Daily Archives: 8 Setembro 2014

MAÑÁ FAREMOS UNHA VISITA GUIADA AO MONTE DAS CROAS

Aqui vos deixo a información desta visita segundo recolle a web do proxecto:  http://salcedonotempo.eu

Dentro do programa de dinamización e participación na intervención arqueolóxica do Monte das Croas, o martes 9 ás 11.00 horas, haberá unha nova visita guiada por Rafa Quintía que se centrará nos aspectos antropolóxicos, etnográficos e nos usos sociais e rituais do espazo.

No proceso de estudo do Castro, ademais dos aspectos arqueolóxicos, cobra un importante papel a análise dos significados e usos que foi adquirindo este espazo ao longo do tempo.

A visita guiada está aberta a todas as persoas interesadas e non é necesaria a inscrición previa.

VLUU L100, M100  / Samsung L100, M100

A %d blogueros les gusta esto: