PUBLÍCASE “UNIVERSOS SIMBÓLICOS. OLLADAS AO REDOR DA CULTURA E DA IDENTIDADE GALEGA”.
Para rematar o ano coa forza coa que o empezamos, velaquí o meu último e derradeiro libro do 2017: “Universos simbólicos”. Un compendio de textos cuxa temática xira en torno a diferentes aspectos da cultura galega e, xa que logo, dos diferentes elementos constituíntes da nosa identidade como pobo. Nas páxinas deste libro intento achegar ao lector a cuestións que teñen que ver coas ideas máxico-relixiosas da cultura galega; percorremos, entre outros, aspectos da nosa mitoloxía, do simbolismo, das nosas crenzas máis íntimas, dos nosos medos, do papel da lingua nunha cultura, ou intento responder, por exemplo, a cuestións tan tópicas como a de por que os galegos responden cunha pregunta, sen deixar atrás temas relacionados co noso entramado social. En definitiva, unha ampla e holística ollada a algunhas das moitas caras que presenta a cultura galega.
Quero amosar o meu agradecemento ao amigo e colega o antropólogo José Luis Cardero por ter feito un magnífico prologo que, sen dúbida, engalana este traballo.
A partir deste venres 22 de decembro o libro estará dispoñible nas librerías de Pontevedra, e pouco a pouco en librerías das catro provincias do país. Se alguén está interesado tamén pode pedir o libro por correo contactando coa editorial AB ORIGINE Edicións no seu email info@aborigine.es.
Datos técnicos:
Autor: Rafael Quintía
Editorial: AB ORIGINE Edicións
Impresión: branco e negro
Tamaño: 23×16
326 páxinas
Ano: 2017
I.S.B.N. 978-84-947844-0-8
PVP: 18 €
Posted on 21 Decembro 2017, in 01. ANTROPOLOXÍA E ETNOGRAFÍA, 09. NOVAS. Bookmark the permalink. 2 Comentarios.
Enhoraboa Rafa. Un magnifico traballo. Apertas
José L. Cardero
Moitas grazas José Luis, e grazas polo prólogo. Unha aperta