Daily Archives: 10 Outubro 2014

VISITA AO CASTRO DAS CROAS E ROTEIRO DAS MOURAS

Mañá sábado faremos unha nova edición do “Roteiro das Mouras” pola parroquia de Salcedo (Pontevedra). Unha actividade organizada polo concello de Pontevedra (concellería de Patrimonio) na que visitaremos o recentemente escavado castro do Monte das Croas, os muíños do Batán e do Outeiro e os petróglifos do Mato das Cruces e do Outeiro das Mouras. E por suposto, falaremos de mouras, de mitoloxía, de tradicións e crenzas mentres gozamos da contorna natural do río do Batán.

DSC_5797

VISITA GUIADA AO CASTRO E ROTEIRO DAS MOURAS 

Sábado 11 de outubro ás 10.30 h

Saída desde o Castro das Croas

Guiado por Rafa Quintía

Distancia aproximada: 6 km

Duración estimada: 3 horas

 

Información de interese

Asistencia libre, non é necesaria inscrición previa.

Recoméndase levar roupa e calzado cómodo, axeitado para andar por camiños de terra, sendas fluviais e pistas forestais. Nalgunhas zonas o terreo pode estar enchoupado.

A actividade podería suspenderse en caso de mal tempo.

 

Máis información en:

http://salcedonotempo.eu/2014/10/01/duas-novas-visitas-guiadas-ao-castro-das-croas-e-a-sua-contorna/

http://salcedonotempo.eu/

A %d blogueros les gusta esto: