Monthly Archives: Febreiro 2015

III XORNADAS DO ENTROIDO DE GALIZA

Un ano máis xa están aquí as “III Xornadas sobre o Entroido de Galiza”  que organiza a Sociedade Antropolóxica Galega coa colaboración do concello de Pontevedra (Concellería de Festas).

Este ano e grazas á colaboración da Concellería de Patrimonio, as xornadas (conferencias e exposición) terán lugar no Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA). Coido que é unha grande oportunidade para aqueles que queiran saber máis sobre a festa tradicional , na miña opinión, máis importante e de maior fondura cultural do ano. Por outra banda, nesta edición contaremos cunha magnífica exposición na que poucas veces se terán visto tantos traxes e elementos do entroido xuntos, así que este é outro motivo para non perderse este encontro anual coa nosa cultura galega.

cartaz entrudo 3

programa entrudo 3

 

Rolda de prensa da presentación das III Xornadas sobre o Entroido de Galiza:

escanear0002

Diario de Pontevedra

 

ESPECIAL DO ALALÁ SOBRE O ENTROIDO

Recentemente, o magnífico programa da TVG Alalá vén de realizar un especial sobre o Entroido galego. Nesta ocasión tiven o placer de participar neste programa xunto cos compañeiros da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) Miguel Losada e Xosé Anxo Rosales. Alí intentamos achegar a nosa visión sobre o fenómeno do Entroido, na nosa opinión e sen lugar a dúbidas, a festa ritual máis importante do calendario galego.

Ademais destes compañeiros e grandes coñecedores do mundo do entroido galego tamén participaron outros bos e admirados amigos como son Félix Castro, Antonio Reigosa ou Pablo Carpintero. Participan tamén no programa co seu valioso testemuño investigadores como Lois Pardo e Federico Cocho,  así como o señor Juan Antonio Pinza, Emilio de Quintela ou Xan Carlos González e Jorge Minas entre outros igualmente importantes.

alalag

Para quen non tivo a oportunidade de ver este interesante especial agora pode facelo a través da web da TVG. Estou certo de que descubrirá un mundo fascinante e culturalmente abrumador.

Sitio do programa onde se pode visionar este especial:

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa/alala

Fonte: http://www.crtvg.es

 

 

 

PRESENTACIÓN DO LIBRO “ALICORNIO” EN REDONDELA

Este xoves 19 e da man dos amigos da Asociación Alén Nós  presentaremos o meu libro “Alicornio. O poder do corno de unicornio na medicina popular galega”. O acto terá lugar na Casa da Cultura de Redondela ás 20h e terei o pracer de estar acompañado por Xosé Couñago.

 

10531250_10205610947780673_4826079368371555468_o

 

ACTUALIZACIÓN DO POST: Foto do acto cortesía de Citania Arqueoloxía

11002675_1014555408573589_4264384292115127736_o

“ENTROIDO: ESPERTANDO O MUNDO”. Charla no Museo Torres de Marín

Convidado polo colectivo Portocelo. Foro de debate marinense, este venres 13 ás 20h no Museo Torres de Marín terei o gusto de dar unha charla sobre o Entroido galego. Se lles interesa o tema será un placer vérmonos alí.

cartaz carnaval 2015.B.qxp

10505294_10205768992174851_7096851574254926120_n

 

ACTUALIZACIÓN DO POST: Instantáneas da conferencia. Imaxes cortesía de Angel García Carragal.

Conrferencia Rafael Quintía 13-2-15 003 C(1)

Conrferencia Rafael Quintía 13-2-15 B004

Conrferencia Rafael Quintía 13-2-15 002

 10959833_10203500545254424_2928409013770831033_n

 

GALICIA ENCANTADA. O PAÍS DAS MIL E UNA FANTASÍAS

XG00238501

O benquerido e admirado Antonio Reigosa vén de publicar o libro Galicia Encantada. O país das mil e una fantasías,  editado por Xerais.

Unha obra coral para conmemorar o décimo aniversario da web Galicia Encantada (http://www.galiciaencantada.com/), a mellor enciclopedia virtual de mitoloxía galega que existe, e da que xa teño falado noutros artigos.

Pois ben, nesta obra que compendia moitos relatos de autores que colaboran con esta magnífica enciclopedia virtual, o amigo Antonio tivo a ben incluír un dos meus artigos, en concreto o relato de “A cova do ermitán Juan Manuel”. Pero se o feito de figurar nun libro como este, que estou seguro será unha obra de referencia no campo da mitoloxía galega, xa é motivo de ledicia e orgullo que o propio Antonio —auténtico experto no campo da mitoloxía— dedique un capítulo a falar do alicornio e do meu libro Alicornio. O poder do corno de unicornio na medicina tradicional galega iso xa é para andar enchido polo resto do ano.

Así que, dende este humilde blog e como non podía ser doutro xeito, celebro o nacemento deste novo traballo de Antonio Reigosa e recomendo de corazón esta obra que estou seguro fará as delicias de todos aqueles que aman as lendas e os mitos desta terra.

Polo valor dos seus relatos e pola calidade dos seus autores e do seu coordinador ben merece a pena figurar nas vosas particulares bibliotecas.

 

Ficha de libro _ Editorial Xerais_Página_1