Monthly Archives: Agosto 2016

“MONTE DAS CROAS: ANTROPOLOXÍA DUN CASTRO”. O meu novo libro

capa monte das croas

Xa está na rúa e acabado de saír do prelo o meu novo traballo: “Monte das Croas: antropoloxía dun castro”. Este libro, publicado dentro da colección de Monografías da Sociedade Antropolóxica Galega, recolle outra visión do noso patrimonio arqueolóxico, outro xeito de estudalo e de ollalo: a visión da antropoloxía. Quero agradecerlle a colaboración neste libro ao amigo e arqueólogo Israel Picón que achega no primeiro capítulo da monografía un percorrido retrospectivo polo que foron os diferentes traballos arqueolóxicos no castro das Croas ao longo das dúas últimas décadas.Agardo que o traballo sexa do voso interese e en breve estará disponible nas librerías habituais coas que traballa a SAGA ou ben a través da súa web ou mesmo escribindo a este blog.

Datos técnicos:
Autor: Rafael Quintía Pereira
Editorial: Sociedade Antropolóxica Galega
Impresión: branco e negro
Tamaño: 21×13.5
136 páxinas
Ano: 2016
I.S.S.N. 2341-0353

PVP: 12 €

NAS “XEIRAS DO IEM”

Foi un auténtico pracer poder participar este ano nas “Xeiras do IEM” que organiza o Instituto de Estudos Miñoráns. Non só tiven o pracer de dar unha charla e presentar o meu libro “Análise estrutural e simbólica do mito da Moura” senón que tamén puiden compartir con case 400 personas unha andaina polos montes de Tomiño onde, xunto a Xosé Lois Vilar e Bruno Centelles, falamos de mitoloxía, toponimia, minas de ouro e moitas cousas máis. Os meus parabén ao IEM polo magnífico traballo que fan e agradamos vérmonos noutra actividade.

(video do IEM)

13902672_1103908346312976_2374410526469693664_n

Falando dos mouros e da Moura (Foto: IEM)

13879265_1103908296312981_9185697237836373320_n(Foto: IEM)

13880247_1103908352979642_6872857309231292107_n

(Foto: IEM)

DSC_8672

DSC_8670

MUÍÑOS E MOURAS NA “SEMANA GRANDE DA CHAVE DAS NOCES”

Este venres 18 de agosto teño o gusto de presentar o último traballo audiovisual da SAGA “Muíños, a memoria da auga” no marco da Semana Grande que organiza a A.C. A Chave das Noces, de Castroverde.

O sábado facemos doblete e presentamos no local social da A.C. A Chave das noces o meu último libro “Análise estrutural e simbólica do mito da Moura”.

Alí nos vemos, se vos presta, para falar de muíños e de Mouras.

 13925568_1767795706777079_4216472610893578401_o

ACTUALIZACIÓN: Fotos do acto.

dsc_9195

dsc_9198