PRESENTACIÓN DO LIBRO “ALICORNIO” NA LIBRERÍA BAROJA

CAM02815

Diario de Pontevedra

Vai chegando o final a loga romaxe que fixemos por todo o país a cabalo de unicornios. Quedan un par de presentacións pendentes do meu libro “Alicornio. o poder do corno de unicornio na medicina tradicional galega” e cómpre ir pechando xa o círculo máxico. Así que volvemos ao comezo. O vindeiro mércores 3 de xuño ás 19.30h na librería Baroja de Pontevedra faremos a presentación deste traballo ao redor do que posiblemente sexa o amuleto curador máis potente da farmacopea tradicional galega: o Alicornio. Grazas ao amigo Fernando Baroja aqueles que aínda non coñecen as máxicas e podereosas virtudes atribuidas ao longo da historia ao corno do mítico unicornio  terán a oportunidade de descubrilas e de achegarse tamén ao fascinante universo atropolóxico da medicina popular galega. E, quizais, cun puco de sorte ata podan ver un auténtico alicornio. Eu non perdería esta oportunidade pero, claro, eu gosto destas cousas “raras”. Xa que logo, se a vostedes tamén lles gustan estas faces pouco coñecidas da nosa cultura xa saben onde e cando é a cita.

cartaz alicornio baroja

IMG-20150604-WA0000

%d bloggers like this: