• BENVIDOS Ó BLOG DE RAFA QUINTÍA

  • SOBRE O AUTOR

  • © Fotografías blog: Rafa Quintía

  • MARIÑA: DE DEUSA A SANTA

  • MONTE DAS CROAS: ANTROPOLOXÍA DUN CASTRO

  • ANÁLISE ESTRUTURAL E SIMBÓLICA DO MITO DA MOURA

  • LA HISTORIA DE GALICIA EN 50 LUGARES

  • USO SIMBÓLICO DO CUARZO NA CULTURA GALEGA. Aspectos etnográficos e arqueolóxicos

  • PATRIMONIO INMATERIAL DE SAN MARTIÑO DE SALCEDO

  • ALICORNIO. O PODER DO CORNO DE UNICORNIO NA MEDICINA TRADICIONAL GALEGA

  • A NOSA SEÑORA DA LANZADA. Estudio antropológico de un santuario costero.

  • PARA CANTAR VEÑO EU! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos

  • DE VELLO, GAITEIRO! Biografía do grupo de música tradicional Os Chichisos

  • DEUSES, MITOS E RITOS DO MONTE DO SEIXO. Unha proposta interpretativa en clave céltica.

  • Á SOMBRA DE BOUZA PANDA. Poemario de trincheira e maldizer

  • MUÍÑOS, A MEMORIA DA AUGA.

  • Documental “SETE CAMIÑOS. ENCRUCILLADA DO TEMPO”

  • Documental “COMUNEIROS. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo”

  • Documental “Monte do Seixo. A Montaña Máxica”.

  • Curtametraxe documental “NOITE DE REIS COS CHICHISOS”

  • A PEDRA DO FUNDAMENTO

  • “FEITO NA CASA”

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº6

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº5

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº4

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº3

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº2

  • “FOL DE VELENO. Revista de Etnografía e Historia de Galiza”. Nº1

  • ALBIÓN GALAICA

  • “GALICIA ENCANTADA: O país das mil e unha marabillas”

  • “OS MOUROS E AS MOURAS: MÁXICOS ENIGMÁTICOS DA MITOLOXÍA POPULAR”. Actas das V Xornadas de literartura de tradición oral.

  • POEMARIO DOS GAFOS. Obra colectiva.

  • CATÁLOGO-GUÍA do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños

  • AS PONTES DE PONTEVEDRA. Libro da exposición do mesmo nome. (Obra colectiva)

  • ATAS DAS JORNADAS DA LITERATURA GALAICO-PORTUGUESA 2012-2014

  • ACTAS DAS II XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ACTAS DAS I XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ENTRADAS POR ORDE CRONOLÓXICA

  • CONTADOR

    • 114,200 hits
  • Follow Á Sombra de Bouza Panda on WordPress.com

“USO SIMBÓLICO DO CUARZO NA CULTURA GALEGA”

Este ano a festividade de San Xoán tróuxome un agasallo. Non sei se foi cousa da casualidade ou quen sabe se dos seres e elementais que habitan esa noite, pero o caso que que o día 24 de xuño publicouse o meu novo traballo: “Uso simbólico do cuarzo na cultura galega”.

Continuando coa miña liña de investigación no campo das crenzas máxico-relixiosas, da etnomedicina galega e dos denominados obxectos de poder dentro da praxis sandadora, decidín abordar este traballo de investigación sobre o seixo movido, por unha banda, pola certeza persoal da importancia do seixo na nosa cultura tradicional e, por outra banda, debido á constatación da carencia de traballos de investigación sobre este tema. Por todo elo, coido necesario presentar esta monografía que amplía e complementa os datos da investigación xa publicada no ano 2014 en “Fol de Veleno. Anuario de Antropoloxía e Historia” e que intenta, dun xeito holístico e aglutinador e nun horizonte diacrónico, clarexar un pouco, ou cando menos expor na maior amplitude posible, o fenómeno cultural do uso do cuarzo en Galicia con fines simbólicos ao longo dos últimos milenios, dende as primeiras constatacións da presenza de cristais de seixo en xacementos arqueolóxicos ata o seu uso etnográfico na actualidade.

TEXTO CONTRACAPA:

O antropólogo Rafael Quintía achéganos ao mundo simbólico do uso do seixo en Galicia. Un percorrido diacrónico dende as diferentes formas nas que aparece o seixo no rexistro arqueolóxico galego, centrándonos sobre todo no seu aspecto simbólico e no seu posible uso ritual, ata o mundo da antropoloxía e das aplicacións deste mineral en diferentes contextos da cultura popular galega. Na presente monografía o autor propón hipóteses esclarecedoras coas que poidamos avanzar na senda da interpretación do uso do cuarzo dende épocas antigas e en contextos rituais e simbólicos cronoloxicamente distantes.

 

DATOS TÉCNICOS:

Autor: Rafael Quintía Pereira
Editorial: Sociedade Antropolóxica Galega
Impresión: branco e negro
Tamaño: 21×15
174  páxinas
I.S.S.N. 2341-0353

 

PRÓLOGO

Rafael Quintía, senta neste novo traballo os alicerces da investigación dun dos temas mais fascinantes e conspicuos da tradición galega. Tal como xa fixera tamén cun dos seus libros anteriores, o dedicado uso do Alicornio na medicina tradicional galega, editado tamén pola SAGA, Rafa Quintía disponse neste ensaio a evidenciar e dignificar outro dos elementos clave para a comprensión do universo simbólico dos galegos.

O seixo está presente, dende as prodixiosas fonduras dos tempos, non soamente no solar galego como unha substancia abondosa, senón de xeito absolutamente selectivo en todos os hábitats e espazos vitais que as comunidades teñen estruturado ao seu redor. Neste libro o autor percorre e sintetiza o camiño que o ser humano ten escollido para transitar co seixo na man ou na porta da casa; no berce ou na súa sepultura ademais doutros exemplos. Un itinerario, en definitiva, no que este libro amosa, por vez primeira, a transcendencia desta rocha e o contraste co perfil baixo que actualmente ocupa no mundo dos estudos tradicionais.

Operando de novo a súa taumaturxia, Rafa Quintía pon de manifesto o rol do seixo en Galicia como catalizador do mundo das crenzas e indutor da orde nos espazos intrinsecamente simbólicos das sociedades tradicionais.

Así, se a enfermidade e un desorde cómpre a acción restauradora de algo que condensa en si mesmo a idea de estruturación, firmeza, persistencia ou perfección.

Hai sociedades que entenden que os entes poden ter varias almas. Nesta nova Monografía da Sociedade Antropolóxica Galega, Rafa Quintía presenta a súa viaxe de milleiros de quilómetros pola xeografía galega e mais aló, na procura e rescate dunha das almas esquecidas da cultura galega, unha feita de seixo, co gallo de que poida seguir aportando estrutura e significado ao noso presente. Como sempre fixo.

Miguel Losada

Secretario da SAGA

Advertisements

2 Respostas

  1. Olà, hoxe lin o teu libro que pillei este dia na “Eira da Xoana”. Aìnda che me ghustou ben. Avere se me fai xeito e mandoche alghunha foto dalghun xeixo destas terras.
    Mandoche un dito da miña terra: ” A TERRA DE XEIXO, PRA MIN A DEIXO”
    As terras que teñen xeixo son boas terras. Onde hai xeixo nas leiras è boa terra.
    As pedras na terra quentan as leiras. Non se quitan as pedras nas leiras a non sere que sexan croios ghrandres.
    Apretas

    • Moitísimas grazas pola información Masús, tereina en conta para futuras reedicións do traballo. Unha aperta.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: