• BENVIDOS Ó BLOG DE RAFA QUINTÍA

  • SOBRE O AUTOR

  • © Fotografías blog: Rafa Quintía

  • MARIÑA: DE DEUSA A SANTA

  • MONTE DAS CROAS: ANTROPOLOXÍA DUN CASTRO

  • ANÁLISE ESTRUTURAL E SIMBÓLICA DO MITO DA MOURA

  • LA HISTORIA DE GALICIA EN 50 LUGARES

  • USO SIMBÓLICO DO CUARZO NA CULTURA GALEGA. Aspectos etnográficos e arqueolóxicos

  • PATRIMONIO INMATERIAL DE SAN MARTIÑO DE SALCEDO

  • ALICORNIO. O PODER DO CORNO DE UNICORNIO NA MEDICINA TRADICIONAL GALEGA

  • A NOSA SEÑORA DA LANZADA. Estudio antropológico de un santuario costero.

  • PARA CANTAR VEÑO EU! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos

  • DE VELLO, GAITEIRO! Biografía do grupo de música tradicional Os Chichisos

  • DEUSES, MITOS E RITOS DO MONTE DO SEIXO. Unha proposta interpretativa en clave céltica.

  • Á SOMBRA DE BOUZA PANDA. Poemario de trincheira e maldizer

  • MUÍÑOS, A MEMORIA DA AUGA.

  • Documental “SETE CAMIÑOS. ENCRUCILLADA DO TEMPO”

  • Documental “COMUNEIROS. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo”

  • Documental “Monte do Seixo. A Montaña Máxica”.

  • Curtametraxe documental “NOITE DE REIS COS CHICHISOS”

  • A PEDRA DO FUNDAMENTO

  • “FEITO NA CASA”

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº6

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº5

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº4

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº3

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº2

  • “FOL DE VELENO. Revista de Etnografía e Historia de Galiza”. Nº1

  • ALBIÓN GALAICA

  • “GALICIA ENCANTADA: O país das mil e unha marabillas”

  • “OS MOUROS E AS MOURAS: MÁXICOS ENIGMÁTICOS DA MITOLOXÍA POPULAR”. Actas das V Xornadas de literartura de tradición oral.

  • POEMARIO DOS GAFOS. Obra colectiva.

  • CATÁLOGO-GUÍA do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños

  • AS PONTES DE PONTEVEDRA. Libro da exposición do mesmo nome. (Obra colectiva)

  • ATAS DAS JORNADAS DA LITERATURA GALAICO-PORTUGUESA 2012-2014

  • ACTAS DAS II XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ACTAS DAS I XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ENTRADAS POR ORDE CRONOLÓXICA

  • CONTADOR

    • 114,139 hits
  • Follow Á Sombra de Bouza Panda on WordPress.com

A TRAMPA DA LOE: sobre leis educativas e reválidas.

Nestes días estase a falar moito da LOMCE e do tema das reválidas.  Se hai uns meses o foco de atención das protestas se centraba na redución das becas ou no incremento de taxas universitarias, agora o tema de debate é os exames de reválida en Educación Primaria. Sinceramente, na miña humilde opinión, o problema desta lei non reside só nestas dúas cuestións. A diminución de axudas é un tema económico, político e administrativo contra o que deberían protestar, certamente, os país e os alumnos e, tamén toda a cidadanía polo que isto supón de recorte na igualdade de oportunidades. O tema da reválida, aínda que cheira a rancio e a sistema educativo obsoleto, tampouco vexo que sexa un grande problema e máis cando nin puntúa no expediente e é un mero control do suposto nivel do alumado. Certo é que este tipo de “análise de calidade da educación” faise sempre con criterios e estándares tirados do mundo da empresa privada e da xestión empresarial que pouco ou nada teñen que ver co que debería ser a ensinanza. Tamén hai que dicir que a filosofía que move este tipo de formulacións de control educativo é unha concepción absolutamente materialista da ensinanza e supeditada aos intereses económicos dominantes. Xa que logo, o tema da reválida é unha ferramenta máis da ideoloxía subxacente a esta reforma educativa pero o que quero dicir é que o que debe preocupar non é a reválida en si senón o que hai detrás. Respecto ao tema dos exames, cómpre lembrar que a lei non obriga aos docentes a facer exames, sí a ter ferramentas de avaliación dos alumnos pero non a facer exames mais, por desgraza, a meirande parte dos docentes seguen a usar o método de exame como o predominante para a avaliación do seu alumando, así que non nos escadanlicemos por facer probas cando a maioría segue ancorado na dinámica decimonónica dos exames. Pero malia todos estes inconvintes da lei, que realmente o son, non son estes os grandes problemas da LOMCE. Para min, como explicarei a continuación, o gran problema da LOMCE é o transfundo ideolóxico que ten e, sobre todo, que limita enormemente a capacidade do profesorado para definir o currículo e organizar o seu labor docente e, desgrazadamente, semella que disto ninguén —ou poucos— falan. Para desenvolver esta idea, centrareime na materia de Historia.

thumbnail

Fonte da imaxe: http://stellae.usc.es/

Existen grandes diferenzas entre a filosofía que move o que debe ser a ensinanza e a función da materia de Historia segundo a LOMCE e o que establecía a LOE.

O Real Decreto que desenvolve o currículum segundo o establecido na LOMCE entende que o coñecemento da sociedade, a súa organización e o seu funcionamento ao longo do tempo é esencial para poder entender o mundo actual.  Segundo a LOMCE, a Historia debe ofrecer ao alumnado unha maior capacidade para a estruturación dos medios sociais. Debe, asemade, favorecer a comprensión dos acontecementos, procesos e fenómenos sociais no contexto no que se producen e permitir analizar os procesos que dan lugar a cambios históricos. Ademais, a LOMCE, a través de materia e Historia, pretende afondar nos coñecementos adquiridos polo estudante durante a ensinanza Primaria e favorecer que este adquira as competencias necesarias para comprender a realidade do mundo no que viven, a experiencia colectiva.

Cabe salientar, ademais, que a LOMCE non establece obxectivos de área senón que só marca os obxectivos de etapa.

A LOE, pola súa banda, si establece uns obxectivos claros que debe cumprir a materia de Historia, entre eles un de grande importancia e ao que a LOMCE non fai referencia, falo do obxectivo de ensinar aos alumnos a valorar a diversidade cultural manifestando actitudes de respecto e tolerancia cara outras culturas e opinión diferentes á propia. Neste senso, a LOE fai fincapé en que o estudo da materia de Historia debe facilitar a comprensión da pluralidade de comunidades socias á que se pertence. Ademais deste obxectivo a LOE tamén fala de adquirir e empregar vocabulario ou fomentar a realización tarefas de grupo, así como da contribución desta materia —a Historia— á adquisición de competencias básicas sociais e cidadás.

Para a LOE —ao igual que di a LOMCE— a materia de Historia pretende afondar no coñecemento da sociedade, tanto na súa organización ao longo do tempo e na actualidade como no que concirne ao territorio no que se asenta e organiza. Pero, na miña opinión, a LOE outorgáballe á Historia un papel máis activo e dinámico no desenvolvemento da capacidade crítica e de análise do alumno. Concibe a Historia como unha ferramenta que facilite a comprensión do mundo —tanto físico como humano— no que vive o alumno, o devir da vida en sociedade e as consecuencias deste fenómeno cultural e histórico. Deste xeito, a Historia, segundo esta lei, debe axudar a que os alumnos adquiran os coñecementos, destrezas e actitudes necesarias para comprender a realidade do mundo no que viven, as experiencias pasadas e presentes, así como o espazo no que desenvolven a vida en sociedade. Debe achegar o alumno aos principios de interacción das sociedades coa súa contorna física para que poidan valorar a actuación do home no espazo así como as potencialidades e construcións do medio. Ten que favorecer que o alumnado adquira maior grado de conciencia acerca da organización espacial da sociedade, das dimensións demográficas, económicas, sociais ou os modos de intervención e o seu posible impacto. En definitiva, a materia ten que proporcionar ao alumno un coñecemento global para poder interpretar a realidade actual como construción humana no curso dos tempos.

Outra diferenza importante é o feito de que na LOMCE —a diferenza do que establece a LOE— a estrutura das materias é sumamente pechado, estamos, xa que logo, ante o que poderiamos cualificar como un currículo case pechado. Este feito condiciona de sobre maneira o xeito de organizar e, en consecuencia, condiciona e dificúltalle ao profesor a tarefa de dar a clase. Neste senso na LOE existe moita máis flexibilidade, deixando ao profesorado unha maior liberdade á hora e organizar o currículo, facilitando entón o labor docente aínda que isto poida demandar máis traballo de planificación e organización por parte do profesorado.

Por último, no tocante a avaliación, a LOMCE, fronte a flexibilidade organizativa da LOE, establece tamén o valor exacto de cada proba, deixando sen capacidade aos docentes para establecer os tipos de exames ou como hai que avaliar.

Así que, como conclusión final, podemos dicir que a LOMCE presenta un maior transfundo ideolóxico que a LOE, limitando a capacidade do profesorado para definir o currículo e organizar o labor docente. Alén da diferente visión que ambas as dúas leis presentan sobre o fin educativo que debe cumprir a materia de Historia. Este é o grande problema e a perversión da lei. O tema das reválidas non deixa de ser unha anécdota dentro dunha lei que busca adoutrinar á mocidade, limitar a súa capacidade de crítica e coartar a liberdade do docente para desenvolver o seu nobre labor da ensinanza-aprendizaxe. Só resta dicir que con esta comparativa non quero dicir tampouco que LOE fose unha lei idónea, entre outras cousas porque é unha barbaridade mudar de lei cada catro anos. En todo acaso así están nas cousas mentres neste país non haxa a responsabilidade política como para buscar un consenso que nos dote dun sistema educativa válido para as vindeiras décadas e que busque, entre outros obxectivos, desenvolver as capacidades do alumnado en todas as dimensións posibles do seu ser na procura de convertelos en seres humanos con capacidade crítca, analítica e a sensibilidade e coñecemento suficiente para que este mundo vai a mellor algún día. Moito pedir….

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: