Daily Archives: 15 Febreiro 2017

CONFERENCIA: “ANTROPOLOXÍA DA ARTE RUPESTRE. O PATRIMONIO INMATERIAL”

Este xoves teño o gusto de compartir unha conferencia co meu amigo e admirado Buenaventura Aparicio Casado. Neste acto, organizado polo Ateneo de Pontevedra, intentaremos achegar outra ollada sobre a nosa arte rupestre: a ollada da antropoloxía.

Mitos, lendas, crenzas e incluso ritos atoparon nos petróglifos galegos a base material sobre a que construirse. A arte rupestre é, pois, o lenzo pétreo sobre o que ao longo do tempo o noso pobo foi pintando todo un universos simbólico de crenzas que hoxe en día nos ofrecen un marabilloso exemplo da cosmovisión da nosa sociedade tradicional.

Quen os fixo?, que son?, que agochan?, para que servían?, existen tesouros baixo eles? para respostar a estas e moitas outras preguntas o pobo elaborou o seu discurso propio e independiente do académico ou arqueolóxico pero igualmente valioso dende un punto de vista antropolóxico. A estas cuestións intentarenos responder tomando como base a visión que tiña o pobo deste legado do noso pasado.

Como sempre, quedan todos convidados.

“Antropoloxía da arte rupestre. O patrimonio inmaterial”

Relatores: Buenaventura Aparicio Casado (doutor en Historia) e Rafael Quintía Pereira (antropólogo)

Día: xoves, 16 de febreiro de 2017

Hora: 20:00

Lugar: Salón de Actos da Casa das Campás (rúa de Don Filiberto, 9-11)

cartel-arte-rupestre

ACTUALIZACIÓN DO POST: FOTOS DO ACTO

img-20170217-wa0007

img-20170217-wa0009

escanear0003

A %d blogueros les gusta esto: