Category Archives: 02. ARQUEOLOXÍA E HISTORIA

ANUARIO FOL DE VELENO Nº3 en liña

Pulsar sobre a imaxe para ver o anuario en liña.

ESTREA DO DOCUMENTAL “LUPA. NA PROCURA DO MITO DA RAÍÑA LOBA”

O vindeiro venres 16 de marzo ás 21h estrearemos no Teatro Principal de Pontevedra o noso documental “Lupa. Na procura do mito da Raíña Loba”. Un audiovisual de AB ORIGINE con dirección e guión de Rafael Quintía, narración e presentación de Rodrigo Cota e realización e montaxe de Miguel Alonso. Neste novo traballo percorremos a xeografía galega na procura da pegada da Raíña Lupa, dende os relatos contidos no Codex Calixtinus ata as lendas de tradición oral que aínda permanecen vivas en moitos recunchos do país. Unha aventura que nos gustaría compartir con todos vós.

Estrea-Lupa-2018-Pontevedra

Trailer

 

 

PUBLÍCASE “A LINGUAXE DAS CAMPÁS. ETNOGRAFÍA DOS SINOS”

portadas imaxe

O 15 de setembro do 2007 celebrábanse na parroquia pontevedresa de Tomeza as I Xonadas sobre Campás e Campaneiros. A partir dese ano, dende a asociación cultural Os Chichisos vimos traballando coa intención de dar a coñecer a ancestral linguaxe das campás e de pór o noso gran de area na difusión e conservación deste valioso xeito de comunicación —auténtico tesouro do noso patrimonio cultural— e do oficio de campaneiro, hoxe, por desgraza, en serio perigo de desaparición. Con estas xornadas, cuxa celebración varía de lugar de ano en ano, tamén tratamos de recoller a riqueza dos diferentes toques, así como as súas variacións locais entre unhas parroquias a outras.

16-09-2007

Agas contadas escepcións, como as obras de referencia  Campás e campaneiros  de Xerardo Dasairas (Ir Indo edicións. Vigo, 2004)  ou o de Celso García Alonso  As campás galegas. Fundicións (Deputación de Pontevedra Editorial. Pontevedra, 2012), sufrimos na nosa terra a ausencia de materiais divulgativos e investigacións en torno ao patrimonio dos sinos. Así que, movidos polo noso interese en preservar e dar a coñecer este legado cultural naceu a idea de escribir este libro que, ademais dos textos que contén, achega un interesante arquivo sonoro e visual, en forma de DVD, sobre os diferentes toques das campás e unha escolma de videos testemuñais destas xornadas. Os videos son de Rosa Lede e os audios de Xoán Gil, do colectivo desgraciadamente hoxe desaperceido Escoitar.org

O presente libro, froito destes anos de traballo, supón un breve achegamento ao mundo dos sinos, á súa orixe, tipoloxías, aos seus usos e funcións. Pero, ademais, contén os resultados da recollida de campo levada a cabo polos membros dos Chichisos neste últimos dez anos, destanacando neste eido da recollida o traballo da compañeira Rosalía Rodríguez e do compañeiro Xosé Feijoó. Xa que logo, este libro combina os resultados dun traballo de investigación bibliográfico levado a cabo polo que aquí escribe e de traballo de campo para ofrecer unha obra divulgativa e rigorosa a prol da valorización e coñecemento da linguaxe das campás e de todo o mundo inmaterial que envolve aos sinos na nosa cultura galega.

Agardamos que libros como este axuden a coñecer mellor o mundo dos sinos e a valorar a súa importancia dentro do tesouro do noso patrimonio cultural. Só coñecendo o seu valor e dignificando o uso das campás e o oficio de campaneiro poderemos facer algo para frear o triste esmorecer desta vella linguaxe sonora. De nós depende, pois, que os sinos sigan soando e a xente siga a entender a súa voz e o seu canto.

portada_campaneiros

Datos técnicos:
Autor: Rafael Quintía Pereira e Rosalía Rodríguez
Editorial: A.C. os Chichisos
Impresión: branco e negro
Tamaño: 23×16
150 páxinas
Ano: 2017
I.S.B.N. 978-84-947748-0-5

Conten DVD con audio e vídeo

PVP: 20 €

 

O DOCUMENTAL “SETE CAMIÑOS. ENCRUCILLADA DO TEMPO” PARA VISIONADO ONLINE

Xa se pode visionar online, a través da canle de youtube da SAGA,  o noso documental “Sete Camiños. Encrucillada do tempo“.

Este documental, que realizamos no 2011, pretendía dar a coñecer o proxecto para a creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, hoxe unha realidade, e pór en valor e dar a coñecer o rico patrimonio natural, arqueolóxico e etnográfico desta contorna natural dos montes do Morrazo.

PRIMEIRA PARTE:

SEGUNDA PARTE:

 

PUBLÍCASE “MARIÑA: DE DEUSA A SANTA”

A editorial Galaxia vén de publicar a miña obra “Mariña: de deusa a santa”, coa que gañei o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2016.

Páginas desdeCuberta-Mariña de deusa a santa

Páginas desdeCuberta-Mariña de deusa a santa2

Toda a información sobre o libro na seguinte ligazón do catálogo de Galaxia:

http://editorialgalaxia.gal/produto/marina-de-deusa-santa/