Monthly Archives: Maio 2013

SÁLVASE DA DESTRUCCIÓN O TÚMULO DE COESES

IMGEl Progreso

Hai uns meses denunciabamos dende este blog a case inminente destrución dun posible e inédito túmulo atopado no 2011 co gallo das obras  da autoestrada A-54 ó seu paso pola localidade lucense de Coeses. O xacemento en cuestión é unha sorte de túmulo e anel lítico duns 60 metros de diámetro con foxo arredor e muros interiores e exteriores. No seu momento (véxase o post: https://asombradebouzapanda.wordpress.com/2013/02/07/fomento-quere-destruir-un-posible-tumulo-inedito-en-galicia/ eu adiantaba a hipótese de que poidésemos estar ante unha importante construción tumular semellante ós que se atopan en Gran Bretaña e Irlanda, moitos deles interesantísmos lugares de prácticas rituais ou relixiosas asemade de monumentos funerarios.

west kennet long barrow (2)Xunto ó túmulo británico coñecido como West Kennet long barrow

DSC_8583Círculo lítico  Druids Circle, Gales

Durante este tempo transcurrido, dende que en febreiro se denunciaron os feitos, moitas foron as persoas e moitos os colectivos e medios de comunicación que se puxeron en contacto conmigo para interesarse polo tema e ofrecerse a colaborar no que fose necesario para poder salvar este importante xacemento, a todolos o meu agradecemento. Entre estas persoas quero destacar a Pablo Núñez (Secretario de Cultura do PSdeG-PSOE en Lugo) que, a través do seu grupo parlamentario, tivo a ben facer unha pregunta parlamentaria ó respecto do xacemento de Coeses, solicitando a súa protección e estudo. Adxunto a continuación o documento da pregunta realizada no parlamento galego e a contestación dada pola Xunta de Galicia amosando a súa vontade de estuda-lo tema.

4339-PNC COESES

4340-POC COESES

5.4.13 respuestas hallazgos coeses

No execelente blog do amigo Xabier Moure (http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/ultimas-achegas.html) pódese ler unha detallada crónica do acontencido nestes catro meses co xacemento de Coeses e a repercusión mediática, institucional e social que tiveron as nosas denuncias do que parecía un novo e inevitable atentado contra o noso patrimonio.

CoesesSemella que por unha vez a presión social  e a repercusión mediática fixo o seu efecto e o valioso xacemento vai ser estudado e conservado, xa que Fomento vai desvia-lo trazado da autoestrada para non destrui-lo xacemento arqueolóxico. Agardemos tamén que os resultados desas invstigacións se fagan públicos como corresponde a todo aquelo que se paga cos cartos de todos, pero iso é outra loita.

IMG_0001El Progreso

Coido que este suceso ten que facernos pensar tamén na forza das redes socias e a súa utilidade cívica cando se lles dá un bo uso, e tamén debería facer reflexionar a certas autoridades sobre onde se coce realmente hoxe en día a “información”, onde latexa unha parte importante do que os sociólogos chaman pulso social e a repercusión que as canles de comunicación virtuais e alternativos. como os blogs e as redes sociais, poden ter á hora de divulgar, concienciar e/ou denunciar feitos que moitas veces se lles escapan, ou non lle interesen, ós medios convencionais de comunicacións e ós aparatos de propaganda das respectivas administracións.

Así que, como ven, hoxe podemos congratularnos de que o túmulo de Coeses se vai salvar da destrucción. Unha pequena victoria nunha batalla desta grande guerra salvaxe contra todo o que configura a nosa identidade como pobo. Eu, dende este humilde blog e atendendo a quen conmigo quixo falar, fixen o que puiden por que se coñecese a importancia deste xacemento e o interese do seu estudo e conservación. Algo que tamén fixeron moitos outros compañeiros que denunciaron os feitos e se interesaron polo tema, así que o meu tan só foi un pequeno gran de area nunha loita titánica e diaria contra a destrucción sistemática do noso patrimonio,  pero nada de todo isto se tería conseguido sen o impagable labor do amigo Xabier Moure que sacou tempo do seu tempo para atende-los medios de comunicación, para guialos ó lugar do achádego e para numerosas reunións mantidas con autoridades e diversos colectivos culturais, sociais e políticos da zona nun intento de informar e concienciar a prol da conservación deste xacemento. Vaia dende aquí o meu público recoñecemento a Xabier e para todas aquelas persoas que loitan polo noso patrimonio e pola nos cultura en todo o país.

long barrowTúmulo de  Wayland´s Smithy long barrow, Inglaterra

Tódolos post publicados neste blog sobre este asunto:

https://asombradebouzapanda.wordpress.com/2013/02/07/fomento-quere-destruir-un-posible-tumulo-inedito-en-galicia/

https://asombradebouzapanda.wordpress.com/2013/02/11/o-xornal-sermos-galiza-e-outros-medios-fanse-eco-da-posible-destrucion-do-tumulo-de-coeses/

https://asombradebouzapanda.wordpress.com/2013/02/16/falamos-na-prensa-da-importancia-de-estudar-e-conserva-lo-tumulo-de-coeses/

NOVO ROTEIRO NO “ESPAZO DOS SETE CAMIÑOS” CO COLEXIO DE AVOGADOS DE PONTEVEDRA

s - copiaDiario de Pontevedra

r - copiaDiario de Pontevedra

O pasado sábado 25 de maio organizamos un novo roteiro do Espazo natural e arqueolóxico dos Sete Camiños. Neste ocasión tiven o pracer de guia-lo membros do grupo de sendeirismo do Ilustre Colexio de Avogados de Pontevedra, que amosaron os seu interese por coñece-lo patrimonio natural, arqueolóxico e etnográfico que atesoura este valioso espazo dos montes do Morrazo. No roteiro acompañáronme tamén o comnpañeiro da  SAGA  João Bieites e Fran,  colega da Comisión Técnica para a creación do  Espazo natural e arqueolóxico dos Sete Camiños.

VLUU L100, M100  / Samsung L100, M100Polo Monte Catadoiro

DSC_1942No cruzamento dos Sete Camiños

DSC_1959No nacemento da Fonte da Prata

DSC_1982Camiño do Outeiro das Mouras

6Nos petróglifos do Outeiro das Mouras

DSC_2005Xunto á Pedra Escorregadoiro

DSC_2027Camiño do miradoiro do  Monte Pornedo

VLUU L100, M100  / Samsung L100, M100Chaira do Monte Pornedo

DSC_1965

 

 

DESCARGA O Nº1 DE “FOL DE VELENO”. Ano 2010

Para celebra-lo Día das Letras Galegas, aquí vos deixo para lectura on line ou descarga libre o Nº1 de “Fol De Veleno”. Este número, editado no 2010 polo Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca, publicouse baixo o formato de revista de etnografía e historia. Co tempo, e baixo o amparo da Sociedade Antropolóxica Galega, esta revista de etnografía acabaría convertida no actual “Fol de Veleno. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”.

CRÓNICA DAS “II JORNADAS DAS LETRAS GALEGO-PORTUGUESAS”

DSC_1423

DSC_1419

Este pasado domingo 12 de maio na aldea portuguesa de Pitões das Júnias, nunha paisaxe espectacular e rodeados das impresionantes montañas do Gerês-Xurés, remataron as II Jornadas das letras galego-portuguesas con grande éxito de participación.

1

2

3

Unha fin de semana intensa onde tivemos tempo, non só para degusta-la marabillosa cociña barrosana, senón tamén para conversar, intercambiar opinións, gozar da poesía e facer novos amigos.

941187_10200967379124048_565991740_nXantar de convivencia e benvida do Padre Fontes (foto: José Goris)

SAM_0908 - copiaCon António Alijó e Santiago Bermúdez

Un pracer poder compartir palestras con Santiago Bernárdez, Miguel Losada,  António Alijó e un luxo poder pasar estes días co sabio e ben querido Padre Fontes e poder gozar da actuación sentida e entregada do Bruxo Queiman.

Bruxo QueimanUn momento estelar da actuación do Bruxo Queiman co Padre Fontes de fondo esconxurando ás forzas malignas

DSC_1393 - copiaFoi para min un honor poder participar nesta edición dunhas xornadas que estou certo cada ano se irán consolidando máis e máis ata ser un referente fundamental no calendario cultural non só do Barroso senón de ámbalas beiras administrativas da Gallaecia. Un acto de irmandade cultural e poética de pobos que son fillos dunha mesma nai.

DSC_1368Palestra de António Alijó

SAM_0894Palestra de Miguel Losada

DSC_1429 Palestra de Santiago Bermúdez

DSC_1434Intervención da escritora portuguesa Clara Pinto Correia

O meu agradecemento ós organizadores por ter pensado en min para dar unha conferencia nestes xornadas e polo seu afecto e amabilidade.  Moito obrigado a José Barbosa e a Carolina  Horstmann e parabéns polo seu traballo.

316127_10200967377524008_216875281_nParticipantes das xornadas na visita ó mosteiro de Pitões (foto: José Goris)

DSC_1453

PARTICIPAMOS NAS “II JORNADAS DAS LETRAS GALEGO-PORTUGUESAS”

A fin de semana do 11 ó 12 de maio terei o pracer de participar nas “II Jornadas das letras galego-portuguesas” que se celebran na vila portuguesa de Pitões das Júnias. Agardo que o meu relatorio: “Xeografias míticas da Galiza e espazos hierofânicos. sexa do interese de tódolos asistentes. Tan só me queda darlle os parabéns ós organizadores por este interesante evento.

Cartaz definitivo Jornadas

PROGRAMA:

Dia 11 de Maio Sábado (Hora portuguesa)

      • 12:00: Juntança de irmandade, convívio e jantar na casa de Turismo Rural do Padre Fontes Nossa Senhora dos Remédios em Mourilhe.
      • 16:00: Apresentação em Pitões das II Jornadas das Letras galego-portuguesas. Temática: “Lugares mágicos da Gallaecia”.
      • 16:30: Recital de Poesia
      • 17:30: 1ª Palestra:: António Alijó: “Árvores e pedras mágicas do mundo celta.”
      • 18:30: 2ª Palestra: Rafael Quintia “Geografias míticas da Galiza e espaços hierofânicos. Mitos, rito e crença”
      • 19:30: Visita turística pela aldeia de Pitões
      • 20:30: Ceia-Convívio na Taberna Celta
      • 22:00: Atuação do Bruxo Queimam

Dia 12 de Maio Domingo (Hora portuguesa)

      • 10:00: 3ª Palestra: Santiago Bernardez: “Os “Annála Ríoghachta Éireann” e as relações entre a Galiza e Éire na Idade Moderna
      • 11:00: 4ª Palestra: Miguel Losada: “Os que termam do céu. Imagens da Sacralidade antiga ou quando o mundo era um templo.”
      • 12:00: Conclusões e encerramento.
      • 14:00: Comida num restaurante da aldeia
      • 16:00: Roteiro e explicação pelos exteriores de Pitões