Author Archives: asombradebouzapanda

CONFERENCIA EN CERPONZÓNS: ETNOMEDICINA E RITUALÍSTICA PROTECTORA

Este venres 15 ás 21h falaremos na casa do pobo de Cerponzóns sobre a ritualística protectora e curativa na cultura tradicional galega. Un acto programado dentro do Ciclo de conferencias do Milenario de Cerponzóns.

protección

DOCUMENTAL “MUÍÑOS, A MEMORIA DA AUGA”. Visionado online.

Deixo aquí, para o seu visionado libre,  o documental sobre os muíños que fixemos no 2016 dende a Sociedade Antropolóxica Galega e coa colaboración do Concello de Pontevedra-Concellería de Patrimonio. Un traballo audivosual sobre a historia e a etnografía dos muíños galegos de río, con dirección e guión do que aquí escribe, coa execelente realización do meu compañeiro João Bieites, as recreacións en 3D de Miguel-Ângelo Bieites, a voz de Paz Castro e a marabillosa música de Carmen Gallego e César Loureiro. Aproveito para reiterar as grazas a todos aqueles amigos, veciños, informantes (transmisores) e demais colaboradores que fixeron posible este traballo.

AS MÁZCARAS XIRÓVAGAS DAS TERRAS DE MANZANEDA. UNHA DANZA PARA MOVER O MUNDO

O meu artigo no especial do Entroido do Caderno de  Campo 2019. Un achegamento ao carácter simbólico da danza xiróvaga das Mázcaras das terras de  Manzaneda.

boletin_Página_024

boletin_Página_025

boletin_Página_026

boletin_Página_027

boletin_Página_028

boletin_Página_029

boletin_Página_030

boletin_Página_031

boletin_Página_032

boletin_Página_033

boletin_Página_034

boletin_Página_035

boletin_Página_036

boletin_Página_037

boletin_Página_038

boletin_Página_039

 

boletin_Página_001

Volvemos a editar “Caderno de campo. Boletín informativo da Sociedade Antropolóxica Galega”. E facémolo cun número especial sobre o Entroido que compendia oito artigos de diferentes investigadores socios e colaboradores da SAGA, dúas reportaxes fotográficas dos nosos fotógrafos colaboradores Pedro G. Losada e Roberto de la Torre, así como a última e inédita crónica do noso compañeiro, recentemente falecido, Ángel Gilberto Martínez “Papigil”, a quen dedicamos esta publicación. Esperemos que esta revista sexa do voso interese.

VISIONADO ON LINE E DESCARGA.CONSULTE NESTA LIGAZÓN O CADERNO DE CAMPO 2019. ESPECIAL ENTROIDO:

CADERNO DE CAMPO 2019 ESPECIAL ENTROIDO

 

 

boletin_Página_005boletin_Página_004

boletin_Página_100

ANUARIO FOL DE VELENO Nº3 en liña

Pulsar sobre a imaxe para ver o anuario en liña.

%d bloggers like this: