• BENVIDOS Ó BLOG DE RAFA QUINTÍA

  • SOBRE O AUTOR

  • © Fotografías blog: Rafa Quintía

  • MARIÑA: DE DEUSA A SANTA

  • MONTE DAS CROAS: ANTROPOLOXÍA DUN CASTRO

  • ANÁLISE ESTRUTURAL E SIMBÓLICA DO MITO DA MOURA

  • LA HISTORIA DE GALICIA EN 50 LUGARES

  • USO SIMBÓLICO DO CUARZO NA CULTURA GALEGA. Aspectos etnográficos e arqueolóxicos

  • PATRIMONIO INMATERIAL DE SAN MARTIÑO DE SALCEDO

  • ALICORNIO. O PODER DO CORNO DE UNICORNIO NA MEDICINA TRADICIONAL GALEGA

  • A NOSA SEÑORA DA LANZADA. Estudio antropológico de un santuario costero.

  • PARA CANTAR VEÑO EU! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos

  • DE VELLO, GAITEIRO! Biografía do grupo de música tradicional Os Chichisos

  • DEUSES, MITOS E RITOS DO MONTE DO SEIXO. Unha proposta interpretativa en clave céltica.

  • Á SOMBRA DE BOUZA PANDA. Poemario de trincheira e maldizer

  • MUÍÑOS, A MEMORIA DA AUGA.

  • Documental “SETE CAMIÑOS. ENCRUCILLADA DO TEMPO”

  • Documental “COMUNEIROS. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo”

  • Documental “Monte do Seixo. A Montaña Máxica”.

  • Curtametraxe documental “NOITE DE REIS COS CHICHISOS”

  • A PEDRA DO FUNDAMENTO

  • “FEITO NA CASA”

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº6

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº5

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº4

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº3

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº2

  • “FOL DE VELENO. Revista de Etnografía e Historia de Galiza”. Nº1

  • ALBIÓN GALAICA

  • “GALICIA ENCANTADA: O país das mil e unha marabillas”

  • “OS MOUROS E AS MOURAS: MÁXICOS ENIGMÁTICOS DA MITOLOXÍA POPULAR”. Actas das V Xornadas de literartura de tradición oral.

  • POEMARIO DOS GAFOS. Obra colectiva.

  • CATÁLOGO-GUÍA do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños

  • AS PONTES DE PONTEVEDRA. Libro da exposición do mesmo nome. (Obra colectiva)

  • ATAS DAS JORNADAS DA LITERATURA GALAICO-PORTUGUESA 2012-2014

  • ACTAS DAS II XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ACTAS DAS I XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ENTRADAS POR ORDE CRONOLÓXICA

  • CONTADOR

    • 114,200 hits
  • Follow Á Sombra de Bouza Panda on WordPress.com

“EXTRA MUNDI”. Prologando o novo traballo de Luar na Lubre

disco_ex

Ás veces a vida dache gratas sorpresas que xamais  esperarías. O mes pasado a min aconteceume unha desas sorpresas cando o gaiteiro e lider de Luar na Lubre, Bieito Romero, me telefonou para proporme que lles escribise un texto de presentación do seu novo disco “Extramundi”.

Poden imaxinar vostedes a sorpresa e a satisfacción de recibir tal solicitude. Que un grupo de referencia da música folk galega como Luar na Lubre, e ao que levo seguindo case 30 anos, te pida que lle prologues o seu último traballo discográfico non só é unha honra senón que tamén é un privilexio. Dende aquí o meu agradecemento ao grupo por ter pensado en min para un cometido de tanta responsabilidade como é prologar unha obra discográfica.

Así que aquí tedes o seu marabilloso novo disco ea s verbas que lle dediquei. Tan só espero que gocedes, cando menos tanto como eu, coa súa música e con esta viaxe sonora alén do mundo.

http://www.luarnalubre.com/letras_disco.php?cat=244&idioma=gl

Extra Mundi

Luar Na Lubre viaxa neste novo traballo, sen perder a esencia de seu, polo extramundi na procura de polifonías que esconxuren as tebras da alma e docorpo. Dende o cabo do mundo fía coa roca do tempo un paraíso musical novo, unha espiral de voces e culturas, unha arañeira tecida cos finos fíos doson do ar, un mundo de saudade máis aló deste mundo, onde o respecto ádiferenza guiase o noso camiñar. Unha sentida homenaxe a todos os pobosque acolleron ao grupo cos brazos abertos ao longo destas décadas de vidae de música.

Luar Na Lubre xunta ao carón do seu lume a diversos pobos e culturas através dunha escolma de cinco linguas que, como as cinco puntas dunhapentalfa máxica e astral, cantan unidas na fala universal da diversidadecultural. Pero esta viaxe extramundi —fóra do mundo— pode ser tamén,segundo a etimoloxía, unha viaxe austromundi, é dicir, cara á protección(-mundi) que vén do leste (austro-). Xa que logo, embarcámonos da man deLuar Na Lubre nunha romaxe na procura da luz celeste do amencer. Unhatravesía polas milenarias xeografías astrais valedoras contra a temida noiteda homoxenización e da aculturación. Unha viaxe sonora e intensa dende aterra de poñente cara ás terras do nacente, sempre guiados polo compás dasforzas protectoras e universais da música. A única lingua que non entendede mundos nin fronteiras.

Rafael Quintía Pereira
Presidente da Sociedade Antropolóxica Galega

Advertisements

Unha resposta

  1. Noraboa, Rafa! 👏

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: