PRESENTACIÓN DO LIBRO “PATRIMONIO INMATERIAL DE SAN MARTIÑO DE SALCEDO”

Este xoves 11 de decembro ása 20.30h presentaremos na Casa das Campás, Pontevedra, o meu último traballo “Patrimonio inmaterial de San Martiño de Salcedo”.

No acto, organizado polo concello de Pontevedra e a Sociedade Antropolóxica Galega, terei o pracer de estar acompañado polo concelleiro de Patrimonio Luis Bará e polo antropólogo Buenaventura Aparicio Casado.

Será un pracer poder parolar con todo aquel que teña a ben achegarse á presentación.

libro-rafael-quintia

%d bloggers like this: