PREMIO DE INVESTIGACIÓN “XERMADE NA HISTORIA”
Veño de recibir a notificación de que fun galardoado co primeiro premio do Premio de Investigación “Xermade na Historia”. O xurado tivo a ben considerar que o meu traballo “A ABOREADA DAS MÁZCARAS. Estudo histórico e antropolóxico dos Entroidos tradicionais de Xermade” era merecedor de tal premio, o cal agradezo enormente aos membros e ás membros do xurado.
Nestes tempos difíciles que estamos a vivir, unha alegría deste tipo agradécese máis ca nunca e dá un pouco de normalidade ás nosas vidas. Así que non podo estar máis contento e agrdecido. Primeiro polo galardón en si, e despois pola relación afectiva que teño dende hai anos coas boas xentes de Xermade, onde atopei un pobo xeneroso, hospitalario e cariñosos que fan que, para min, Xermade, sexa coma unha segunda casa, onde como aínda mellor ca na miña, todo sexa dito. Así que síntome especialmente feliz e honrado por recibir este premio.
Quero agradecer á organización do premio por manter vivas inciativas coma esta, tan importantes e necesarias para o fomento da investigación histórica e antropolóxica da nosa terra, e anímoos a seguir traballando así de ben.
Agradezo por último, pero non por iso con menos intensidade e débede, a todos os veciños e as veciñas que me axudaron e tiveron a ben facerme depositario dos seus saberes nestes últimos seis anos de traballo de campo. Moitas grazas.
O documental “LUPA. NA PROCURA DO MITO DA RAÍÑA LOBA” on line
Aquí deixo a ligazón para o visionado do documental “Lupa. Na procura do mito da Raíña Loba”, que fixemos no 2018 dende Ab Origine. Antropoloxía. Un proxecto audiovisual divulgativo entre o documental etnográfico e “aventura” que disfrutamos moito facendo e que agardo que vos guste.
SINOPSE:
“Lupa: Na procura do mito da Raíña Loba” é un proxecto audiovisual para a divulgación do noso patrimonio cultural. Unha aventura na que percorremos todo o país na procura dun dos mitos máis significativos da nosa cultura: o mito da raíña Lupa e da traslación do apóstolo Santiago. Unha viaxe fascinante polo noso patrimonio material e inmaterial, por montes sagrados, covas misteriosas, cidades asolagadas e moitas das paisaxes naturais e míticas que fan deste país unha auténtica xoia cultural.
FICHA ARTÍSTICA/TÉCNICA:
Título: Lupa. Na procura do mito da Raíña Loba.
Tipo: Documental etnográfico e histórico
Guión e Dirección: Rafael Quintía
Realización e edición: Miguel Alonso Cambrón
Produción: Ab Origine
Colaboran: Concello de Pontevedra, Concello de Boqueixón, Concello de Carnota, Cervexas Nasa, Vermú Petroni e Grupo Donoso
Ano: 2017
Duración: 73 minutos aprox.
VISIONADO ONLINE:
CONFERENCIA EN CERPONZÓNS: ETNOMEDICINA E RITUALÍSTICA PROTECTORA
Este venres 15 ás 21h falaremos na casa do pobo de Cerponzóns sobre a ritualística protectora e curativa na cultura tradicional galega. Un acto programado dentro do Ciclo de conferencias do Milenario de Cerponzóns.
DOCUMENTAL “MUÍÑOS, A MEMORIA DA AUGA”. Visionado online.
Deixo aquí, para o seu visionado libre, o documental sobre os muíños que fixemos no 2016 dende a Sociedade Antropolóxica Galega e coa colaboración do Concello de Pontevedra-Concellería de Patrimonio. Un traballo audivosual sobre a historia e a etnografía dos muíños galegos de río, con dirección e guión do que aquí escribe, coa execelente realización do meu compañeiro João Bieites, as recreacións en 3D de Miguel-Ângelo Bieites, a voz de Paz Castro e a marabillosa música de Carmen Gallego e César Loureiro. Aproveito para reiterar as grazas a todos aqueles amigos, veciños, informantes (transmisores) e demais colaboradores que fixeron posible este traballo.
AS MÁZCARAS XIRÓVAGAS DAS TERRAS DE MANZANEDA. UNHA DANZA PARA MOVER O MUNDO
O meu artigo no especial do Entroido do Caderno de Campo 2019. Un achegamento ao carácter simbólico da danza xiróvaga das Mázcaras das terras de Manzaneda.