III MASCARADA IBÉRICA

Dende o día 1 de xaneiro xa empezan a saír as máscaras do Entroido en moitas partes da Península Ibérica e de Europa.  Así que, que mellor data que agora para facer a III Mascarada Ibérica na que, como cada ano, a Sociedade Antropolóxica Galega temos a sorte e o privilexio de colaborar.

Cómpre recoñecer publicamente o impagable labor dos organizadores e de todos os colaboradores neste evento polo grande traballo que están a facer para dignificar, conservar e divulgar a nosa celebración ritual máis senlleira e fascinante. Enormemente agradecidos á Comisión do Entroido 2017 de Viana do Bolo e á Asociación Xuntos polo Folión de Vilariño de Conso. Quero dar as grazas especialmente a Jorge Minas polo seu esforzo, dedicación, bo facer e colosal traballo deorganización. E por suposto, a todos aqueles que manteñen vivo o Entroido galego e que o sinten como o que é, unha auténtica relixión que afunde a súa raices na noite dos tempos e medra co sentimento dos noso corazóns.

Hoxe por hoxe a Mascarada Ibérica é o evento máis importante que se está a facer en Galicia para a posta en valor do Entroido. Quen queira coñecer a riqueza e diversidade  do Entroido galego e de toda a Península Ibérica ten esta fin de semana unha cita ineludible en Viana do Bolo e en Vilariño de Conso: na III Mascarada Ibérica. Vémonos o 28 e o 29 en Vilariño de Conso e en Viana do Bolo. Que viva o Entroido!!

16105725_1220508831360461_4140279856741524780_n

Advertisements

2 Respostas

  1. Grazas pola recomedación, foi una gozada onte en Vilariño… soamente sobráronme os empregados da telegaita interrumpindo e condicionando o desfile.. para cando profesionais na tele pública?!

    • O da TVG dá para unha análise fonda, certamente. En todo caso, alégrome de que che gustase a Mascarada.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: