Monthly Archives: Abril 2018

ACTIVIDADE CULTURAL “MARIÑA: DE DEUSA A SANTA”

Mañá terei o pracer de participar nesta actividade organizada pola S. Coop. Galega Xeitura. Xestión integral do patrimonio cultural. Se non tendes plan para este sábado e apetécevos saír na procura do mito de Santa Mariña a cita comeza ás 12h da mañá no Espazo BenComún de Allariz, onde presentaremos o meu libor “Mariña: de deusa a santa” e darei unha charla ao respecto. Continuaremos pola tarde en Santa Mariña de Augas Santas facendo un roteiro antropolóxico polas xeografías míticas e arqueolóxicas vencelladas á haxiografía de Santa Mariña e moitas historias máis.

29684188_231201060790528_4494398668809199614_n

PRESENTACIÓN DO MEU LIBRO “UNIVERSOS SIMBÓLICOS” EN MARÍN

Este venres no Museo Manuel Torres de Marín. Moitas grazas aos amigos e ás amigas de Queremos Galego Marín por organizar esta presentación do meu último libro, “Universoso simbólicos”.

presentación universos simbólicos

 

A %d blogueros les gusta esto: