Category Archives: 04. RELATOS, POEMAS E PARTITURAS

O POEMARIO “Á SOMBRA DE BOUZA PANDA” NO PROGRAMA DE RADIO OBRADOIRO “O SOMBREIRO DE MERLÍN”

Este sábado, de 12 a 13h no programa radiofónico “O Sombreiro de Merlín” de Radio Obradoiro, presentarase o meu poemarío  “Á  sombra de Bouza Panda”. Moitas grazas á súa directora Alicia López por terme convidado ó programa.

224999_103215563101309_2873353_n

O SOMBREIRO DE MERLÍN

Sábado (12:00 a 13:00)

Alicia López

Alicia López

Alicia López

Programa literario

O Sombreiro de Merlin é un programa de carácter literario e cultural, que se emite os sábados entre as 12.00 e as 13.00 horas. Defíneo o noso desexo de irmanar as artes, as ciencias e as humanidades co fío conductor do mundo da escrita. Polo noso espazo pasan artistas, profesores, científicos e xente da rúa que no medio do súa vida cotidián fan un oco para as artes e as letras. Interésanos a parte humana e vivencial da creación literaria e artística en xeral. O programa desenvólvese a través dunha entrevista á que segue unha tertulia sobre o tema cultural do día, no marco dun diálogo aberto. A música forma parte sempre de O Sombreiro de Merlín, onde escoitamos pezas que enmarcan o tema ou o autor do día.

O título do programa fai referencia ao mago Merlin, como coñecedor que foi das linguaxes, e o seu Sombreiro é o símbolo do recipiente no que todo cabe e no que calquera cousa se pode atopar. Esa idea de pluralidade, encantamento e sorpresa foi a idea que inspirou este espazo.

O POEMARIO “Á SOMBRA DE BOUZA PANDA” NA REVISTA DO DIARIO DE PONTEVEDRA

PUBLICADO HOXE (31/03/2013) NA SECCIÓN “ANAQUEL DOS LIBROS” DO SUPLEMENTO REVISTA DO DIARIO DE PONTEVEDRA.

poemario Diario

O POEMARIO “Á SOMBRA DE BOUZA PANDA” NO DIARIO DE PONTEVEDRA

No Diario de Pontevedra

diario de pontevedra poemario

diario de pontevedra poemario 2

PRESENTACIÓN DE “Á SOMBRA DE BOUZA PANDA. Poemario de trincheira e maldizer”

O vindeiro luns 18 de marzo ás 20h na Fundación Cuña-Casasbellas de Pontevedra presentarase o meu poemario “Á sombra de Bouza Panda. Poemario de trincheira e maldizer”. Estades todos convidados!!

PRESENTACIÓN POEMARIO

PUBLÍCASE “Á SOMBRA DE BOUZA PANDA. Poemario de trincheira e maldizer”

Despois de moito tempo madurecendo entre arañeiras no fondo dun caixón e tras a insistencia dalgunhas amigas que me animaron sacalo do exclusivo ámbito paterno-filial,  aquí esta a criatura: Á Sombra de Bouza Panda. Poemario de trincheira e maldizer”.

escanear0009

Vaia por diante que nin son poeta nin pretendo selo, nin sequera aspiro a selo algún día. As miñas inquedanzas literarias, como ben sabedes, transitan polo carreiro do ensaio e a miña aventura poética nace como a guerra de guerrillas: atacar e retirarse. Pero a poesía é unha ferramenta  moi potente, entre outras cousas, para canaliza-la carraxe, a rabia ou a resignación de quen observa impotente e con certa lucidez a chegada dos Xinetes da Apocalipse. Así que, velaí vai este feixe de poemas desvergonzados, da hermenéutica ó exabrupto, pura catarse. Agardo saibades desculpa-la ousadía.

Por certo, o cadro da portada é do meu amigo e magnífico pintor Francisco Sutil.

Se a algún está interesado, o poemario está dispoñible a través da web do editor, a quen lle agradezo a confianza e o risco de publicalo:

 http://www.eltallerdelpoeta.com/

Por suposto, se alguén o prefire, tamén pode contactar conmigo a través desta bitácora virtual.

TÍTULO: Á sombra de Bouza Panda

AUTOR: Rafael Quintía Pereira

ISBN:  978-84-940996-1-8

A %d blogueros les gusta esto: