• BENVIDOS Ó BLOG DE RAFA QUINTÍA

  • SOBRE O AUTOR

  • © Fotografías blog: Rafa Quintía

  • MARIÑA: DE DEUSA A SANTA

  • MONTE DAS CROAS: ANTROPOLOXÍA DUN CASTRO

  • ANÁLISE ESTRUTURAL E SIMBÓLICA DO MITO DA MOURA

  • LA HISTORIA DE GALICIA EN 50 LUGARES

  • USO SIMBÓLICO DO CUARZO NA CULTURA GALEGA. Aspectos etnográficos e arqueolóxicos

  • PATRIMONIO INMATERIAL DE SAN MARTIÑO DE SALCEDO

  • ALICORNIO. O PODER DO CORNO DE UNICORNIO NA MEDICINA TRADICIONAL GALEGA

  • A NOSA SEÑORA DA LANZADA. Estudio antropológico de un santuario costero.

  • PARA CANTAR VEÑO EU! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos

  • DE VELLO, GAITEIRO! Biografía do grupo de música tradicional Os Chichisos

  • DEUSES, MITOS E RITOS DO MONTE DO SEIXO. Unha proposta interpretativa en clave céltica.

  • Á SOMBRA DE BOUZA PANDA. Poemario de trincheira e maldizer

  • MUÍÑOS, A MEMORIA DA AUGA.

  • Documental “SETE CAMIÑOS. ENCRUCILLADA DO TEMPO”

  • Documental “COMUNEIROS. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo”

  • Documental “Monte do Seixo. A Montaña Máxica”.

  • Curtametraxe documental “NOITE DE REIS COS CHICHISOS”

  • A PEDRA DO FUNDAMENTO

  • “FEITO NA CASA”

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº6

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº5

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº4

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº3

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº2

  • “FOL DE VELENO. Revista de Etnografía e Historia de Galiza”. Nº1

  • ALBIÓN GALAICA

  • “GALICIA ENCANTADA: O país das mil e unha marabillas”

  • “OS MOUROS E AS MOURAS: MÁXICOS ENIGMÁTICOS DA MITOLOXÍA POPULAR”. Actas das V Xornadas de literartura de tradición oral.

  • POEMARIO DOS GAFOS. Obra colectiva.

  • CATÁLOGO-GUÍA do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños

  • AS PONTES DE PONTEVEDRA. Libro da exposición do mesmo nome. (Obra colectiva)

  • ATAS DAS JORNADAS DA LITERATURA GALAICO-PORTUGUESA 2012-2014

  • ACTAS DAS II XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ACTAS DAS I XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ENTRADAS POR ORDE CRONOLÓXICA

  • CONTADOR

    • 114,200 hits
  • Follow Á Sombra de Bouza Panda on WordPress.com

A VOZ DO INDÍXENA

Cun día de retraso -por aquelo de levar a contraria- quero rendir o meu pequeno tributo ao noso idioma no Día das Letras Galegas.  Había tempo que non colgaba un poema, de feito poucas veces o fago, pero coido que desta vez tocaba xa, e non se me ocorre mellor momento para facelo. Velaquí o poema  “A voz do indíxena”, do meu poemario “Á sombra de Bouza Panda. Poemario de escarnio e maldizer”.

“A voz do indíxena”

 

A voz do indíxena

non resoa nos salóns de palacio,

nin se escoita nos despachos

dos banqueiros.

 

A voz do indíxena

non viste con garabata,

nin pisa sobre moquetas

con zapatos de Vuitton.

 

A voz do indíxena

vaise co vento

que borra as pegadas

na area, na terra, na alma.

 

A voz do indíxena

é vella, sabia e anterga

pero o vello xa non sirve

no noso Novo Mundo Feliz.

 

A voz do indíxena

non ten altofalantes,

nin micrófonos,

nin radios nin xornais.

 

Porque a voz do indíxena

é unha fala prohibida,

de verbas condenadas,

de pobos proscritos.

 

A voz do indíxena

fala coa lingua da terra,

ten acento de xabre,

cantar de pedra e tambor.

 

A voz do indíxena

soa a renxer de carro,

cheira a besta e estrume,

a terra mollada, a lama mol.

 

A voz do indíxena

sabe a herba seca,

a touciño e rixóns,

a codia de pan de millo.

 

Porque a voz do indíxena

non se agocha nas selvas,

nin nas sabanas africanas,

nin nas areas do deserto.

 

A voz do indíxena

está dentro de nós

pero ninguén escoita xa

o seu canto ancestral.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: