• BENVIDOS Ó BLOG DE RAFA QUINTÍA

  • SOBRE O AUTOR

  • © Fotografías blog: Rafa Quintía

  • MARIÑA: DE DEUSA A SANTA

  • MONTE DAS CROAS: ANTROPOLOXÍA DUN CASTRO

  • ANÁLISE ESTRUTURAL E SIMBÓLICA DO MITO DA MOURA

  • LA HISTORIA DE GALICIA EN 50 LUGARES

  • USO SIMBÓLICO DO CUARZO NA CULTURA GALEGA. Aspectos etnográficos e arqueolóxicos

  • PATRIMONIO INMATERIAL DE SAN MARTIÑO DE SALCEDO

  • ALICORNIO. O PODER DO CORNO DE UNICORNIO NA MEDICINA TRADICIONAL GALEGA

  • A NOSA SEÑORA DA LANZADA. Estudio antropológico de un santuario costero.

  • PARA CANTAR VEÑO EU! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos

  • DE VELLO, GAITEIRO! Biografía do grupo de música tradicional Os Chichisos

  • DEUSES, MITOS E RITOS DO MONTE DO SEIXO. Unha proposta interpretativa en clave céltica.

  • Á SOMBRA DE BOUZA PANDA. Poemario de trincheira e maldizer

  • MUÍÑOS, A MEMORIA DA AUGA.

  • Documental “SETE CAMIÑOS. ENCRUCILLADA DO TEMPO”

  • Documental “COMUNEIROS. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo”

  • Documental “Monte do Seixo. A Montaña Máxica”.

  • Curtametraxe documental “NOITE DE REIS COS CHICHISOS”

  • A PEDRA DO FUNDAMENTO

  • “FEITO NA CASA”

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº6

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº5

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº4

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº3

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº2

  • “FOL DE VELENO. Revista de Etnografía e Historia de Galiza”. Nº1

  • ALBIÓN GALAICA

  • “GALICIA ENCANTADA: O país das mil e unha marabillas”

  • “OS MOUROS E AS MOURAS: MÁXICOS ENIGMÁTICOS DA MITOLOXÍA POPULAR”. Actas das V Xornadas de literartura de tradición oral.

  • POEMARIO DOS GAFOS. Obra colectiva.

  • CATÁLOGO-GUÍA do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños

  • AS PONTES DE PONTEVEDRA. Libro da exposición do mesmo nome. (Obra colectiva)

  • ATAS DAS JORNADAS DA LITERATURA GALAICO-PORTUGUESA 2012-2014

  • ACTAS DAS II XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ACTAS DAS I XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ENTRADAS POR ORDE CRONOLÓXICA

  • CONTADOR

    • 113,341 hits
  • Follow Á Sombra de Bouza Panda on WordPress.com

EXPOSICIÓN “TERRA DAS MARABILLAS”

escanear0016

Este é un deses proxectos que un goza facéndos porque entroncan cos aspectos antropolóxicos que a min, persoalmente, máis me interesan. Isto é: a medicina popular, a mitoloxía e ás crenzas máxico-relixiosas. Así que se vos tedes tamén teñen intereses por estes temas aquí teñen a oportunidade de achegarse a unha mostra que xira en torno a ese fascinante mundo da nosa cultura inmaterial.

1622756_691043224337566_5369788516012619894_n (1)

Coa amiga Ana Lois e co concelleiro de Patrimonio Luis Bará na inauguración da exposición

CAM02470

O Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA) acolle dende o mércores 18  ata o vindeiro 29 de marzo a exposición “Terra das Marabilla” na que pretendemos amosar a través de obxectos, imaxes, textos e vídeos parte da riqueza patrimonial da parroquia de Salcedo.

11074730_691046797670542_8808647689400803412_n

CAM02467

A exposición “Terra das Marabillas” está dividida en 3 bloques temáticos que, á súa vez, se dividen en 9 apartados. Ambos os dous números máxicos.

 A MITOLOXÍA

  • Seres Míticos (escolma de mitoloxía de Salcedo)
  • Animais Marabillosos (animasi máxicos, e crenzas relacionadas con eles)

11070202_691047394337149_8596984945371392860_n

 A PROTECCIÓN

  • Tempestatem Fugit  (protección fronte aos elementos)
  • Libranos do mal (amuletos, a protección da casa , da facenda e das persoas)
  • O poder dos Santos. Santos que curan e Santas que protexen (a protección divina, neste caso a devoción aos santos avogosos de Salcedo: san Brais e santa Rita)

19119_691043674337521_1196136132707551155_n

 

CAM02477

A CURACIÓN

  • Augas que todo o poden (augas curativas e augas de fontes máxicas de Salcedo)
  • Plantas máxicas (plantas curativas, plantas protectotas e favorecedoras da fertilidade)
  • Tallar, cortar, cruzar e bendicir (armas simbólicas fronte o mal e o poder esconxurador da palabra)
  • A forza do rito (representación dun rito protector, un rito curativo e un rito esconxurador dos múltiples que se fan en Salcedo)

10806278_691042901004265_4375474272889062380_n

11080986_691042694337619_6318260578472845105_n

CAM02476

Na exposición poderedes ver  máis de 200 obxectos divididos en sete vitrinas que forman parte da miña colección particular ademais dos exvotos de San Brais cedidios por Ana Lois e unha magnífica campá e bronce cedida polos compañeiros Xosé Feijóo e Rosalía Rodríguez. Tamén se poden ver todos os vídeos que conforman o documental ‘Terra das Marabillas’ que se presentou ao público o pasado domingo 15 de marzo no Teatro Principal.

10952416_691043951004160_1960747585329655028_n

11083849_691046654337223_2481474666094066706_n

Se queredes visitar esta exposición aquí tendes os horarios:

  • Xoves 19 e 26, mércores 25: de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas
  • Venres 20 e domingos 22 e 29: de 11.00 a 14.00 horas
  • Sábados 21 e 28, venres 27: de 18.00 a 21.00 horas
  • Luns 23 e martes 24: pechado.

11062061_691044177670804_4478972977867552364_n

CAM02474

TEXTO INTRODUCTORIO DA EXPOSICIÓN

A exposición Terra das Marabillas nace ao abeiro do traballo audiovisual “Terra das Marabillas”, no que a xornalista Ana Lois recolle o mundo máxico e mitolóxico da parroquia de Salcedo. Un documental que, á súa vez, complementa en imaxes a monografía “Patrimonio inmaterial de San Martiño de Salcedo. Lendas, historias e crenzas” do antropólogo Rafael Quintía, que tamén colabora neste audiovisual.  Esta exposición é, xa que logo, o intento de amosar, a través dunha escolma de obxectos, de imaxes e de textos, unha parte dese valioso patrimonio inmaterial que atesoura a parroquia de Salcedo. Neste caso, a parte máis vencellada ao mundo das crenzas, do mítico e do máxico da nosa cultura.

 Comisario: Rafael Quintía

Textos: Rafael Quintía

Debuxos: Francisco Sutil, Miriam Quintía e Olalla D. Boo

Fotografías: Ana Lois

Obxectos: colección particular de Rafael Quintía. Exvotos cedidos por  Ana Lois. Campá cedida por Xosé Feijóo e Rosalía Rodríguez.

Coordinadora do proxecto “Terra das marabillas”: Ana Lois

18792_691042177671004_397830343811490924_n

1503927_691042247670997_1359548276404689806_nFotografías cortesía de Carlos Javier Serrano.

VISITA GUIADA:

O sábado 21 de marzo, ás 12 h., farei unha visita comentada á exposición Terra de marabillas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: