Monthly Archives: Xaneiro 2015

ENTREVISTA NO DIARIO DE PONTEVEDRA. FALAMOS DO ALICORNIO

Entrevista publicada no Diario de Pontevedra o pasado venres 16 de xaneiro.  

foto

PRESENTACIÓN DO MEU LIBRO “ALICORNIO” EN MARÍN

A asociación Queremos Galego Marín convidoume a presentar o meu libro “Alicornio. O poder do corno de unicornio na medicina tradicional”. O acto enmárcase dentro do seu programa Tiraverbas e terá lugar o vindeiro venres 16 ás 20h no Museo Manuel Torres de Marín. Un pracer comezar o ano de a cabalo de alicornios, en compaña de bos amigos e falando do que a un lle gusta.

cartaz-presentación-alicornio

CAM02359
alicorno marim

 

Quintía presenta ´O pode.._Página_1

OS CHICHISOS CANTANDO OS REIS POR PONTEVEDRA

Os Chichisos cantando os Reis polas rúas e prazas de Pontevedra. Video correspondente aos Cantos de Reis do ano 2014.

 

14 ANOS CANTANDO OS REIS COS CHICHISOS

Este ano o grupo de música tradicional Os Chichisos, ao que me honro en pertencer, facemos 14 anos cantando e recuperando a tradición dos Cantos de Reis en Pontevedra. Durante estes anos centos de rapaces percorreron con nós prazas e rúas de Pontevedra e, no seu día, tamén rueiros e camiños das parroquias da contorna. Son centos de nenos que viviron de primeira man a marabillosa experiencia de recuperar e gozar dunha tradición que, por desgraza e como acontece con moitos aspectos da nosa cultura tradicional, xa esmorecera na nosa comarca había unhas décadas.  Son centos de nenos, nenas e mozos que poderán e terán a oportunidade, se queren, de deixarlle aos seus fillos este legado cultural de incomparable valor, porque eles mesmos foron no seu día dinámicos protagonistas da súa recuperación e salvagarda. Coido que ben mereceu a pena se tan só un deses nenos e nenas mantén acesa a chama da nosa cultura. Bo Nadal a todos, Feliz Ano 2015 e  outro ano maís cantámosche os reises  do quiquiriquí, se non nos dás nada caghámosche aquí.

20150102102539232_0001

10502476_621564831323623_5520067133021136823_n

escanear0001

escanear0003

escanear0005

A %d blogueros les gusta esto: