Monthly Archives: Decembro 2014

“A MORTE E OS GALEGOS”: AUDIO DA ENTREVISTA PARA O PROGRAMA TROPA DE BREOGHAN, da emisora Hala Bedi Irratia

O pasado domingo 28 de novembro emitiuse a entrevista que me fixeron dende Euskadi para o programa Tropa de Breoghan, da emisora Hala Bedi Irratia.  Como non podía ser doutro xeito, pola época do ano, falamos do mundo fascinante da relación tradicional dos galegos coa morte. O programa Tropa de Breoghan é unha marabillosa iniciativa radiofónica para achegar á xente de Euskal herria un pouco da nosa cultura. O proxecto está comandado polos galegos Xabier Regueiro, Paulo Lema e Seném Outeiro e atopa o seu hoco na radio Hala Bedi, o que é de agradecer pola  sensibilidade desta emisora vasca cara a diversidade e riqueza cultural dos pobos.

Aquí tendes a ligazón á emisora e a este programa: http://halabedi.org/?p=15479

logoatransf

AUDIO DA ENTREVISTA:

http://www.ivoox.com/muerte-cultura-tradicional-gallega_md_3826199_wp_1.mp3″ Ir a descargar

PRESENTACIÓN EN VIGO DO LIBRO “ALICORNIO. O PODER DO CORNO DE UNICORNIO NA MEDICINA TRADICIONAL GALEGA”

Mañá xoves 4 de decembro ás 20h presentaremos na librería Andel de Vigo o meu libro “Alicornio”. No acto acompañarame o compañeiro  e etnógrafo Xosé Anxo Rosales, da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA). Estades todos convidados.

 

PresentaciónAlicornio

“PATRIMONIO INMATERIAL DE SAN MARTIÑO DE SALCEDO”, o meu novo libro.

capa  livro salzedo - copia

Acaba de sair do prelo, “Patrimonio Inmaterial de San Martiño de Salcedo”: o meu novo libro froito dos anos de recollida nesta parroquia pontevedresa. Como comentaba hai pouco no facebook, ducias de xenerosos informantes, horas e horas de conversas enriquecedoras, anos de recollida plasmados en 570 páxinas de lendas, historias, crenzas, tradicións, remedios, contos, xeografías míticas e outros tesouros orais da parroquia de San Martiño de Salcedo. Unha pequena mostra do noso patrimonio inmaterial, auténtica cultura dun pobo. Portada do amigo João Bieites, ilustracións de Francisco Sutil Barbosa e Miryam Quintía e se faltaba algo o ramo púxollo o querido antropólogo Buenaventura Aparicio Casado co seu estupendo prólogo.

Nesta semana xa estará dispoñible nas librerías de Pontevedra e pouco a pouco noutras vilas galegas para quen teña interese neste campo da antropoloxía. Tamén podedes adquirilo a través da web ou do blog da Sociedade Antropolóxica Galega.

En breve informaremos das datas de presentación.

Datos técnicos:
Autor: Rafael Quintía Pereira
Editorial: Sociedade Antropolóxica Galega
Impresión: Branco e negro
Tamaño:20.5×15
570 páxinas
Ano: 2014
I.S.B.N.: 978-84-16121-16-8

capa  livro salzedo

A %d blogueros les gusta esto: