AUTOR

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Rafael Quintía Pereira
-Licenciado en Antropoloxía Social e Cultural
-Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais

-Master Universitario en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas, na especialidade de Ciencias Sociais. Xeografía e Historia

CONTACTO:
abouzapanda@gmail.com

Rafael Quintía Pereira. (Vigo, 1971). Licenciado en Antropoloxía Social e Cultural, Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais, escritor, documentalista e músico tradicional. Traballa como antropólogo profesional na empresa AB ORIGINE, da que é socio fundador. É membro fundador e presidente da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) e vicepresindente da Asociación Galega de Antropoloxía (AGANTRO). Tamén foi membro fundador do Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca e leva 29 anos vencellado ao asociacionismo e á dinamización sociocultural.

Gañador da VI edición do Premio de Investigación Xermade na Historia (2019) polo traballo  A ABOREADA DAS MÁZCARAS. Estudo histórico e antropolóxico dos Entroidos tradicionais de Xermade.

Gañador da XVIII  edición do Premio de Investigación Ferro Couselo (2017) polo traballo Vade retro. Ritualística protectora, obxectos curativos e uso de amuletos na cultura popular galega.

Gañou a XVI edición do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio (2016) polo seu traballo Mariña, de deusa a santa. A advocación de santa Mariña na cristianización da Gallaecia.

Gañou a XX edición do Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais (2015) polo seu traballo Análise estrutural e simbólica do mito da moura galega.

Gañou a III edición do Premio de investigación Luís Cuadrado (2010) polo seu traballo A Nosa Señora da Lanzada. Estudio antropológico de un santuario marítimo.

É autor de maís dunha ducia de ensaios, entre eles:

  • Heichas contar. Contribución ao corpus mitolóxico galego (2019)
  • Vade retro. Ritualística protectora, obxectos curativos e uso de amuletos na cultura popular galega (2018)
  • Universos simbólicos. Olladas ao redor da cultura e da identidade galega (2017)
  • A Linguaxe das Campás. Etnografía dos sinos (2017)
  • Mariña. De deusa a santa (2017)
  • Monte das Croas. Antropoloxía dun castro. (2016)
  • Análise estrutural e simbólica do ito da Moura. (2016)
  • La historia de Galicia en 50 lugares. (2015)
  • Uso simbólico do cuarzo na cultura galega. Aspectos etnográficos e arqueolóxicos. (2015)
  • Patrinonio Inmaterial de San Martiño de Salcedo. Lendas, historias e crenzas. (2014)
  • Alicornio. O poder do corno de unicornio na medicina tradicional galega (2013)
  • A Nosa Señora da Lanzada. Antropología de un santuario costero (2011)
  • Deuses, Mitos e Ritos do Monte do Seixo. Unha proposta interpretativa en clave céltica. (2010)

Outras obras:

  • Á Sombra de Bouza Panda. Poemario de escarnio e maldizer. (2013)

Foi coordinador do libro:

  • Achegas ao Patrimonio Inmaterial galego (2018)

Colaborou tamén nas obras:

  • Albión galaica. Unha viaxe polas antigüidades e tradicións de Gales e Inglaterra. Miguel Losada (2015)
  • Monte do Seixo, reivindicación da Montaña Máxica. Calros Solla (2007)

E nas obras colectivas:

  • O Patrimonio Inmaterial de Bemil (2018)
  • Galicia Encantada. O país das mil e una fantasías. Edición de Antonio Reigosa. (2015)
  • Catálogo guía do Espazo natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños (2015)
  • As pontes de Pontevedra (2013)
  • PoemaRio do Gafos (2012)

É autor, ademais, de numerosos artículos etnográficos, antropolóxicos e históricos publicados en distintas revistas de investigación e divulgación. (Revista Cedofeita, Revista Adina, Revista Alento, Caderno de Campo, Fol de Veleno. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza, Revista Electrónica de Investigación Galicia Encantada, Boletín de AEDAR. Publicación da Asociación de Profesionales de la Narración Oral de España, etc).

Algúns dos artigos e traballos están dispoñibles na web: https://antropoloxiagalega.academia.edu/RafaelQuint%C3%ADa

Dirixe a publicación Fol de Veleno. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza, cabeceira que fundou no ano 2006. É codirector da colección Monografías da Sociedade Antropolóxica Galega e realiza labores de coordinación e redacción da publicación Caderno de Campo. Boletín informativo da Sociedade Antropolóxica Galega. Tamén é fundador e director de Canxar. Revista de fotografía etnográfica.

Asemade, ten colaborado con diferentes xornais como o Diario de Pontevedra, La Voz de Galicia, Sermos Galiza ou Galicia Confidencial, ademais de ser colaborador en medios de radio e de televisión.

É director e guionista dos documentais:

  • Lupa. Na procura do mito da raíña Loba (2017)
  • Madamas e Galáns. Historia do Entroido de Cobres (2016)
  • Muíños, a memoria da auga (2016)
  • Comuneiros. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo (2011)

É co-director e/ou co-guionista dos documentais:

  • Terra das marabillas (2015)
  • Noite de Reis cos Chichisos (2012)
  • Sete Camiños, encrucillada do tempo (2011)
  • Monte do Seixo, a Montaña Máxica (2009).

Guía habitual en roteiros culturais de contido etnográfico, histórico e arqueolóxico e é creador dos itinerarios culturais Meu Pontevedra: Castelao en Salcedo, Roteiro histórico-mitolóxico de San Martiño de Salcedo e Roteiro das Mouras.

No eido musical cabe salientar os seus traballos de composición. É autor da banda sonora da curtametraxe A Fenda (1996) e do documental Sete Camiños. Encrucillada do tempo (2011). Tamén compuxo, xunto a João Bieites, a banda sonora dos documentais Monte do Seixo. A Montaña Máxica (2009), A loita pola luz (2010) e Comuneiros. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo (2011).

Foi membro fundador do grupo de rock Cromlech (1991). En 1994, xunto con Cesar Martínez, Toño Vázquez e Paco Sutil forma o grupo de música tradicional Os Chichisos co que teñen publicado o traballo discográfico “Feito na casa” (2015). Entre os anos 2004 e 2006 formou parte do grupo folk Rabisaco. No 2017 publica con João Bieites o traballo discográfico “A Pedra do Fundamento. Música inspirada na mitoloxía galega”.

  1. Boas,gustariame saber onde podo conseguir a revista fol de veleno e se é posibel suscribirse.

    Grazas e un saúdo

    • Como acaba de sair hai unha semana aínda estamos contactando coas librerías onde pola a venda. Por agora está na librería “Nós” de Sanxenxo pero en breve porase a venda en Pontevedra, Santiago, Lugo e noutras cidades de Galicia. Namentres non amañamos todo o tema da distribución tamén se pode adquirir contactando por email co Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca no enderezo serpebichoca@yahoo.es.

      un saúdo

  2. Pedida está, e xa de paso o libro e o documental do monte do seixo.Xa teño ganas de ler a revista,era hora de que un proxecto coma este se lebase a cabo.Agardo que teñades moito éxito,deste xeito tamén a nosa cultura o terá.

    Grazas e un saúdo

  3. Non sei se chegou a nosa petición do sitio onde podemos atopar a musica dos cantos de berce.
    Podesnos dicir onde ou como conseguila?
    Grupo de canto e pandereta E Dalle!

  4. Son fotografo e fago fotos sobre etnografia,costumbres,danzas brancas,curros,etc de Galicia,si necesitades un colaborador,non deixedes de comunicalo
    Saudos.

  5. Max, se atopades algo facei o favor de mandarlle algo de musica a esta xente para que se saiba que Galicia tamén ten unha personalidade de seu do mesmo xeito que España, Cataluña ou Pais Vasco que como vedes aparecen nun mesmo plano ” administrativo”
    Saude

    http://www.mamalisa.com/?t=e_cont&c=8

  6. Un cordial saludo Rafael. Estoy descubriendo su blog y me parece de lo mas interesante que he visto.
    Un fuerte abrazo.

  7. La reina de las nieves

    Me interesa tu libro, podrías decirme donde conseguirlo. Soy de Madrid y me temo que no podré ir a su presentación.
    Un saludo.

  8. Estimado Rafael, no es la primera vez que veo esta maravillosa página tuya, con unas fotos esplendidas. Me gustó mucho ese testimonio que te dieron de un tunel debajo de la capilla de la Ascensión. No tengo una visión mágica ni mítica del mundo, pero me doy cuenta de que ese lugar es mágico y queda mucho por decir de lo que ahí se esconde. Cuando yo recorría ese lugar con Manoliño Neno y Herminio a finales de los años sesenta nos encantaba ese entorno, buscábamos huecos, vestigios, objetos y todo lo que fuera extraño. Una vez fui, hacia 1963, con mis padres a la romería que se celebraba en ese lugar, y dimos una vuelta alrededor de esa roca con cirios encendidos. Luego hubo una merienda que aún recuerdo (con borracho bailando incluido). Muchas veces siendo niño subí por ese hueco que está al lado de los escalones de hierro, para salir dos metros más arriba ya sobre la roca, y por supuesto que exploré la pequeña cueva que hay debajo del mirador que está frente a la reja de la ermita, te diré que entré con una pequeña linterna y la escopeta de perdigones, por esos fantasiosos temores que tienen los adolescentes de catorce años. Es una cueva que no tiene ni cuatro metros de fondo, ascendente, termina en un hueco mínimo, justo debajo de unos postes que cierran la parte superior. Son los mismos postes que forman parte del suelo de la terraza que está delante de la ermita, junto a la barandilla y entre ellos se filtra en la cueva un poco de luz. No hablo de oídas, estuve allí. Pero hay otras cosas que debes saber. Creo que ese entorno fue un antiguo santuario precristiano, dedicado a un númen, a una deidad desconocida, se puede especular con Cal-leich, mercurio, Diana o los dioses romanos de los bosques. Luego se cristianizó, y mucho más tarde se hicieron las obras que ahora pueden verse. Existen unas pequeñas ruinas, apenas un muro recto, no castreño, que es mejor no indicar su ubicación para que siga como está. En esos montes se han visto delgados carballos o robles que han sido abiertos con cuñas y luego atados con ropa de niños, consecuencia del “rito del herniado” que en los años sesenta se celebraba y puede que hoy también. En cuanto al rito de “virar a pedra” (ya sabes, para pedir que llueva o deje de llover) solo he oido rumores, pero esa piedra que has fotografiado me da que pensar. En cuanto a que en el lugar hubo un poblado castreño estoy convencido de que así es, pero no he conseguido ver edificaciones circulares, aunque es cierto que toda la zona fue cantera. En cuanto a pequeños fragmentos de vasijas te diré que han aparecido y no son difíciles de encontrar, es posibe que se deba a antiguas ofrendas de carácter religioso. En los últimos cincuenta años no se ha excavado nada por los alrededores y no hay noticias de un posible yacimiento. El conocimiento de la zona y mi intuición me dice que ese lugar tiene mucha historia escondida, indudablemente poco espectacular, pero nada explorada. Es otro lugar mágico de Galicia, cuando lo visitamos de noche nos hace intuir un lugar poblado por seres inmateriales, sin tiempo, sin topografía, que están cercanos a nosotos para recordarnos que siguen existiendo sin problemas, y que lo único que los mantiene algo agitados es que un día tuvieron una historia y una vida.

    • asombradebouzapanda

      Moitas grazas Gonzalo polas túas palabras e por todo o que nos contas. Cousas de grande valor etnográfico e que forman parte esencial da nosa cultura e do que somos hoxe en día.e por suposto que é para min un honor coñecer a alguén que entrou no “tunel dos mouros” e saiu para contalo. Nunca debemos perder a maxia dos noso relatos orais, é a nosa auténtica literatura popular. Unha aperta.

  9. Quisiera añadir algo más: mi último libro se titula: Almas, demonios y seres evanescentes, mitos y mundos en el Siglo de Oro, Editorial Miraguano, 2011. (280 pp.). Es un ensayo sobre nuestra tradición espiritual o espectral. Debo insistir en que es un ensayo, producto de una larga labor de investigación en fuentes de la literatura antisuperscticiosa católica y en otros recursos documentales; no se trata de una novela ni un cuento, ni apología católica, se aproxima a la antropología, la psicológica el psicoanálisis y la psiquiatría, aspectos en los que he sido asesorado para hacer mis afirmaciones. Es un trabajo científico.

  10. Bo día Rafa,
    Estiven na presentación do teu libro de poemas Á SOMBRA DE BOUZA PANDA, editada polo Taller del Poeta, e todos na Radio Obradoiro estivemos encantados co teu libro (foi o comentario xeral) Ven sendo un libro senlleiro e de gran calidade, onde o mundo interior do poeta (que ti es aínda que non o queiras recoñecer) xurde para dar forma definitiva aos sentimentos, á memoria e ao protagonismo das pequenas cousas. Non so polo contido das páxinas senón polas observacións e reseñas que empregaches ao longo do programa O Sombreiro de Merlín, onde respostaches a tódalas preguntas cunha valoración serea diso que estabas a presentar por primeira vez.
    Obviamente, non vou repetir a túa exposición fronte aos micrófonos, pero sí quería salientar aquí o teu poema Carmucha, onde falas dunha tenda de vello, desas que vendían de todo: ultramarinos, tabacos, periódicos, etc. e que tanto proliferaban nas aldeas canda eu era neno e que agora cederon o sitio aos Carrefurs. Estas tendas de barrio ou da aldea (como foi o meu caso en Figueiras/Santiago) tiñan esa calor humana que reflectía o contacto coa xente do lugar, os pequenos segredos, a palabra agradecida, os xestos e as maneiras dun tempo en lecer que agora xa non existe. E do mesmo xeito, quero agradecerte este e os outros poemas porque fixeches das lembranzas o verdadeiro protagonista dunhas “sombras” persoais, que tanto chegan ao lector e que tanta presencia acoden xalundes .
    Moitas grazas, un saúdo, Guillerme Coen.

    • asombradebouzapanda

      Moitas grazas polas túas palabras Guillerme. Alégrame moito que atoparas algo de beleza neste feixe de poemas de feitos dende a trincheira dunha alma ancorada nun tempo, moitas veces, xa pasado. Unha aperta grande.

  11. Olá ,
    Som Miguel Vento, quigera saber se é possível se fol de veleno está á venda em Ferrol, senom é assim como podería fazerme com dito anuário .

    Um saúdo.

  1. Pingback: Celebración do “Samaín” na Facultade de Letras da UPV/EHU | Galego en Euskal Herria

  2. Pingback: ¿Morriña de la cultura alemana?

  3. Pingback: Vídeo da palestra de Rafael Quintía na Universidade de Deusto | Galego en Euskal Herria

  4. Pingback: Café con Taimat - Taimat -

  5. Pingback: Entrevista ao antropólogo galego Rafael Quintía: “A antropoloxía ten que estar ao servizo da sociedade e baixar ao campo de batalla da vida cotiá” | Palavra comum

  6. Pingback: Rafael Quintía: “Halloween é un sucedáneo cutre das tradicións atlánticas europeas” – Blog de Óscar López

  7. Pingback: Recomendamos: Mariña: de deusa a santa, de Rafael Quintía Pereira | Librería Sisargas

Deixar un comentario