Monthly Archives: Novembro 2013

PRESENTACIÓN DO LIBRO “ALICORNIO” EN SANDIÁS

Este sábado 30 presentarémo-lo libro “Alicornio” no local A Corte dos Bois en Sandías, Ourense. O acto enmárcase dentro das actividades do Roteiro Cultural por Ourense, organizado polo blog Desperta do Teu Sono (DTS). Aquí ténde-lo programa de actividades dese día. Se estades interesados en participar só tendes que poñervos en contacto co DTS.

PROGRAMA:

11:00 Combinamos todos na Praça Maior, Praça do Concelho ou Praça do Campo.
11:15 Visita às Burgas, termas e ao centro de interpretação.
11:30 Santa Maria Madre (primeira catedral de Ourense) e Praça da Madalena.
12:00 Visita à Sé. Catedral de Ourense. Capela do Santo Cristo.
12:30 Visita à zona velha de Ourense.
(Ruas dos vinhos, Praça do Ferro, Santa Eufémia, Eirozinho dos Cavalheiros…)
13:30 Comida num restaurante da zona dos vinhos da cidade
16:00 Visita à Ponte Romana.
17:00 Visita às termas (ou Chavasqueira, ou Outariz ou Moinho da Veiga)
18:00 Saída para “A Corte dos Bois” em Sandiães
19:00 Apresentação do livro de Rafa Quintia “O alicórnio. O poder do corno de unicórnio na medicina tradicional galega”
20:00: Magusto na “Corte dos Bois” de Sandiães com churrasco, frango, chouriço, vinho, sidra, cerveja e castanhas. (12 Euros)
Atuação do grupo de música tradicional galega da SAGA (Sociedade Galega de Antropologia)
22:00 (aproximadas): Banho nas termas de águas quentes (optativo)

LIGAZÓN:

http://despertadoteusono.blogspot.com.es/2013/11/roteiro-por-ourense-segunda-edicao.html

cartaz alicornio sandias

ZAPATITOS DE CHAROL

Hoxe, 25 de novembro, Día Mundial Contra a Violencia de Xénero deixo aquí o meu modesto homenaxe tirado do meu poemario  “Á sombra de Bouza Panda. Poemario de trincheira e maldizer”.

     

       “Zapatitos de charol

Entrou no coche,

como tantas veces ó día.

Naquel coche

que sempre é o mesmo

aínda que o conduzan

homes distintos.

 

Pararon naquel camiño sen saída,

naquel edén decadente e improvisado.

Nun xardín sementado de clinex

e preservativos queimados polo sol.

 

Non era o que sempre soñara

pero era un traballo.

Ninguén soña con iso,

ninguén di: “mamá

de maior quero ser puta”.

 

Pero ás veces

a vida non pregunta,

non dá opción

e un acaba nun camiño sen saída

e nunha vida sen rumbo.

 

Sentiu o peso daquel home sen rostro,

e puido uli-lo seu cánido alento,

mentres sufría a luxuriosa cadencia

das súas arremetidas salvaxes.

 

Observou o seu rostro reflectido

no espelliño do parasol e lembrouse

daquel tempo en que foi feliz.

Daquel tempo da súa infancia

cando era tan só unha nena.

 

Aquela nena que sempre estreaba

zapatitos de charol

o Día da Palma.

CONFERENCIA NA UNIVERSIDADE DE DEUSTO: “O MUNDO DA MORTE, OS DEFUNTOS E AS ÁNIMAS NA CULTURA GALEGA”

Este mércores 27 de novembro ás 19.30h impartirei unha coneferencia na Sala Garate do Campus de Bilbao da Universidade de Deusto. É para min un auténtico pracer e un honor poder ir a Euskadi a falar dun aspecto tan fascinante da nosa cultura. O meu agradecemento a Paulo O´Lema, da  Cátedra de Estudos Galegos da Universidade de Deusto, por terme convidado. O xoves 28 repetiremos conferencia en Vitoria. Se a alguén lle queda de paso e ten ganas, alí nos vemos.

561984_384617425004961_835701149_n

PRESENTACIÓN DO LIBRO “ALICORNIO” EN LUGO

O venres 22 de novembro ás 21h no local da A.C. O Carneiro Alado de Lugo presentarémo-lo meu último traballo “Alicornio. O corno de unicornio na medicina tradicional galega“. No acto estarei acompañado do compañeiro e Secretario da SAGA Miguel Losada e do ben querido e admirado Antonio Reigosa, quen ademais tivo a xenerosidade de facé-lo prólogo do libro “Alicornio”.

cartaz alicornio Lugo

1471306_476860219100013_1203022420_n

COS RAPACES DISCAPACITADOS DE “JUAN XXIII” DE ROTEIRO CULTURAL POR SALCEDO

Este pasado sábado 16 tiven o pracer de guiar nun roteiro cultural por Salcedo os rapaces do centro de formación de persoas con discapacidade intelectual Juan XXIII de Pontevedra. Ó grupo de rapaces e monitores tamén se lle uniron outras persoas que se interesaron nesta andaina enmarcada dentro dos actos da II Xornadas de Pinchos e Tapas que a Sociedade Deportiva e Cultural Salcedo organiza dende o ano 2012 para recaudar fondos para as súas actividades.

É moi gratificante para un ve-lo interese e entusiasmo que poñen os rapaces de Juan XXIII en tódalas actividades que fan.  Foi un auténtico pracer gozar da súa receptividade cara as historias e lendas que lle puiden contar ó longo do percorrido. Os meus parabéns para os monitores e esperemos poder seguir facendo cousas xuntos.

  VLUU L100, M100  / Samsung L100, M100O grupo de participantes no adro da igrexa de San Martiño de Salcedo, onde se garda en cogre de chumbo o corazón do arcebispo Malvar.

PERCORRIDO:

Comezamos a nosa andaina na igrexa de San Martiño, templo parroquial onde, entre outras curiosidades que contaremos, se garda o corazón do arcebispo Malvar. Baixamos por diante do cemiterio, deixamos atrás a antiga casa da Sociedade de Agricultores e nos diriximos ao lugar do Cruceiro, onde poderemos contemplar dous exemplos dos numerosos cruceiros que existen na parroquia de Salcedo.

VLUU L100, M100  / Samsung L100, M100No pazo de Boullosa ou dos Miradores

Dende aquí iremos cara a O Carramal onde nos achegaremos ata o pazo dos Miradores (Granxa de Boullosa) para contemplar esta magnífica mostra de arquitectura solariega galega e refrescarnos na súa fonte de augas puras.

VLUU L100, M100  / Samsung L100, M100No castro do Monte das Croas, explicando o castro e contando a mítica lenda da moura do monte das Croas.

Encarreiramos, a continuación, os nosos pasos cara a Birrete para parar no Monte das Croas, un dos castros máis importantes do concello de Pontevedra. Visitarase este xacemento arqueolóxico e, unha vez explicada a súa importancia e narrada algunha das lendas que atesoura, tomaremos o sendeiro que discorre paralelo ao río Batán ata chegar a autoestrada AP9.

VLUU L100, M100  / Samsung L100, M100Un pouco de etnografía nos muíños do Batán, en pleno proceso de restauración e posta en valor.

Neste fermoso treito de río poderemos visitar catro muíños de grande valor etnográfico, un manancial de augas curativas e coñecer algunha das historias e contos que teñen por escenario este frondoso paraxe.

VLUU L100, M100  / Samsung L100, M100A carón do olleiro de augas curativas do muíño da Xila.

Unha vez chegado á pista e servizo da autoestrada dirixirémonos primeiramente cara á Cancela para tomar despois o camiño que vai ás Veigas do Río, outro dos lugares vinculados á mitoloxía da parroquia.

VLUU L100, M100  / Samsung L100, M100Nas Veigas do río, couto de caza do temido Rachador e morada de serpes xigantescas.

Dende aquí continuamos pola pista que conduce ata a parte baixa do lugar do Carramal para saír na estrada que baixa ata a Misión Biolóxica. No lugar da Carballeira tomaremos o vello camiño do cemiterio, deixando á nosa dereita o Pazo de Gandarón (hoxe Misión Biolóxica de Galicia), ata chegar ao cruceiro de Tarabelo.

Collemos agora a man dereita cara ao lugar de  Cabanas, pasando polo edificio que ía ser casa do antigo concello de Salcedo e facendo un alto nos petróglifos de Pozo da Escribana, boa mostra do valioso arte rupestre da parroquia.

Bordeando o Monte do Castro chegaremos ata o pavillón de Cabanas onde daremos por finalizado o noso percorrido.

VLUU L100, M100  / Samsung L100, M100Parte do grupo ó final do percorrido no monte do Castro de Cabanas.

ORGANIZA: S.C.D. SALCEDO

 GUÍA: Rafael Quintía Pereira

Lugar de saída: Igrexa de Salcedo

Lugar de chegada: Pavillón de Cabanas

Hora de saída: 10h

Duración: 2 horas e media