Category Archives: 10. SAN MARTIÑO DE SALCEDO

“MONTE DAS CROAS: ANTROPOLOXÍA DUN CASTRO”. O meu novo libro

capa monte das croas

Xa está na rúa e acabado de saír do prelo o meu novo traballo: “Monte das Croas: antropoloxía dun castro”. Este libro, publicado dentro da colección de Monografías da Sociedade Antropolóxica Galega, recolle outra visión do noso patrimonio arqueolóxico, outro xeito de estudalo e de ollalo: a visión da antropoloxía. Quero agradecerlle a colaboración neste libro ao amigo e arqueólogo Israel Picón que achega no primeiro capítulo da monografía un percorrido retrospectivo polo que foron os diferentes traballos arqueolóxicos no castro das Croas ao longo das dúas últimas décadas.Agardo que o traballo sexa do voso interese e en breve estará disponible nas librerías habituais coas que traballa a SAGA ou ben a través da súa web ou mesmo escribindo a este blog.

Datos técnicos:
Autor: Rafael Quintía Pereira
Editorial: Sociedade Antropolóxica Galega
Impresión: branco e negro
Tamaño: 21×13.5
136 páxinas
Ano: 2016
I.S.S.N. 2341-0353

PVP: 12 €

TRAILER DE “MUÍÑOS, A MEMORIA DA AUGA”

capa muíños

ESTREA DO DOCUMENTARIO “MUÍÑOS, A MEMORIA DA AUGA”

Este xoves ás 20h na Casa Social de Salcedo (Pontevedra). Alí nos vemos para gozar desta viaxe pola nosa cultura a través dos muíños: a memoria da auga.

estrea moinhos

“MUÍÑOS, A MEMORIA DA AUGA”

Velaiquí o noso novo traballo audiovisual. O vindeiro xoves 2 de xuño ás 20h estrearémolo en Salcedo. Dende aquí o meu agradecemento a todas as persoas que colaboraron neste proxecto achegando o seu coñecemento e lembranzas vitais. A Daniel Blanco polas súas explicacións, a Carmen e Cesar pola fantástica banda sonora, a Paz por volver a prestarnos a súa voz, a Miguel-Ângelo polo traballón 3D e ao concello de Pontevedra e, en especial ao seu concelleiro de Patrimonio Histórico Luís Bará, por considerar que este traballo etnográfico tiña o valor suficiente como para financiar a súa realización.

capa muíños

contra capa muíños

SINOPSE:

Os muíños son uns dos elementos etnográficos máis senlleiros e identificativos da paisaxe cultural e natural de Galiza. Construcións vencelladas á vida agraria cuxa función foi fundamental para a supervivencia das xentes e para o desenvolvemento económico da sociedade. Os muíños de río eran auténticas fábricas de maná, que en forma de fariña facían posible a fabricación do pan, alimento básico na dieta dos labregos.

Ester novo documental da Sociedade Antropolóxica Galega achéganos á historia dos muíños de río, á súa arquitectura e funcionamento, aos seus usos e costumes, ao patrimonio inmaterial a eles vencellados e ao papel económico e social que xogaron nas comunidades agrarias galegas ao longo do tempo.

FICHA ARTÍSTICA:

DIRECCIÓN: Rafael Quintía

GUIONISTA: Rafael Quintía

REALIZACIÓN: João Bieites

GRAVACIÓN E MONTAXE: João Bieites

RECREACIÓN 3D: miguel-Ângelo Bieites

VOZ EN OFF: Paz Castro

MÚSICA: Carmen Gallego e César Loureiro

PRODUCIÓN: Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA)

FICHA TÉCNICA:

PRODUTORA: Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA). Un documental realizado co finanzamento do Concello de Pontevedra, Concellería e Patrimonio Histórico.

TÍTULO ORIXINAL: “MUÍÑOS, A MEMORIA DA AUGA”

TIPO: Documental

XÉNERO: Etnográfico

Produción propia realizada a cor

ANO: 2016

DURACIÓN: 93 minutos aprox.

ORIXE: Galiza

IDIOMA V. O.: Galego

III XORNADAS SOBRE MONTES COMUNAIS. SALCEDO

Esta fín de semana celébranse na parroquia de Salcedo (concello de Pontevedra) as “III Xornadas sobre Monts Comunais”. O sábado, un ciclo de conferencias que teño o gusto de presentar e o domingo a “IV Saída de Amigos do Monte”. Unha boa oportunidade para achegarse ao mundo do monte comunal en Galicia e tamén para facer un pouco de exercicio no roteiro onde coñeceremos de primiera man parte esta realidade, así como parte do patrimonio natural, arqueolóxico e etnográfico que atesouran os nosos montes.Quedan vostedes convidados.

salcedo cartel final

salcedo triptico final

salcedo triptico final portada

 

 

A %d blogueros les gusta esto: