Monthly Archives: Novembro 2016

PRESENTACIÓN EN MARÍN DO MEU LIBRO “ANÁLISE ESTRUTURAL E SIMBÓLICA DO MITO DA MOURA”

Este venres 18 ás 20h estaremos no Museo Manuel Torres de Marín presentando o meu traballo “Análise estrutural  e simbólica do mito da Moura”. O meu agradecemento aos amigos de Queremos Galego Marín por terme convidado a este acto. Alí nos vemos.

14922272_1132935070109435_2316310824470852629_n

 

img-20161103-wa0002

img-20161115-wa0001

img-20161115-wa0002

ACTUALIZACIÓN DO POST: IMAXES DO ACTO

15137586_1151642161572059_9146750075494138171_o

15110895_1151642051572070_6755181436224012560_o

15156883_1151642254905383_5427013559021332657_o

Fotografías cortesía das A. C. Queremos Galego Marín.

“MEU PONTEVEDRA”, CASTELAO VOLTA A SALCEDO

14906931_1427446303951162_7570385914939209852_n

Unha experiencia única para non perderse e que teño o gusto de guiar. Damos vida a Castelao, e da súa man e da de diferentes personaxes que irán saíndo ao noso encontro percorremos a historia e o patrimonio das parroquias de Campolongo e de Salcedo rememorando aqueles paseos que o ilustre Castelao daba pola parroquia de San Martiño e o monte de Matalobos.

Un roteiro didáctico coordinado por A Citania Arqueoloxía e teatralizado pola compañía de teatro Escuadra 17. Unha actividde do programa Ano Castelao, organizada pola asociación de veciño Salcedo Norte coa colaboración da Deputación de Pontevedra e da Comunidade de Montes de Salcedo.

Se queredes coñecer dun xeito diferente algún dos episodios máis importantes da nosa historia acontecidos nos últimos 200 anos, se queredes descubrir o patrimonio inmaterial, arqueolóxico e artístico de Salcedo e ter a oportunidade de falar e pasear ao abeiro da lembranza de Castelao esta é a vosa oportunidade.

SÁBADO 12 DE NOVEMBRO E DOMINGO 20 DE NOVEMBRO.

 

 

CRÓNICA DAS “I XORNADAS SOBRE ANTROPOLOXÍA” DA SAGA

Remataron as I Xornadas sobre Antropoloxía organizadas pola Sociedade Antropolóxica Galega coa colaboración do Concello de Pontevedra (concellería de Cultura) e non podemos estar máis satisfeitos. Uns conferenciantes de luxo, un programa que espertou moito interese e unha afluencia de público máis que xenerosa. O balance foi moi positivo e anímanos a seguir traballando nesta liña para que o vindeiro ano estas xornadas teñan a continuidade que se merecen e demanda toda a xente interesada na antropoloxía.

img-20161102-wa0002

Dous días de cine etnográfico, dous días de conferencias e como colofón das xornadas o domingo a visita guiada aos petróglifos de Tourón a cargo de Buenaventura Aparicio Casado,

15002502_1152267278156172_2070182652112460144_o

a quen aproveitamos no día de clausura para facer Socio Honorífico da SAGA en recoñecemento a todo o seu traballo a prol da instigación e da divulgación da Antropoloxía e a historia de Galicia.

dsc00760

15027526_1355330581166773_4264349151887745748_n

Puidemos gozar do marabilloso documentario “Em companhia da morte” e debater cos seus autores Vanesa Vilaverde, Eduardo Sanches e João Varela.

img_20161102_200925

Desfrutamos tamén do documentario “Terra das marabillas” no que tiven a  sorte de traballar con Ana Lois.

14890411_10207420177893630_8171018466470195675_o

Coñecemos tamén o proxecto audiovisual sobre medicina galega “Palabras secretas” da xornalista Ana Lois, que por motivos de forza maior non puido estar presente.

Félix Castro achegouno ao mundo dos encantos, grimorios e ciprianillos.

img_20161104_185407

Buenaventura Aparicio ilustrounos sobre a pegada que os canteiros e os cazatesouros deixaron nos nosos petróglifos.

15002290_1353387558027742_5096487522632012991_o

img_20161104_204049

O antropólogo Carlos Víctor Rodríguez descubriunos o mundo dos tarahumaras de México.

14976509_1152264054823161_6061642073161770936_o

E Marcial Gondar deunos unha lección maxistral sobre a norte en Galicia.

15000711_1152264058156494_4368308650507767806_o

marcial

Finalizamos as xornadas viaxando ás estepas e á tundra de Siberia da man da antropóloga toledana e experta en pobos siberianos Carmen Arnau Muro.

dsc00759

14991422_1064284673669990_3431621060850688898_o

Todo un luxo de semana e unha ocasión marabillosa para aprender moitas cousas e intercambiar opinión e debater con todos os amigos que se achegaron a este evento.

dsc00756

O noso agradecemento a todos os que participaron nestas xornadas e a todo o público que durante todos os días encheu a sala da Casa da Luz de Pontevedra. Moitas grazas tamén á concelleira de cultura do concello de Pontevedra Anxos Riveiro polo seu apoio e ao alcalde de Ponte Caldelas André Díaz por facilitarnos a visita ao centro de interpretación do Parque Arqueolóxico de Tourón. Vémonos para o vindeiro ano falando das cousas das que nos gustan falar e das que tanta falta fai que se fale.

o-alen-protagoniza-as-i-xornadas-de-antropoloxia_pagina_1

os-pastequeiros-abrian-as-igrexas-de-tomeza-e-bertola-e-facian-ritos-a-noite_pagina_1

os-pastequeiros-abrian-as-igrexas-de-tomeza-e-bertola-e-facian-ritos-a-noite_pagina_2

antropologia-en-a-verdura__pagina_1

antropologia-en-a-verdura__pagina_2

img-20161105-wa0000

unas-jornadas-sobre-los-intermediarios-del-mas-alla-faro-de-vigo