“A PEDRA DO FUNDAMENTO” Música inspirada na mitoloxía galega

A pedra do fundamento

Acaba de ver a luz un traballos que o compañeiro João Bieites e un servidor levabamos moito tempo cociñando, a lume manso como se fan as cousas con cariño e paixón.

O Cd que hoxe presentamos, “A Pedra do Fundamento”, é un traballo discográfico inspirado na mitoloxía galega. Ese mundo tan fascinante e poderosos que tan pouco se valora e que tanto risco corre de desaparecer.

O presente traballo musical recolle dez anos de composicións nunha escolma de 29 temas compostos uns para bandas sonoras de documentarios e outros inéditos, pero todos eles co fío condutor da nosa mitoloxía e unha sonoridade achegada, fundamentalmente, á música folque.

O disco, para quen defendemos e cremos na autoxestión e no traballo artesanal, foi composto, interpretado, gravado e producido por nós mesmos. Cómpre tamén lembrar que nalgúns dos temas contamos coa colaboración de bos e xenerosos amigos como Francisco Sutil, Antonio Vázquez, Alexandre Leiro, Xosé Feijoo, Rosalía Rodríguez ou César Martínez.

O arduo e minucioso labor de gravación, mestura e edición correu a cargo do compañeiro  João Bieites. A magnífica maquetación e deseño da portada e libreto do CD foi obra do deseñador gráfico Miguel-Ângelo Bieites e os textos de quen aquí escribe.

Só agardo que a música sexa do voso gusto e que, cando menos, a algún de vós logre transportalo  ao mundo da nosa tradición oral.

Deixo un par de temas do disco para que poidade escoitar libremente.

O POZO DA MOURA

OS CAVALEIROS DA CHUVA

1

2

A pedra do fundamento

A pedra do fundamento

4

Advertisements

Unha resposta

  1. Caro Rafa: Precisava ver-te para três cousas:

    1- Comprar-che um exemplar do Fol de Veleno onde está o meu trabalho da não existência do graal na bandeira sueva (tive que presentear o meu exemplar e fiquei eu sem ele).

    2- Comentar-che algo sobre a vossa futura publicação na rede desse texto, pois há três parâgrafos com algum erro na redação e queria comentar-chos para que saíssem bem na sua versão digital.

    e

    3- Comprar-che esse disco formoso que acabas de fabricar junto com o Bieites.

    E ainda há uma

    4- Dar-vos um abraço se vieres com o Miguel que há tempo que não nos vemos.

    Abraço grande

    ________________________________ De: Á Sombra de Bouza Panda Enviado: sexta-feira, 24 de março de 2017 18:27 Para: barbosa_gz@hotmail.com Assunto: [Artigo novo] “A PEDRA DI FUNDAMENTO” Música inspirada na mitoloxía galega

    asombradebouzapanda posted: ” Acaba de ver a luz un traballos que o compañeiro João Bieites e un servidor levabamos moito tempo cociñando, a lume manso como se fan as cousas con cariño e paixón. O Cd que hoxe presentamos, “A Pedra do Fundamento”, é un traballo discográfico inspirado “

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: