“A PEDRA DO FUNDAMENTO” Música inspirada na mitoloxía galega

A pedra do fundamento

Acaba de ver a luz un traballos que o compañeiro João Bieites e un servidor levabamos moito tempo cociñando, a lume manso como se fan as cousas con cariño e paixón.

O Cd que hoxe presentamos, “A Pedra do Fundamento”, é un traballo discográfico inspirado na mitoloxía galega. Ese mundo tan fascinante e poderosos que tan pouco se valora e que tanto risco corre de desaparecer.

O presente traballo musical recolle dez anos de composicións nunha escolma de 29 temas compostos uns para bandas sonoras de documentarios e outros inéditos, pero todos eles co fío condutor da nosa mitoloxía e unha sonoridade achegada, fundamentalmente, á música folque.

O disco, para quen defendemos e cremos na autoxestión e no traballo artesanal, foi composto, interpretado, gravado e producido por nós mesmos. Cómpre tamén lembrar que nalgúns dos temas contamos coa colaboración de bos e xenerosos amigos como Francisco Sutil, Antonio Vázquez, Alexandre Leiro, Xosé Feijoo, Rosalía Rodríguez ou César Martínez.

O arduo e minucioso labor de gravación, mestura e edición correu a cargo do compañeiro  João Bieites. A magnífica maquetación e deseño da portada e libreto do CD foi obra do deseñador gráfico Miguel-Ângelo Bieites e os textos de quen aquí escribe.

Só agardo que a música sexa do voso gusto e que, cando menos, a algún de vós logre transportalo  ao mundo da nosa tradición oral.

Deixo un par de temas do disco para que poidade escoitar libremente.

O POZO DA MOURA

OS CAVALEIROS DA CHUVA

1

2

A pedra do fundamento

A pedra do fundamento

4

%d bloggers like this: