O DOCUMENTAL “COMUNEIROS” PARA VISIONADO LIBRE
O documental “Comuneiros. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo” é unha produción da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) en colaboración coa Comunidade de Montes Salcedo. O audiovisual, dirixido por un servidor e realizado por João Bieites, fai un percorrido por un século de vida e de explotación tradicional do monte comunal e polos aconteceres e desgrazas que, co cambio dos tempos e co gallo das distintas usurpacións do monte comunal, tiveron que sufrir os veciños da parroquia pontevedresa de San Martiño de Salcedo.
O 5 de novembro do 2011 presentouse o documental con motivo das “II Xornadas sobre Monte Comunal” que organiza a Comunidade de Montes de Salcedo. O documental tivo unha grande acollida e repercusión mediática pois, xunto co xa clásico “O Monte é Noso” de Llorenç Soler (1978) foi pioneiro nos traballos audiovisuais dedicados ao monte comunal en Galicia.
Hoxe poñémolo a disposición de todo o público para o seu visionado libre a través da nosa canle de youtube. Agardamos sexa do seu interse.
Documental “COMUNEIROS. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo”
SINOPSE:
“Comuneiros. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo” é unha produción da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) en colaboración coa Comunidade de Montes Salcedo. O audiovisual fai un percorrido por un século de vida e de explotación tradicional do monte comunal —verdadeira e única fonte de subsistencia para moitas xeracións de galegos— e polos aconteceres e desgrazas que, co cambio dos tempos e co gallo das distintas usurpacións do monte comunal, tiveron que sufri-los veciños da parroquia pontevedresa de San Martiño de Salcedo.
FICHA ARTÍSTICA:
DIRECCIÓN: Rafael Quintía
GUIONISTA: Rafael Quintía
REALIZACIÓN: João Bieites,
PRODUCIÓN: Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) en colaboración coa Comunidade de Monte de San Martiño de Salcedo
FICHA TÉCNICA:
PRODUTORA: Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) en colaboración coa Comunidade de Monte de San Martiño de Salcedo
SUBVENCIÓN OU AXUDA PÚBLICA: Ningunha
TÍTULO ORIXINAL: “COMUNEIROS. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo”
TIPO: Documental
XÉNERO: Etnográfico e social
Produción propia realizada a cor
ANO: 2011
DURACIÓN: 87 minutos aprox.
ORIXE: Galiza
IDIOMA V. O.: Galego
Posted on 30 Decembro 2016, in 01. ANTROPOLOXÍA E ETNOGRAFÍA, 08. MULTIMEDIA, 10. SAN MARTIÑO DE SALCEDO. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0