BIOGRAFÍA

Rafael Quintía Pereira. (Vigo, 1971). Licenciado en Antropoloxía Social e CulturalLicenciado en Ciencias Económicas e Empresariais, escritor, documentalista e músico tradicional. Traballa como antropólogo profesional. É membro fundador e presidente da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) e vicepresindente da Asociación Galega de Antropoloxía (AGANTRO).  Tamén foi membro fundador do Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca, da asociación cultural e grupo de música tradicional Os Chichisos e leva 28 anos vencellado ao asociacionismo e á dinamización sociocultural.

Investigador, formador e divulgador nos campos da antropoloxía e da historia de Galicia. As súas liñas de investigación céntranse no patrimonio inmaterial, fundamentalmente, no estudo da etnomedicina galega, no campo da mitoloxía popular e no mundo das crenzas máxico-relixiosas e da relixiosidade galaica ao longo da historia. Os resultados do traballo realizado nestes campos da investigación antropolóxica víronse reflectidos na publicación dunha ducia de monografías, na realización de sete documentais etnográficos e en múltiples artigos.

Durante estes anos o seu traballo de investigación foi galardoado con catro premios de investigación e ensaio: Premio Ferro Couselo de Investigación (2017),  Premio Ramón Piñeiro de Ensaio (2016), Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais (2015) e Premio de investigación Luís Cuadrado (2010). Ademais e Premio Lingua de Ouro 2017 da Asociación Queremos Galego Marín.

É autor dunha ducia de ensaios, entre eles:

  • Vade retro. Ritualística protectora, obxectos curativos e uso de amuletos na cultura popular galega (2018)

  • Universos simbólicos. Olladas ao redor da cultura e da identidade galega (2017)

  • A Linguaxe das Campás. Etnografía dos sinos (2017)

  • Mariña. De deusa a santa (2017)

  • Monte das Croas. Antropoloxía dun castro. (2016)

  • Análise estrutural e simbólica do ito da Moura. (2016)

  • La historia de Galicia en 50 lugares. (2015)

  • Uso simbólico do cuarzo na cultura galega. Aspectos etnográficos e arqueolóxicos. (2015)

  • Patrinonio Inmaterial de San Martiño de Salcedo. Lendas, historias e crenzas. (2014)

  • Alicornio. O poder do corno de unicornio na medicina tradicional galega(2013)

  • A Nosa Señora da Lanzada. Antropología de un santuario costero (2011)

  • Deuses, Mitos e Ritos do Monte do Seixo. Unha proposta interpretativa en clave céltica. (2010)

Outras obras:

  • Á Sombra de Bouza Panda. Poemario de escarnio e maldizer. (2013)

Colaborou tamén nas obras:

  • Albión galaica. Unha viaxe polas antigüidades e tradicións de Gales e Inglaterra. Miguel Losada (2015)

  • Monte do Seixo, reivindicación da Montaña Máxica. Calros Solla (2007)

E nas obras colectivas:

  • Galicia Encantada. O país das mil e una fantasías. Edición de Antonio Reigosa. (2015)

  • Catálogo guía do Espazo natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños (2015)

  • As pontes de Pontevedra (2013)

  • PoemaRio do Gafos (2012)

É autor, ademais, de numerosos artículos etnográficos, antropolóxicos e históricos publicados en distintas revistas de investigación e divulgación. (Revista Cedofeita, Revista Adina, Revista Alento, Caderno de Campo, Fol de Veleno. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza, Revista Electrónica de Investigación Galicia Encantada, Boletín de AEDAR. Publicación da Asociación de Profesionales de la Narración Oral de España, etc).

Algúns dos artigos e traballos están dispoñibles na web de academia.edu:

https://antropoloxiagalega.academia.edu/RafaelQuint%C3%ADa

Dirixe a publicación Fol de Veleno. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza, cabeceira que fundou no ano 2006. É codirector da colección Monografías da Sociedade Antropolóxica Galega e realiza labores de coordinación e redacción da publicación Caderno de Campo. Boletín informativo da Sociedade Antropolóxica Galega.

Asemade, ten colaborado con diferentes xornais como o Diario de Pontevedra, La Voz de Galicia, Sermos Galiza ou Galicia Confidencial, ademais de ser colaborador en medios de radio e de televisión.

É director e guionista dos documentais:

  • Lupa: na procura do mito da Raíña Loba (2017)

  • Madamas e Galáns. Historia do Entroido de Cobres (2016)

  • Muíños, a memoria da auga (2016)

  • Comuneiros. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo (2011)

É co-director e/ou co-guionista dos documentais:

  • Terra das marabillas (2015)

  • Noite de Reis cos Chichisos (2012)

  • Sete Camiños, encrucillada do tempo (2011)

  • Monte do Seixo, a Montaña Máxica (2009).

Guía habitual en roteiros culturais de contido etnográfico, histórico e arqueolóxico e é creador dos itinerarios culturais Meu Pontevedra: Castelao en Salcedo, Roteiro histórico-mitolóxico de San Martiño de Salcedo e Roteiro das Mouras.

No eido musical cabe salientar os seus traballos de composición. É autor da banda sonora da curtametraxe A Fenda (1996) e do documental Sete Camiños. Encrucillada do tempo (2011). Tamén compuxo, xunto a João Bieites, a banda sonora dos documentais Monte do Seixo. A Montaña Máxica (2009), A loita pola luz (2010) e Comuneiros. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo (2011).

Foi membro fundador do grupo de rock Cromlech (1991). En 1994, xunto con Cesar Martínez, Toño Vázquez e Paco Sutil forma o grupo de música tradicional Os Chichisos co que teñen publicado o traballo discográfico “Feito na casa” (2015). Entre os anos 2004 e 2006 formou parte do grupo folk Rabisaco. No 2017 publica con João Bieites o traballo discográfico “A Pedra do Fundamento. Música inspirada na mitoloxía galega”.

Advertisements
%d bloggers like this: