Monthly Archives: Novembro 2015

PRESENTACIÓN EN VIGO DE “LA HISTORIA DE GALICIA EN 50 LUGARES”

Este xoves 19 ás 20h na Casa del Libro de Vigo presentaremos o meu traballo “La historia de Galicia en 50 lugares”. Un pracer poder estar acompañado do amigo e editor Carlos G. Fernández. Se vos apetece ali nos vemos.

12243629_10204471327458009_1708563774_n

ACTUALIZACIÓN DO POST: FOTOS DO ACTO

12806066_1696732663907553_4646359302843921157_n

12795424_1696732687240884_1524131026765682068_n

O autor acompañado do xornalista e editor  Carlos G. Fernández 

(Fotos: Raul Palomares Gonzalves)

“LA HISTORIA DE GALICIA EN 50 LUGARES”. O MEU NOVO LIBRO

50historiagaliciam

Acaba de publicarse o meu novo traballo “La historia de Galicia en 50 lugares“. Unha obra publicada por Ediciones Cydonia e na disfrutei enormemente documentando, revisitando e remirando esta escolma persoal de 50 lugares de Galicia a través dos cales contar parte da nosa historia. Dar a coñecer,  sobre todo a quen non é galego, a riqueza da nosa cultura, do noso patrimonio e da nosa historia. Amosar cara ao exterior, a través da xanela deste libro, unha pequena mostra do que somos e do que fumos. Divulgar e incitar a que nos coñezan, a coñecernos a nós mesmos e a coñezernos todos, os de dentro e os de fóra para poder convivir en paz gozando da riqueza da diversidade.

Quero agradecer publicamente aos editores Carlos Fernández e Miguel Pedrero por ter confiado en min para publicar este libro. Nestes tempos que corren dar con xente que respecte e valore o teu traballo, que che pague dignamente por el e que aínda por riba destine parte dos seus beneficios a causas benéficas é de agradecer. Son só 50 lugares para min especiais, poderían ser 50.000 máis e non dariamos reflectido a magnitude da nosa historia e da nosa cultura pero todos os que están son merecedores de ser coñecidos e aínda que só sexa por iso xa vale a pena. Agardo que gocen da súa lectura e que lles anime a sair na procura destes lugares e de moitos máis.

Aquí achego a ficha técnica na web da editorial:

http://www.edicionescydonia.com/50historiagalicia/50historiagalicia.html

“La historia de Galicia en 50 lugares” es un recorrido por medio centenar de enclaves que, en su conjunto, ofrecen al lector una visión panorámica de la historia de Galicia, que abarca desde los vestigios dejados por los primeros pobladores del noroeste de la Península Ibérica hasta la Guerra Civil española, pasando por todas las edades de la historia. Asimismo, este libro es también una guía en la que se conjuga el turismo y la historia de la comunidad, contada de una manera entretenida y didáctica. Por este motivo, cada uno de los destinos sugeridos está escogido de modo que pueda visitarse y cada capítulo tiene indicaciones precisas sobre cómo llegar, así como las coordenadas GPS.Buen viaje.