• BENVIDOS Ó BLOG DE RAFA QUINTÍA

  • SOBRE O AUTOR

  • © Fotografías blog: Rafa Quintía

  • MARIÑA: DE DEUSA A SANTA

  • MONTE DAS CROAS: ANTROPOLOXÍA DUN CASTRO

  • ANÁLISE ESTRUTURAL E SIMBÓLICA DO MITO DA MOURA

  • LA HISTORIA DE GALICIA EN 50 LUGARES

  • USO SIMBÓLICO DO CUARZO NA CULTURA GALEGA. Aspectos etnográficos e arqueolóxicos

  • PATRIMONIO INMATERIAL DE SAN MARTIÑO DE SALCEDO

  • ALICORNIO. O PODER DO CORNO DE UNICORNIO NA MEDICINA TRADICIONAL GALEGA

  • A NOSA SEÑORA DA LANZADA. Estudio antropológico de un santuario costero.

  • PARA CANTAR VEÑO EU! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos

  • DE VELLO, GAITEIRO! Biografía do grupo de música tradicional Os Chichisos

  • DEUSES, MITOS E RITOS DO MONTE DO SEIXO. Unha proposta interpretativa en clave céltica.

  • Á SOMBRA DE BOUZA PANDA. Poemario de trincheira e maldizer

  • MUÍÑOS, A MEMORIA DA AUGA.

  • Documental “SETE CAMIÑOS. ENCRUCILLADA DO TEMPO”

  • Documental “COMUNEIROS. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo”

  • Documental “Monte do Seixo. A Montaña Máxica”.

  • Curtametraxe documental “NOITE DE REIS COS CHICHISOS”

  • A PEDRA DO FUNDAMENTO

  • “FEITO NA CASA”

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº6

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº5

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº4

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº3

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº2

  • “FOL DE VELENO. Revista de Etnografía e Historia de Galiza”. Nº1

  • ALBIÓN GALAICA

  • “GALICIA ENCANTADA: O país das mil e unha marabillas”

  • “OS MOUROS E AS MOURAS: MÁXICOS ENIGMÁTICOS DA MITOLOXÍA POPULAR”. Actas das V Xornadas de literartura de tradición oral.

  • POEMARIO DOS GAFOS. Obra colectiva.

  • CATÁLOGO-GUÍA do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños

  • AS PONTES DE PONTEVEDRA. Libro da exposición do mesmo nome. (Obra colectiva)

  • ATAS DAS JORNADAS DA LITERATURA GALAICO-PORTUGUESA 2012-2014

  • ACTAS DAS II XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ACTAS DAS I XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ENTRADAS POR ORDE CRONOLÓXICA

  • CONTADOR

    • 114,200 hits
  • Follow Á Sombra de Bouza Panda on WordPress.com

“APRENDIZ DE ANTROPÓLOGO”. Clases de antropoloxía para nenos e nenas

????????????????????????????????????

Nestes anos que un leva, humildemente e coas súas limitacións, dedicado á investigación é a divulgación da antropoloxía -sobre todo a galega- puiden constatar un feito que non só me desacouga senón que tamén me entristece, é non é outro que as carencias formativas que teñen os nosos nenos e a mocidade en xeral en canto a coñecementos fundamentais da nosa cultura no sentido máis rigoroso da palabra. Non deixa de ser un paradoxo comprobar como os nenos saben quen é Zeus ou Thor pero nunca escoitaron falar do Tronante ou do Nubeiro, como saben o que é o Halloween pero non coñecen a nosa Noite de Defuntos e os seus ritos e significado, coñecen a Lobezno pero non saben o que é un Lobishome, recoñecen o que é en hip hop un “Duelo de gallos” pero non saben o que é una regueifa , e podería estar todo o día poñendo exemplos.

escanear0016

Terrorífico lobishome que sorprende a un pobre camiñante, nos ollos do antropólogo Martín

Xa que logo, o que un constata cando vai dar unha charla a un colexio, instituto ou incluso a unha facultade é o grande descoñecemento que existe dos eixos fundamentais que vertebran a cultura dun pobo, a mitoloxía, as crenzas, as festas, os ritos, as institucións sociais, os valores, a ideoloxía, etc, en definitiva, a nosa  forma de ver e de estar no mundo.

escanear0006

O mito da Moura construtora de megalitos nun debuxo de Roque

Foi a constatación da carencia de coñecementos antropolóxicos na mocidade o que me levou a argallar un pequeno proxecto piloto para pór un gran de área na redución destas limitacións do curriculum académico dos nosos rapaces. Pero antes de falarlles deste proxecto quero facer unha reflexión en voz alta sobre o noso sistema educativo e os seus contidos. Non entrarei a falar de como se dan eses contidos nin de como se lles motiva a uns nenos de 6 anos que teñen que pasar 5 horas sentados nunha cadeira, quietos e calados escoitando a un adulto falar de cousas que moitas veces nin entenden. Tan só voume centrar nos contidos.

escanear0020

Mariños, Xacios e Seres, seres acuáticos da nosa mitoloxía nun fermoso debuxo de Claudia

Certamente a culpa destas carencias ou baleiros formativos non é dos nenos, nin tan sequera dos profesores, pois moitos deles tampouco teñen estes coñecementos nin se lles forma neles aínda que a vontade persoal e o compromiso cultural do docente pode facer moito e de feito faino. Coñezo verdadeiros exemplos de entrega á docencia. A pregunta —desglosada en moitas— que eu lle faría a aqueles que deseñan o curriculum académico —propios, moitas veces, do século XVIII— é a seguinte:

Por que consideran que é fundamental que un neno saiba as partes da célula (aínda que non vaia ser biólogo) e non pensan que pode ser bo para entender e sobrevivir no mundo no que viven coñecer as leis básicas do mercado ou que significa o concepto de plusvalía?

escanear0010

Así vé o antropólogo Jorge á Moura na súa fasquía de serpe

Por que é materia básica saber facer unha matriz matemática ou un logaritmo neperiano pero non saber facer un DAFO, unha árbore de decisión ou un diagrama de fluxo que de seguro seralles unha ferramenta valiosísima para a análise de problemas, a súa resolución ou para a toma de decisións ?

Por que teñen que saber os ríos de África pero non consideran útil e fundamental para a educación na tolerancia da diversidade cultural coñecer, por exemplo, que hai sociedades no mundo onde o matrimonio entre mulleres é algo normal e aceptable, ou sociedades onde existe un terceiro xénero perfectamente regrado e admitido, ou que existen outras formas de familia e de sociedade igualmente válidas e respectables?

escanear0017

Pobo de cazadores e recolectores na interpretación de Roque 

Por que se lles educa en contra do racismo pero non en contra do etnocentrismo  que é, como mínimo, tan despreciable como a xenofobia?

Por que hai que aprender de memoria todas as óperas de Verdi e non se lles ensina a apreciar a música como unha ferramenta fundamental da humanidade? Por que teñen que saber a escala de arriba a abaixo e viceversa e non se lles ensina a tocar un instrumento musical e a incentivar a súa capacidade creativa?

Por que teñen que coñecer as obras fundamentais da literatura pero non se lles ensina a valorar e coñecer a nosa literatura oral como instrumento fundamental de transmisión da ideoloxía dun pobo?

VLUU L100, M100  / Samsung L100, M100

Por que é básico coñecer o imperio hitita pero non o reino suevo de Gallaecia ou as culturas mesoamericanas ou do Indo?

Por que se lles dá a elixir entre catecismo católico —que non relixión— e ética e non se lles explican os diferentes sistemas relixiosos do mundo, as cosmogonías dos diferentes pobos, o porque o ser humano inventa a relixión para interpretar o seu mundo e a súa relación coa lexitimación do poder?

escanear0011

Claudia fálanos das mouras, personaxe mítica fundamental da nosa cosmovisión

Por que cando hai que eliminar unha clase por algún motivo sempre se quita ximnasia, música ou plástica e non se elimina a clase de matemáticas?

En resumen, porque non se lles ensina a pensar, a pensar quen son e de onde veñen, a pensar porque o mundo é como é, a desenvolver a súa capacidade crítica e intelectual, a desenvolver a súa creatividade e imaxinación, a medrar como persoas en todas as dimensións posibles?

escanear0021

O dente de tiburón, poderosos amuletos protector contra as tormentas (debuxo de Roque)

Certamente é un grande debate aínda por facer. Mentres tanto, cada catro anos cambiamos os plans educativos, e os talibáns do capital eliminan ou minusvaloran materias fundamentais para o desenvolvemento persoal e cognitivo dos futuros cidadáns, como é a antropoloxía, a filosofía, a música, a expresión artística, e avanzamos cada vez máis rápido cara a unha sociedade idiotizada, alienada e aniquilada intelectualmente.  E mentres tanto, seguimos tamén sen considerar importante que os nenos, a mocidades e o profesorado teñan coñecementos de antropoloxía,  a ciencia fundamental para entender o mundo no que viven, a súa cultura e a súa sociedade, a ferramenta máis versátil para, ben usada, educarnos no respecto mutuo entre pobos, culturas, xéneros, supostas razas e relixións.

escanear0008

O antropólogo Roque agasállame con este debuxo dos facedores de tormentas:o Nubeiro e o Tronante

Así que mentres todo isto ocorre e seguimos galopando sen control cara ao abismo eu, que me gusta ir a contracorrente, deseño un humilde curso de antropoloxía para nenos (e nenas, claro está) que leva por nome “Aprendiz de antropólogo” e propóñollo como actividade extraescolar ás amigas da empresa Gaia Animación que organizan estas actividades formativas para a ANPA do colexio Froebel de Pontevedra. Así que, grazas á sensibilidade e visión de futuro de Gaia e dos pais e nais do colexio Froebel, durante este curso 2015 que agora remata, e como experiencia piloto para nun futuro poder ampliar a outros centros, os nenos e as nenas que acoden as actividades da ANPA deste colexio pontevedrés teñen a oportunidade de, a parte de aprender a patinar, cociñar ou facer teatro, poder mergullarse no mundo da antropoloxía cultural, centrándonos na galega, e descubrir un universo fascinante onde aprenderán a coñecerse moito mellor como membros dunha comunidade humana dotados de algo tan valioso que é o único que nos diferenza dos animais e nos fai humanos: a cultura.

escanear0014

O antropólogo Martín ilustra o fantástico encontro entre un mozo e unha moura convertida en serpe

A verdade é que non puido ser máis satisfactorio este tempo que levamos traballando e aprendendo xuntos os rapaces e eu. Observar a súa fascinación e a súa emoción ao descubrir a parte máis esquecida da súa cultura, comprobar o seu interese e motivación é a mellor recompensa que podería ter. Iso e os debuxos que me fixeron coa súa persoal interpretación do mito da Moura galega, as historias que recolleron dos seus vellos, as cantigas, os refráns, os remedios …

Velos chegar a clase emocionados tras ter aos seus pais tolos durante semanas buscando un Ciprianillo polas librarías, escoitalos preguntar por xentes doutras culturas, compartir con eles a súa curiosidade cando te falan do libro que leron sobre tal ou cal cultura, observalos hipnotizados mirando un documental sobre mitoloxía galega ou sobre cazadores do Kalahari, ver o seus rostro de satisfacción cando che poden contan unha historia recollida da súa avoa foi para min unha auténtica delicia. Sobre dicir que todos acadaron con éxitos sobrados o seu diploma acreditativo de auténticos aprendices de antropólogos e de antropólogas.

escanear0018

Debuxo da antropóloga Claudia onde podemos ver unha comunidade de pigmeos nos seus labores cotiás

Así que xa saben, outras actividades para nenos son posibles, outra educación é posible e necesaria e se algún centro educativo ou ANPA está interesada en implantar este obradoiro xa saben onde localizarme, a min ou aos milleiros de antropólogos en paro deste país. Nada me faría máis feliz que envellecer rodeado de nenos e de nenas que saben de onde veñen, quen son e onde van, e se ademais un decide facerse antropólogo entón a cousa xa é para morrer de pracer.

Marta, posando orgullosa como futura antropóloga

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: