Monthly Archives: Maio 2015

PARTICIPAMOS NAS “IV JORNADAS DAS LETRAS GALEGO PORTUGUESAS”

Unha ano máis estaremos presentes nesta nova edición das xa “IV Jornadas das letras Galego Portuguesas” de Pitoes das Junias, en Portugal. Desta volta presentaremos as actas dos tres anteriores anos das Jornadas, e que vimos de publicar coa Sociedade Antropolóxica Galega.

Cartaz_2015

Programa (Hora portuguesa. Uma hora mais na Galiza)

Dia 30 de maio. Sábado

10:00: Abertura das IV Jornadas das Letras galego-portuguesas em Pitões
Lúcia Jorge. Presidente da Junta de Freguesia de Pitões das Júnias
Orlando Alves. Presidente da Câmara Municipal de Montalegre
José Manuel Barbosa. Desperta do teu sono.
Maria Dovigo. AGLP (Academia Galega da Língua Portuguesa)
10:30: 1º Painel. Moderador: José Manuel Barbosa: Desperta do teu sono.
10:30: Mónica O’Reilly: “Myth and identity: Leabhar Gabhála Éireann: Construction and de-construction of irish, Galician and Portuguese Gaelic narrative” (Tradução simultânea: João Paredes).
11:30: João Paredes: “Sobrevivências da antiga religião galaica e concomitâncias na Europa atlântica”.
12:30: Marcial Tenreiro: “Mito, realidade e território; Para uma etno-árqueologia jurídica na céltica peninsular”.

13:30: Almoço

16:00: 2º Painel. Moderadora: Kátia Pereira representante do Polo Eco-Museu do Barroso-Pitões das Júnias
16:00: Filme coletivo “Cemraiost’abram” com apresentação de Mónica Baptista.
17:00: Rafael Quintia,  João Bieites e José Manuel Barbosa: Apresentação das Atas das Jornadas das Letras galego-portuguesas dos anos passados.

18:00: Livre


Dia 31 de maio. Domingo.

10:00: 3º Painel. Moderador: David Teixeira Vice-Presidente da Câmara Municipal de Montalegre.
10:00: Maria Dovigo: “Lei estranha do herdo. Presença da avó na poesia galega contemporânea: As elegias de Joana Torres”.
11:00: Hugo da Nóbrega: “Identidade toponímica do Norte de Portugal e localização do nome da Gallaecia”.
12:00: Conclusões e propostas em comum.

13:00: Almoço.

16:00: Visita turística por Pitões das Júnias
Visita ao Mosteiro de Pitões das Júnias
Visita à Cascata
Visita ao Eco-Museu onde se vai expor a panóplia guerreira dos soldados galaicos por parte do grupo Oinaikos Brakaron.

Colaboram:

AGLP (Academia Galega da Língua Portuguesa)
Associação Pró-AGLP
Câmara Municipal de Montalegre
Junta da Freguesia de Pitões das Júnias
AGAL: (Portal galego da Língua) e AGAL (Associação Galega da Língua)
SAGA: http://www.antropoloxiagalega.org/
IDG: https://durvate.wordpress.com/
Polo Eco-Museu do Barroso:
Oinaikos Brakaron:
Gaiteiros de Pitões das Júnias:
Link da Junta de Freguesia de Pitões das Júnias:
http://jf-pitoesdasjunias.org/
Link do Concelho de Montalegre:
http://www.cm-montalegre.pt/

 Publicación das Atas das Jornadas das Letras Galego-Portuguesas 2012-2014

capa atas galego-portugues

Para a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) publicar as actas das Jornadas das Letras Galego Portuguesas que cada ano, dende o 2012, se celebran en Pitões das Junias supón unha oportunidade para cumprir e afondar no noso obxectivo da divulgación dos diferentes aspectos vencellados á antropoloxía e á historia de Galiza. Este labor editorial, ofrécenos, asemade, a posibilidade de apoiar e dar respaldo ao traballo que Desperta do teu sono (DTS) vén realizando, nos últimos anos, con tanta ilusión e entrega, para o fomento das relacións galaicoportuguesas e do coñecemento do noso pasado e cultura comúns. É por elo de xustiza recoñecer e apoiar con esta publicación o traballo dun colectivo como o DTS.

A través desta nova publicación poñemos a disposición do lector interesado os traballos expostos nas diferentes e sempre ilustrativas palestras que durante as edicións dos anos 2012, 2013 e 2014 se desenvolveron neste encontro internacional xa de referencia obrigada para todo aquel que queira achegarse e coñecer ese marabilloso universo cultural compartido entre galegos e portugueses.

Datos técnicos desta Publicación:

Editorial: Sociedade Antropolóxica Galega

Impresión: branco e negro

Tamaño: 24×16 cm

268 páxinas

I.S.B.N. 978-84-16121-28-1

Depósito legal: OU 128-2015

PVP: 15 €

“FEITO NA CASA”. O NOSO DISCO NA PRENSA

A prensa faise eco da publicación do noso traballo discográfico “Feito na casa”

10648959_730971963716242_2842280581914949608_o

11295702_730971797049592_4196037096949973781_n

 

PUBLICAMOS “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza” 2015

capa fdv 5

Xa leva na rúa un par de meses o novo número do noso anuario “Fol de Veleno. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza“. Este ano, o xa número 5 do anuario, vén con 265 páxinas de contidos etnográficos, antropolóxicos, históricos e arqueolóxicos sen desperdicio. Así que, se vos gustan estas temáticas, eu non me perdería o Fol de Veleno 2015. Como cada ano intentamos achegar novas temáticas e materias de estudo así que, desta volta, abordamos, entre otros, o campo da antropoloxía política ou achegamos a visión sobre a cultura dende o campo da xenética e da bioloxía.

Este pasado venres 22 fixemos a primeira presentación na librería Trama de Lugo. Acompañounos na ocasión o xenetista e autor dun dos artigos José M. Álvarez Castro. En breve anunciaremos as novas datas das presentacións que deste número faremos por diferente vilas do país.

SAGA 3

 Publicacións da SAGA na librería Trama de Lugo (Foto cortesía de librería Trama)

11350621_469803443174435_8404651203280629577_n

De esquerda a dereita: José M. Álvarez, Rafa Quintía e Miguel Losada (Foto cortesía de Carme Seixas)

Iremos informando ao seu debido tempo. Mentres tanto, e para abrir boca, aquí deixo o índice e o prólogo deste novo número.

fol de veleno nº 5.qxd fol de veleno nº 5.qxd fol de veleno nº 5.qxd

“FEITO NA CASA”. O TRABALLO DISCOGRÁFICO DOS CHICHISOS

Coido que despois de 21 anos, e daquela maqueta do ano 2005, xa era hora de sacar un disco. Así que velaí o noso traballo “Feito na casa“. Un traballo feito como se fan as cousas nesta terra, entre nós e na casa que así, como o viño, non fai dano. É para min un honor ver neste disco tres temas da miña autoría: María imos pra Mesía, Alicornio e Pasodoble pra Saínza. Así que o meu agradecemento aos compañeiros dos Chichisos por telos incorporado ao seu repertorio e a esta gravación. Se vos gusta a música galega, alegre, para bailar e divertirse, sen maiores pretensións que gozar un anaco coa nosa música pois igual vos gusta este traballiño.

capa feito na casa

Os Chichisos publican o seu traballo “Feito na casa”

Coincidindo con maio, mes da vida renovada, e coa festividade de santa Rira, patroa das causas imposibles, Os Chichisos publican o seu traballo discográfico “Feito na casa”. Toda unha declaración de intencións de que incluso en tempos escuros para a nosa cultura é posible facer cousas se cremos na nosa capacidade creadora e na vontade de ser donos do noso propio traballo e futuro.

O disco que agora ve a luz foi ideado e creado baixo as premisas da autoxestión integral do proxecto. Por iso a obra foi concibida como un auténtico traballo de artesanía dende o principio ao fin. Un traballo discográfico que recolle dez temas, nove dos cales son composicións propias.

O disco é froito de dous anos de traballo e ilusión, onde as limitacións técnicas suplíronse con cariño, dedicación e a vontade de ofrecer unha obra persoal e artesanal, que conserva a frescura da música ao vivo, das cousas feitas con agarimo na casa e a filosofía contestataria do feito por un mesmo. Un traballo discográfico onde, ademais do labor de composición, os propios músicos dos Chichisos arranxaron, gravaron, editaron, mesturaron e produciron todos os temas que integran o disco. Por último, o deseño e a maquetación da carátula do cd tamén correu a cargo dos membros da banda. De aí o ilustrativo e reivindicativo título da obra: “Feito na casa”.

Con este traballo sonoro Os Chichisos conmemoran os seus 21 anos de existencia, dende que aquel xa afastado 24 de abril do 1994 fixeran a súa primeira actuación oficial como grupo. É pois o noso humilde e sentido homenaxe a todos os que compartiron con nós estas dúas décadas de alegría, vivencias, aprendizaxe e amor pola música galega.

Que cante o merlo!

 contracapa feito na casa

interior

AS XOIAS E A SÚA LINGUAXE OCULTA

Artigo publicado na revista Alento nº7.

AS XOIAS E A SÚA LINGUAXE OCULTA

Rafael Quintía 

Coa chegada do movemento artístico do Barroco a ourivería galega viviu un importante pulo. O poder económico da Igrexa facía que as catedrais, os conventos e os templos fosen os principais clientes dos ourives, aos que lles demandaban cruces, sagrarios, relicarios e outras fantásticas xoias de ouro e prata que hoxe enchen os museos catedralicios do país. Paralelo a esta xoiería máis vinculada ao ámbito sacro os ourives galegos desenvolveron ao longo dos séculos XVIII, XIX e principios do XX un importante labor de confección de pezas que adobiaron durante décadas os corpos e as roupas das mulleres galegas. Unhas xoias que eran, ás veces, de servidume, isto é, elementos de grande beleza pero realizados cun fin práctico e funcional para a vestimenta, como por exemplo, as fibelas ou os broches.26 O sapo de Conchi

Sapo. Obra de Susi Gesto

Ademais destas xoias tamén tiñamos xoias exentas de servidume, é dicir, realizadas exclusivamente con fins decorativos, suntuarios ou, incluso, con fins protectores. É precisamente nestas xoias onde, dende unha perspectiva antropolóxica, podemos atopar a maior riqueza simbólica e polisémica destas alfaias. Unha linguaxe simbólica que xiraba fundamentalmente sobre dous aspectos: a forma e o material do que se facían.

Na ourivería tradicional galega destacan polos seu significado simbólico cinco materiais de entre todos os utilizados, cítense: ouro, prata, acibeche, nácara e coral. O ouro e a prata como material construtivo básico e soporte. O coral, a nácara ou o acibeche como complementos decorativos, aínda que tamén hai xoias feitas enteiramente de acibeche.

arracadas

Arracadas

O ouro representou para moitos pobos da Terra un material divino. Os gregos, as culturas mesoamericanas ou os galaicos fixeron uso e ostentación deste mineral como un auténtico obxecto de poder, poder social e poder simbólico, quizais divino. É ben coñecido tamén —pois así o sufrimos no pasado— a predilección dos romanos polo ouro da vella Gallaecia. A prata é un elemento, que pola súa cor e tacto frío, relaciónase coa lúa, coa auga e, en consecuencia, co feminino e coa muller. O acibeche, xunto co seixo, son as pedras máis poderosas da nosa cultura tradicional. Foi denominado polos clásicos succinum nigrum e lapis gagotes polos romanos. Empregouse dende antigo para realizar colares, colgantes, sortellas, pendentes e poderosos amuletos como a figa. Atribúeselle ademais un carácter terapéutico, protector, máxico e considérase como un material defensivo que protexe contra as malas enerxías e a mala ollada. O coral, sobre todo o coral vermello, foi considerado dende antigo un poderosos elemento protector da infancia, de ai que apareza utilizado en moitas xoias para nenos, en broches, axóuxeres, colgantes e outros obxectos para adobiar e protexer os berces contra o maligno, os malos espíritos, a enfermidade, o mal de ollo e as calamidades en xeral. Xa os romanos consideraban o coral como un material protector contra as catástrofes, os raios, as tormentas e incluso contra os naufraxios. En canto á nácara e a perla, tamén foron materiais considerados dende antigo como poderosos e máxicos. Para os cristiáns as perlas eran as bágoas que brotaban dos anxos ante os pecados humanos. Na Idade Media as nácaras foron usadas polos cabaleiros como un poderoso amuleto no combate. Para os musulmáns, así vén no Corán, as perlas medran nas pólas das árbores do Paraíso. Pero estas virtudes veñen de moito antes, xa os exipcios atribuíanlle calidades sobrenaturais e enterrábanse con elas. Asemade, consideraban que inxerir po de perlas disolto en vinagre tiña propiedades nutritivas. Os gregos relaciónana co amor e o matrimonio. Hoxe aínda é habitual regalarlle colares de perlas ás amadas.

axóuxere de prata e coral

Axóuxere de prata e coral

Ademais dos materiais empregados, as xoias galegas conteñen debuxos e filigranas que arremedan figuras que, como todo na cultura, nunca son casuais. Son representacións, a meirande parte delas, que teñen unha alta carga simbólica. Ás veces protectoras, como os círculos, as cruces, os ollos, os trevos —símbolo da Trindade—, as mans —lémbrense as nosas figas de prata ou acibeche—, as rosáceas —xa presentes na iconografía románica e moito antes na castrexa—, as follas de carballo —árbore sagrada dende antigo e vinculada na tradición galega a ritos curativos e esconxuradores— ou as follas de loureiro, quizais un dos vexetais cun valor protector e purificador máis marcado, valores incluso adoptados polo cristianismo. Temos tamén símbolos astrais como as estrelas e as espirais. Non faltan as figuras estreitamente relacionadas cos valores tradicionalmente atribuídos á muller, a principal portadora das xoias. Temos así representadas na nosa ourivería medias lúas, lúas crecente —moi habitual na ourivería minhota e vinculadas á fertilidade—; triángulos —símbolo ademais da Divina Trindade, da perfección e do equilibrio e se están invertidos son símbolo da muller e da auga—; brincos con cabazas —moi habituais na Maragatería e símbolo vinculado á fertilidade—; temos brincos de maza cuxa forma fálica —ao igual que acontece con moitos dos petadores de porta tradicionais— é un elemento protector e, asemade, evocador da fertilidade; temos deseños de margaridas, asociadas á pureza, a beleza, a sinxeleza e á inocencia da xuventude, cantas mozas decoraban o seu cabelo con flores de margarida? Atopamos nas nosas xoias ademais pombas, vinculadas co Espírito Santo e coa alma; brincos de bolboreta, símbolo da transformación e tamén da alma; follas de acanto, símbolo da inmortalidade na antigüidade clásica, motivo reiteradamente esculpido en monumentos romanos e a planta máis representada no arte románico; cunchas de vieira, símbolo xacobeo e obxecto protector conectado tamén coas augas e coa muller. Non por nada á deusa Venus se lle representa saíndo do mar montada nunha cuncha de vieira.

colares de azibeche

Colares de azibeche

Todos estes deseños e moitos máis podémolos atopar nos nosos sapos, peitorais, brincos, arracadas, colgantes, broches, medallas, relicarios, rosarios ou incluso nas insignias de confraría. Como vemos, todo un repertorio de símbolos que a través dunha linguaxe encriptada na nosa cultura fan das xoias o que sempre dicimos, algo máis ca un mero elemento ornamental. Xoias todas elas confeccionadas cos materiais dos que falamos antes e que, como non, tampouco están exentos de significado. Vemos pois que as xoias, como tantas outras cousas da nosa cultura que nos pasan desapercibidas, fálannos dende o pasado cunha linguaxe que nos reflicte que as cousas sempre son algo máis do que a simple aparencia nos amosa. Velaí, unha vez máis, a maxia da cultura e o poder do símbolo.

rafael-quintia alento 7_Página_1

rafael-quintia alento 7_Página_2

REVISTA ALENTO Nº7

//e.issuu.com/embed.html#0/12772390

//e.issuu.com/embed.html#0/12772390

A %d blogueros les gusta esto: