Category Archives: 10. SAN MARTIÑO DE SALCEDO

DOCUMENTAL “MUÍÑOS, A MEMORIA DA AUGA”. Visionado online.

Deixo aquí, para o seu visionado libre,  o documental sobre os muíños que fixemos no 2016 dende a Sociedade Antropolóxica Galega e coa colaboración do Concello de Pontevedra-Concellería de Patrimonio. Un traballo audivosual sobre a historia e a etnografía dos muíños galegos de río, con dirección e guión do que aquí escribe, coa execelente realización do meu compañeiro João Bieites, as recreacións en 3D de Miguel-Ângelo Bieites, a voz de Paz Castro e a marabillosa música de Carmen Gallego e César Loureiro. Aproveito para reiterar as grazas a todos aqueles amigos, veciños, informantes (transmisores) e demais colaboradores que fixeron posible este traballo.

IV XORNADAS SOBRE MONTES COMUNAIS

Esta fin de semana temos unha cita en Salcedo (Pontevedra) para falar de patrimonio, medioambiente, deportes na natureza  e novos modelos de xestión e usos do monte comunal no século XXI. O venres ciclo de conferencias co historiador Buenaventura Aparicio Casado, o arqueólogo Israel Picón (Xurxo Constela tivo un imprevisto) e un servidor. O sábado viaxe de coñecemento e domingo andaina polo monte.

02_cartel_salcedo_iv

triptico_salcedo_atras

triptico_salcedo_portada

 

 

 

O DOCUMENTAL “COMUNEIROS” PARA VISIONADO LIBRE

O documental “Comuneiros. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo” é unha produción da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) en colaboración coa Comunidade de Montes Salcedo. O audiovisual, dirixido por un servidor e realizado por João Bieites, fai un percorrido por un século de vida e de explotación tradicional do monte comunal e polos aconteceres e desgrazas que, co cambio dos tempos e co gallo das distintas usurpacións do monte comunal, tiveron que sufrir os veciños da parroquia pontevedresa de San Martiño de Salcedo.

O 5 de novembro do 2011 presentouse o documental con motivo das “II Xornadas sobre Monte Comunal” que organiza a Comunidade de Montes de Salcedo. O documental tivo unha grande acollida e repercusión mediática pois, xunto co xa clásico “O Monte é Noso” de Llorenç Soler (1978) foi pioneiro nos traballos audiovisuais dedicados ao monte comunal en Galicia.

diario

Hoxe poñémolo a disposición de todo o público para o seu visionado libre a través da nosa canle de youtube. Agardamos sexa do seu interse.

 capa comu

 Documental “COMUNEIROS. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo”

 SINOPSE:
“Comuneiros. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo” é unha produción da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) en colaboración coa Comunidade de Montes Salcedo. O audiovisual fai un percorrido por un século de vida e de explotación tradicional do monte comunal —verdadeira e única fonte de subsistencia para moitas xeracións de galegos— e polos aconteceres e desgrazas que, co cambio dos tempos e co gallo das distintas usurpacións do monte comunal, tiveron que sufri-los veciños da parroquia pontevedresa de San Martiño de Salcedo.

FICHA ARTÍSTICA:
DIRECCIÓN: Rafael Quintía
GUIONISTA: Rafael Quintía
REALIZACIÓN: João Bieites,
PRODUCIÓN: Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) en colaboración coa Comunidade de Monte de San Martiño de Salcedo

FICHA TÉCNICA:
PRODUTORA: Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) en colaboración coa Comunidade de Monte de San Martiño de Salcedo
SUBVENCIÓN OU AXUDA PÚBLICA: Ningunha
TÍTULO ORIXINAL: “COMUNEIROS. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo”
TIPO: Documental
XÉNERO: Etnográfico e social
Produción propia realizada a cor
ANO: 2011
DURACIÓN: 87 minutos aprox.
ORIXE: Galiza
IDIOMA V. O.: Galego

el-pac3ads-comuneros

faro-de-vigo

faro-de-vigo-1

comuneiros-la-voz-de-galicia

NOVA EDICIÓN DO “ROTEIRO DAS MOURAS”

Mañá nova edición do Roteiro das Mouras. Se queredes participar e coñecer parte da mitoloxía e do patrimonio de Salcedo a cita é ás 10.30h na Casa Verde de Salcedo (centro social). Unha actividade do concello de Pontevedra dentro do proxecto Salcedo no tempo.

15403880_1157118061004572_7981440123948541346_o

“MEU PONTEVEDRA”, CASTELAO VOLTA A SALCEDO

14906931_1427446303951162_7570385914939209852_n

Unha experiencia única para non perderse e que teño o gusto de guiar. Damos vida a Castelao, e da súa man e da de diferentes personaxes que irán saíndo ao noso encontro percorremos a historia e o patrimonio das parroquias de Campolongo e de Salcedo rememorando aqueles paseos que o ilustre Castelao daba pola parroquia de San Martiño e o monte de Matalobos.

Un roteiro didáctico coordinado por A Citania Arqueoloxía e teatralizado pola compañía de teatro Escuadra 17. Unha actividde do programa Ano Castelao, organizada pola asociación de veciño Salcedo Norte coa colaboración da Deputación de Pontevedra e da Comunidade de Montes de Salcedo.

Se queredes coñecer dun xeito diferente algún dos episodios máis importantes da nosa historia acontecidos nos últimos 200 anos, se queredes descubrir o patrimonio inmaterial, arqueolóxico e artístico de Salcedo e ter a oportunidade de falar e pasear ao abeiro da lembranza de Castelao esta é a vosa oportunidade.

SÁBADO 12 DE NOVEMBRO E DOMINGO 20 DE NOVEMBRO.