• BENVIDOS Ó BLOG DE RAFA QUINTÍA

  • SOBRE O AUTOR

  • © Fotografías blog: Rafa Quintía

  • A LINGUAXE DAS CAMPÁS. ETNOGRAFÍA DOS SINOS

  • MARIÑA: DE DEUSA A SANTA

  • MONTE DAS CROAS: ANTROPOLOXÍA DUN CASTRO

  • ANÁLISE ESTRUTURAL E SIMBÓLICA DO MITO DA MOURA

  • LA HISTORIA DE GALICIA EN 50 LUGARES

  • USO SIMBÓLICO DO CUARZO NA CULTURA GALEGA. Aspectos etnográficos e arqueolóxicos

  • PATRIMONIO INMATERIAL DE SAN MARTIÑO DE SALCEDO

  • ALICORNIO. O PODER DO CORNO DE UNICORNIO NA MEDICINA TRADICIONAL GALEGA

  • A NOSA SEÑORA DA LANZADA. Estudio antropológico de un santuario costero.

  • PARA CANTAR VEÑO EU! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos

  • DE VELLO, GAITEIRO! Biografía do grupo de música tradicional Os Chichisos

  • DEUSES, MITOS E RITOS DO MONTE DO SEIXO. Unha proposta interpretativa en clave céltica.

  • Á SOMBRA DE BOUZA PANDA. Poemario de trincheira e maldizer

  • MADAMAS E GALÁNS. HISTORIA DO ENTROIDO DE COBRES

  • MUÍÑOS, A MEMORIA DA AUGA.

  • Documental “SETE CAMIÑOS. ENCRUCILLADA DO TEMPO”

  • Documental “COMUNEIROS. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo”

  • Documental “Monte do Seixo. A Montaña Máxica”.

  • Curtametraxe documental “NOITE DE REIS COS CHICHISOS”

  • A PEDRA DO FUNDAMENTO

  • “FEITO NA CASA”

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº6

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº5

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº4

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº3

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº2

  • “FOL DE VELENO. Revista de Etnografía e Historia de Galiza”. Nº1

  • ALBIÓN GALAICA

  • “GALICIA ENCANTADA: O país das mil e unha marabillas”

  • “OS MOUROS E AS MOURAS: MÁXICOS ENIGMÁTICOS DA MITOLOXÍA POPULAR”. Actas das V Xornadas de literartura de tradición oral.

  • POEMARIO DOS GAFOS. Obra colectiva.

  • CATÁLOGO-GUÍA do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños

  • AS PONTES DE PONTEVEDRA. Libro da exposición do mesmo nome. (Obra colectiva)

  • ATAS DAS JORNADAS DA LITERATURA GALAICO-PORTUGUESA 2012-2014

  • ACTAS DAS II XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ACTAS DAS I XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ENTRADAS POR ORDE CRONOLÓXICA

  • CONTADOR

    • 117,303 hits
  • Follow Á Sombra de Bouza Panda on WordPress.com

POLA DECLARACIÓN DE PATRIMONIO DA HUMANIDADE PARA A ARTE RUPESTRE GALEGA

14633303_1320807571285741_5098353487209842761_o

Unha parte considerable dos gravados rupestres existentes en Galicia —moitos deles declarados Bens de Interese Cultural (BIC)— corren un grave risco, non só de deterioro, senón de desaparición, diante do incumprimento da normativa  —Lei do Patrimonio Cultural— por parte das administracións que teñen a obriga e a responsabilidade de velar pola súa conservación.

Durante as últimas décadas moitas voces se alzaron para denunciar esta situación pero os resultados efectivos desta denuncia non logran callar nas esferas que teñen a potestade de solucionar a situación dunha das nosas formas de expresión cultural máis antigas e senlleiras.

Ante esta alarmante situación, o venres 7 de outubro o  historiador Buenaventura Aparicio Casado, o arqueólogo Antonio de la Peña Santos e un servidor —o antropólogo Rafael Quintía Pereira— comparecimos  nunha rolda de prensa celebrada  ás 12:30 horas na Casa da Luz (Pontevedra)  para informar á opinión pública desta lamentable situación e da solicitude cursada para que a Xunta inicie xa os trámites para que a arte rupestre galega acade a declaración de Patrimonio da Humanidade, única figura que garantizaría a conservación e posta en valor dos noso petróglifos.  Estas reivindicacións concrétanse nun MANIFESTO conxunto que achego a continuación, non sen antes lembrar  que esta é unha acción que require do apoio e esforzo conxunto de todos.

Por iso, dende esta humilde plataforma, fago un chamamento a todos os colectivos, profesionais, institucións académicas e particulares amantes da nosa cultura a que, á marxe de ideoloxías, credos, dogmas ou paradigmas persoais, se sumen a esta reivindicación, a que entre todos formemos unha grande onda que nos leve a que a Xunta de Galicia e os concellos asuman a súa responsabilidade de protexer, conservar, investigar e divulgar a nosa arte rupestre, e que entre todos podamos conseguir a merecida e necesaria declaración de Patrimonio da Humanidade para a Arte Rupestre Galaica.  Non imos deternos e estamos dispostos a chegar ata a última instancia. Polo de pronto anunciamos xa que imos pór en marcha unha campaña  en change.org para sumar apoios a esta iniciativa e acadar o fin buscado que non é outro que a conservación e defensa do noso patrimonio cultural, un patrimonio que polo seu valor é de por si xa un patrimonio de toda a Humanidade.

14543708_1320807234619108_2143259994171838300_o

 

informe-sobre-el-estado-da-arte-rupestre

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: