GALICIA ENCANTADA. O PAÍS DAS MIL E UNA FANTASÍAS

XG00238501

O benquerido e admirado Antonio Reigosa vén de publicar o libro Galicia Encantada. O país das mil e una fantasías,  editado por Xerais.

Unha obra coral para conmemorar o décimo aniversario da web Galicia Encantada (http://www.galiciaencantada.com/), a mellor enciclopedia virtual de mitoloxía galega que existe, e da que xa teño falado noutros artigos.

Pois ben, nesta obra que compendia moitos relatos de autores que colaboran con esta magnífica enciclopedia virtual, o amigo Antonio tivo a ben incluír un dos meus artigos, en concreto o relato de “A cova do ermitán Juan Manuel”. Pero se o feito de figurar nun libro como este, que estou seguro será unha obra de referencia no campo da mitoloxía galega, xa é motivo de ledicia e orgullo que o propio Antonio —auténtico experto no campo da mitoloxía— dedique un capítulo a falar do alicornio e do meu libro Alicornio. O poder do corno de unicornio na medicina tradicional galega iso xa é para andar enchido polo resto do ano.

Así que, dende este humilde blog e como non podía ser doutro xeito, celebro o nacemento deste novo traballo de Antonio Reigosa e recomendo de corazón esta obra que estou seguro fará as delicias de todos aqueles que aman as lendas e os mitos desta terra.

Polo valor dos seus relatos e pola calidade dos seus autores e do seu coordinador ben merece a pena figurar nas vosas particulares bibliotecas.

 

Ficha de libro _ Editorial Xerais_Página_1

%d bloggers like this: