O DOCUMENTAL DE “MÚSICA NO CLAUSTRO”

10556457_665445816878842_5145424411804993640_n

Este verán tiven o pracer de ser convidado a dar unha charla sobre a muller e a ourivería galega dentro da programación de actividades do festival “Música no claustro”, sen lugar a dúbidas unha das propostas culturais máis interesantes e enriquecedoras das que hai no panorama galego actual. Ademais, para maior satisfacción dun servidor, puiden compartir palestra coa magnífica ourive Susi Gesto, unha muller que fai da tradición puro arte de vangarda. Agora veñen de estrear no Culturgal un documentario sobre a edición 2014 deste festival que se celebra cada ano en Tui. O meu agradecemento á organización e en especial a Samuel Diz polo enorme traballo que fai para levar adiante este marabilloso festival.

Ligazón da web do festival:

http://www.musicanoclaustro.com/

10600515_665445733545517_1565667981380161755_n

10403719_665445526878871_342401948802533059_n

10616074_665446000212157_3968250444355691414_n

Fotografía de Tere Freiría

Deixo a continuación a ligazón do documental: Música no claustro Documental 10º edición: “Tocar madeira”

 

musica no claustro cartaz 2014 lateral

%d bloggers like this: