Monthly Archives: Maio 2017

IV XORNADAS SOBRE MONTES COMUNAIS

Esta fin de semana temos unha cita en Salcedo (Pontevedra) para falar de patrimonio, medioambiente, deportes na natureza  e novos modelos de xestión e usos do monte comunal no século XXI. O venres ciclo de conferencias co historiador Buenaventura Aparicio Casado, o arqueólogo Israel Picón (Xurxo Constela tivo un imprevisto) e un servidor. O sábado viaxe de coñecemento e domingo andaina polo monte.

02_cartel_salcedo_iv

triptico_salcedo_atras

triptico_salcedo_portada

 

 

 

CONFERENCIA NO “XII INTERNACIONAL FESTIVAL DA MÁSCARA IBÉRICA”

Este ano tivemos o pracer de ser convidados a dar unha conferencia dentro dos actos do “XII Festival Internacional da Máscara Ibérica” que cada ano se celebra en Lisboa.

O acto -Debate Entroido tradicionais- celebrarase o día 4 a partir das 18h no Museo Nacional de Arqueologia. Alí falaremos do entroido galego, do portugués, do carnaval de Colombia e do carnaval de Cádiz.  Será un pracer compartir palestra e coñecementos sobre o entroido co resto dos oradores e unha honra poder atoparnos alí con todas as delegacións de entroidos de Galiza e de toda a Península Ibérica. tamén irá en representación da Sociedade Antropolóxica Galega o compañeiro e antropólogo Miguel Alonso.

18119504_1327061457371864_1646793446411179455_n