• BENVIDOS Ó BLOG DE RAFA QUINTÍA

  • SOBRE O AUTOR

  • © Fotografías blog: Rafa Quintía

  • A LINGUAXE DAS CAMPÁS. ETNOGRAFÍA DOS SINOS

  • MARIÑA: DE DEUSA A SANTA

  • MONTE DAS CROAS: ANTROPOLOXÍA DUN CASTRO

  • ANÁLISE ESTRUTURAL E SIMBÓLICA DO MITO DA MOURA

  • LA HISTORIA DE GALICIA EN 50 LUGARES

  • USO SIMBÓLICO DO CUARZO NA CULTURA GALEGA. Aspectos etnográficos e arqueolóxicos

  • PATRIMONIO INMATERIAL DE SAN MARTIÑO DE SALCEDO

  • ALICORNIO. O PODER DO CORNO DE UNICORNIO NA MEDICINA TRADICIONAL GALEGA

  • A NOSA SEÑORA DA LANZADA. Estudio antropológico de un santuario costero.

  • PARA CANTAR VEÑO EU! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos

  • DE VELLO, GAITEIRO! Biografía do grupo de música tradicional Os Chichisos

  • DEUSES, MITOS E RITOS DO MONTE DO SEIXO. Unha proposta interpretativa en clave céltica.

  • Á SOMBRA DE BOUZA PANDA. Poemario de trincheira e maldizer

  • MADAMAS E GALÁNS. HISTORIA DO ENTROIDO DE COBRES

  • MUÍÑOS, A MEMORIA DA AUGA.

  • Documental “SETE CAMIÑOS. ENCRUCILLADA DO TEMPO”

  • Documental “COMUNEIROS. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo”

  • Documental “Monte do Seixo. A Montaña Máxica”.

  • Curtametraxe documental “NOITE DE REIS COS CHICHISOS”

  • A PEDRA DO FUNDAMENTO

  • “FEITO NA CASA”

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº6

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº5

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº4

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº3

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº2

  • “FOL DE VELENO. Revista de Etnografía e Historia de Galiza”. Nº1

  • ALBIÓN GALAICA

  • “GALICIA ENCANTADA: O país das mil e unha marabillas”

  • “OS MOUROS E AS MOURAS: MÁXICOS ENIGMÁTICOS DA MITOLOXÍA POPULAR”. Actas das V Xornadas de literartura de tradición oral.

  • POEMARIO DOS GAFOS. Obra colectiva.

  • CATÁLOGO-GUÍA do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños

  • AS PONTES DE PONTEVEDRA. Libro da exposición do mesmo nome. (Obra colectiva)

  • ATAS DAS JORNADAS DA LITERATURA GALAICO-PORTUGUESA 2012-2014

  • ACTAS DAS II XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ACTAS DAS I XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ENTRADAS POR ORDE CRONOLÓXICA

  • CONTADOR

    • 117,303 hits
  • Follow Á Sombra de Bouza Panda on WordPress.com

PARA QUE SIRVE O GALEGO?

Para que sirve o galego.  

Lingua, identidade e cosmovisión.

DSC_1123

O feito de partillar unha mesma lingua —coas súas variantes dialectais— supón un feito construtivo fundamental da cultura compartida por unha colectividade, pois a linguaxe humana é un factor constitutivo de identidade do grupo social,  produce  cohesión interna,  permite  conservar os coñecementos do pasado, posibilita o pensamento abstracto e permite comprender a estrutura social e a situación do grupo.

A linguaxe, como ben explicou White, é o exemplo máis representativo da nosa capacidade simbolizadora, é a base esencial do desenrolo da cultura e é exclusivo dos humanos, polo que sirve para establecer a distinción entre homo sapiens e o resto do mundo animal. Aínda que parece, segundo os experimentos,  que os simios, chimpancés, teñen relativa aptitude para comprender os significados simbólicos e aptitude semántica para servirse dos signos para expresar os seus desexos.

A linguaxe é, entón, un sistema establecido de signos (orais ou escritos) mediante os cales o ser humano expresa estados de ánimo, transmite pensamentos e formula coñecementos. É unha estrutura intelixible da realidade e é unha forma de comportamento imprescindible en toda cultura. Todo signo lingüístico consiste na asociación arbitraria ou convencional dun significante (fonemas e letras na escritura) e un significado (concepto), de aí o seu carácter simbólico.

A linguaxe reflicte a cultura: unha grande parte do comportamento cultural, en especial a aprendizaxe de sistemas culturais, efectúanse a través da linguaxe. A sociolingüística avanza por este campo de relación de lingua e cultura. Ás veces, a linguaxe considérase como modelo de cultura. Este enfoque toma a lingua como forma de comportamento observable que revela a estrutura de categorías cognoscitivas tales como o parentesco (exemplo das categorías curmá-primo), categorías cromáticas, etnobotánicas dificilmente descubribles por outras técnicas. Por exemplo, no campo do parentesco no galego distinguimos entre curmáns (fillos dos nosos tíos) e primos (fillos dos nosos curmáns, curmáns dos nosos país ou fillos dos curmáns dos nosos pais). No castelán, pola contra, só existe un termo para designar a todas estás categorías parentais: primos, sendo necesario aplicar un cualificativo  (primo irmán ou primo segundo) para distinguir o grao de parentesco.

Co antropólogo Franz Boas nace a idea de que a lingua estrutura o coñecemento e grande parte do comportamento inconsciente dunha cultura, pero foron Edward Sapir e Benjamin Lee Whorf quen formularon explicitamente, entre os anos 1920-1930, a chamada hipótese de Sapir-Whorf  que supón que as categorías gramaticais e semánticas obrigatorias nunha lingua poden estruturar o pensamento do falante en modelos ou pautas habituais que o organizan e, así, inflúe no comportamento. Isto é, a teoría da relatividade lingüística (hipótese S-W) di que a percepción da realidade varía coa lingua do falante. Polo tanto, pobos con linguas distintas ven a realidade de xeito distinto e viceversa.

Porei un exemplo esclarecedor para comprender o que acabamos de dicir. Os finlandeses teñen 40 palabras para referirse á neve, mentres que os galegos, e moitos outros pobos, tan só teñen unha ou unhas poucos. Isto non deixaría de ser unha mera anécdota lingüística relacionada coa riqueza de vocabulario senón fose porque o feito de que os fineses teñan 40 termos para designar a neve quere dicir que onde nós só vemos unha realidade eles ven 40 realidades distintas. Vemos, xa que logo, como o seu idioma reflicte o seu xeito de ver o mundo, e como pobos con linguas distintas ven a realidade de distintos xeitos, modos de ver e estar que quedan recollidos no seu idioma. Pola contra, e segundo investigou na súa tese Elvira Fidalgo, profesora de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago, os galegos temos 70 termos para referírmonos á chuvia, un elemento meteorolóxico co que estamos afeitos a convivir, mentres que outras linguas tan só posúen un par de termos. Os galegos, pois, vemos moitas realidades distintas relacionadas coa chuvia cando outros pobos só ven unha ou unhas poucas.

O feito de que os galegos posuamos unha lingua propia é indicativo de que compartimos unha mesma forma de ver o mundo e, por extensión, como a lingua reflicte a cultura compartimos tamén unha mesma cultura dende o punto de vista das estruturas cognoscitivas e simbólicas.  Así que, cando, nestes tempos de ditadura do materialismo e o capital,  se pregunta para que sirve o galego a resposta non debe ir da man dos principios do utilitarismo, nin de se nos sirve para comunicármonos con tres ou con trescentos millóns de persoas, aínda que sexa certo que a nosa lingua é falada por máis de 200 millóns de persoas, nas súas diferentes variantes dialectais. Senón que a resposta á pregunta estúpida de para que sirve o galego é que o galego sirve —como calquera lingua— simple e claramente para existir, para ser, para ser galego ou para estar e ver o mundo como un galego. Xa que logo, sen galego non existirían os galegos nin o que hoxe entendemos por cultura galega. Pois a cultura se transmite, se aprende e se alimenta no idioma e, como explicou Sapir, ese idioma propio condiciona, queiramos ou non, o noso pensamento, o noso comportamento e, en definitiva, o noso estar no mundo, a nosa cultura. A ver si nos damos de cuenta, que aun te hay mucho parviño por ahí.

GALEGO

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: