Daily Archives: 9 Novembro 2016

“MEU PONTEVEDRA”, CASTELAO VOLTA A SALCEDO

14906931_1427446303951162_7570385914939209852_n

Unha experiencia única para non perderse e que teño o gusto de guiar. Damos vida a Castelao, e da súa man e da de diferentes personaxes que irán saíndo ao noso encontro percorremos a historia e o patrimonio das parroquias de Campolongo e de Salcedo rememorando aqueles paseos que o ilustre Castelao daba pola parroquia de San Martiño e o monte de Matalobos.

Un roteiro didáctico coordinado por A Citania Arqueoloxía e teatralizado pola compañía de teatro Escuadra 17. Unha actividde do programa Ano Castelao, organizada pola asociación de veciño Salcedo Norte coa colaboración da Deputación de Pontevedra e da Comunidade de Montes de Salcedo.

Se queredes coñecer dun xeito diferente algún dos episodios máis importantes da nosa historia acontecidos nos últimos 200 anos, se queredes descubrir o patrimonio inmaterial, arqueolóxico e artístico de Salcedo e ter a oportunidade de falar e pasear ao abeiro da lembranza de Castelao esta é a vosa oportunidade.

SÁBADO 12 DE NOVEMBRO E DOMINGO 20 DE NOVEMBRO.

 

 

A %d blogueros les gusta esto: