Monthly Archives: Marzo 2015

ESTREA DO DOCUMENTAL “TERRA DAS MARABILLAS”

Terra Das Marabillas CARTEL

Este domingo 15 de marzo ás 19h estréase no Teatro Principal de Pontevedra o documental sobre Salcedo  “Terra das marabillas”, dirixido pola amiga e excelente xornalista Ana Lois e en cuxa realización tiven o luxo de colaborar. Se queren coñecer a tradición máxica e mitolóxica desta parroquia pontevedresa non deben perderse a cita. Están todos convidados.

escanear0013

 A continuación o trailer do documental:

 

 

Máis información en:

http://salcedonotempo.eu/2015/03/11/o-patrimonio-inmaterial-de-salcedo-recollese-no-documental-terra-das-marabillas/

O patrimonio inmaterial de Salcedo recóllese no documental ‘Terra das Marabillas’

O concelleiro de Patrimonio Histórico, Luís Bará, presentou hoxe xunto á xornalista Ana Lois o documental ‘Terra das Marabillas’, un traballo audiovisual que recolle o mundo máxico e mitolóxico da parroquia de Salcedo e que actúa como segunda parte do documental ‘Terra de Pastequeiros’, no que se recollía o patrimonio inmaterial da veciña parroquia de Tomeza.

O proxecto será presentado ao público este domingo, 15 de marzo, ás 19.00 horas no Teatro Principal e a entrada é de balde ata completar aforo.

Lois explicou que neste proxecto traballou man a man co antropólogo Rafael Quintía, que recentemente presentou o libro ‘Patrimonio inmaterial de San Martiño de Salcedo. Lendas, historias e crenzas’, e que ‘Terra das Marabillas’ ven a ser o resultado audiovisual das entrevistas que realizaron cos veciños da parroquia.

Trátase dun documental de 65 minutos dividido en 24 capítulos nos que se recolle a mitoloxía de Salcedo, os seres fantásticos, as mouras e os remedios populares. “É semellante ao que fixemos en Tomeza, pero á vez diferente, pese á proximidade das parroquias”, comenta a xornalista, que asegura que “Salcedo foi unha parroquia moi acolledora, que valora moito o seu patrimonio e que o garda con moito celo”.

Luís Bará recordou que Salcedo “é unha parroquia moi mimada, na que se está a levar a cabo unha importante recollida de patrimonio material, pero tamén inmaterial, que é a memoria viva do pobo”. Destacou tamén que este documental é o complemento perfecto ao libro sobre o patrimonio inmaterial de Rafael Quintía.

Exposición no CITA

Para que este traballo poida chegar a máis xente, o Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA) acollerá unha exposición de obxectos e tamén a proxección do documental. A mostra inaugurarase o mércores 18 de marzo e con ela preténdese darlle unha continuidade a este interesante proxecto.

http://pontevedraviva.com/xeral/18570/terra-marabillas-documental-ana-lois-pontevedra/

http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2015/03/12/salcedo-terra-das-marabillas/1200432.html

PREGOEIRO NO ENTROIDO DE SALCEDO

Os organizadores do Entroido de Salcedo tiveron a ben convidarme este ano a dar o pregón do Entroido na miña parroquia. Nun país onde ninguén é profeta na súa terra que polo menos o deixen ser pregoeiro xa é motivo de orgullo e satisfacción como dicía aquel rei que se xubilou. Alí estaremos, agradecidos polo convite e faremos o que poidamos ou nos deixen, que xa sei dalgún que quere ir con tomates. Por certo, o de celebrar o Entroido en plena Coresma xa é tradición e o do lacón tamén. En Salcedo somos así.

11031069_928786510500100_647121845834152377_n

IMG-20150312-WA0001

ANDAINA POLA CANICOUVA

Un ano máis teño o pracer de participar como guía no programa Andainas que xestiona a empresa Ventos para o concello de Pontevedra. Esta vez a cita é na Canicouva. Así que se queredes gozar da natureza e coñecer de paso algunhas historias e lendas da zona xa sabedes a cita: este domingo 8 de marzo. Aproveito para recomendar todas as andainas do programa porque realmente merecen a pena.

11001748_10200547894135446_6352082470547864247_n

“MÚSICA DE ANDAR POR CASA” Obradoiro de instrumentos humildes ns NOITES ABERTAS 2015

Este venres Os Chichisos daremos un obradoiro musical dentro do programa de Noites Abertas 2015. “Música de andar por casa”, ou aprendendo a facer música con utensilios domésticos e ferramentas. De 20 a 22h no Local Musical do Concello de Pontevedra. Alí nos vemos, porque non todo vai ser botellón.

cartaz noites abertas 2015 chichisos

A %d blogueros les gusta esto: