PATRIMONIO INMATERIAL DE BEMIL

Deixo aquí o PDF do libro “Patrimonio inmaterial de Bemil”. Libro colectivo que inclúe o meu traballo “A Fonte do Anghenido de Bemil. Ritos e tradicións ao redor dun manancial curativo“. (pp.70-123), xunto cos traballos de Daniel Seijas, Elena Cabreja e Jesús González.

ENLACE DESCARGA LIBRO:

patrimonio inmaterial de bemil

librobemil

Este libro foi promovido polas Comunidades de Montes Veciñais da parroquia de Santa María de Bemil (Comunidade de Montes Veciñal en Man Común de Bemil e Comunidade de Montes Veciñal en Man Común de Paradela), e contou coa colaboración do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), e de A Citania S.L.- Xestión de Patrimonio

Na presente obra preténdese recoller parte do patrimonio inmaterial da parroquia, un patrimonio extremadamente fráxil por ser fundamentalmente de transmisión oral. Elexíronse, para facer o estudo e divulgar a través deste libro, tres exemplos paradigmáticos do noso territorio: a emblemática Festa do Ramo, as reliquias de San Xusto Mártir (que aínda que son elementos materiais teñen asociado un interesante proceso social de adquisición, rexistro cerimonial e incorporación á liturxia) e o ritual curativo da fonte do Anghenido.

CONTIDOS:

O “RAMO” DA NOSA SEÑORA E O SANTÍSIMO SACRAMENTO NA PARROQUIA DE SANTA MARÍA DE BEMIL. AUTOR: Daniel Seijas LLerena

AS RELIQUIAS DA PARROQUIA DE SANTA MARÍA DE BEMIL E O LIBRO DE SAN XUSTO. AUTORES: Elena Cabrejas e Jesús González Crespo

A FONTE DO ANGHENIDO DE BEMIL. RITOS E TRADICIÓNS AO REDOR DUN MANANCIAL CURATIVO. AUTOR: Rafael Quintía Pereira

Advertisements

Posted on 10 Xaneiro 2019, in 01. ANTROPOLOXÍA E ETNOGRAFÍA, 09. NOVAS. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: