimonio non ten valor nin interese ningún.

Polo que a min respecta foi un auténtico pracer poder explicar aos veciños de Salcedo e todos os que tiveron a ben participar nesta saída algúns dos tesouros do noso patrimonio inmaterial e do noso patrimonio arqueolóxico.  Grazas polo voso interese e grazas de corazón a todos eses meus veciños por facerme depositario dun legado oral que xa case ninguén escoita pero que aínda está vivo…tan vivo como as mouras que ese domingo acompañaron o noso camiñar.

img004Faro de Vigo

img005La Voz de Galiciaimg003Diario de Pontevedra

DSCF0971No castro do Monte das Croas, xunto a Fernando Pintos (Presidente dos comuneiros de Salcedo e ao biólogo Amancio Castro)

DSCF0990Nos petróglifos de Mato das Cruces

DSCF1007Nos petróglifos do Outeiro das Mouras

DSCF1005Tesouros encantados e fermosas mouras se agochan baixo estes penedos de Salcedo

DSCF1023Plantación simbólica de carballos da man dos futuros herdeiros do noso legado cultural e natural

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: