14 ANOS CANTANDO OS REIS COS CHICHISOS

Este ano o grupo de música tradicional Os Chichisos, ao que me honro en pertencer, facemos 14 anos cantando e recuperando a tradición dos Cantos de Reis en Pontevedra. Durante estes anos centos de rapaces percorreron con nós prazas e rúas de Pontevedra e, no seu día, tamén rueiros e camiños das parroquias da contorna. Son centos de nenos que viviron de primeira man a marabillosa experiencia de recuperar e gozar dunha tradición que, por desgraza e como acontece con moitos aspectos da nosa cultura tradicional, xa esmorecera na nosa comarca había unhas décadas.  Son centos de nenos, nenas e mozos que poderán e terán a oportunidade, se queren, de deixarlle aos seus fillos este legado cultural de incomparable valor, porque eles mesmos foron no seu día dinámicos protagonistas da súa recuperación e salvagarda. Coido que ben mereceu a pena se tan só un deses nenos e nenas mantén acesa a chama da nosa cultura. Bo Nadal a todos, Feliz Ano 2015 e  outro ano maís cantámosche os reises  do quiquiriquí, se non nos dás nada caghámosche aquí.

20150102102539232_0001

10502476_621564831323623_5520067133021136823_n

escanear0001

escanear0003

escanear0005

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: