Monthly Archives: Abril 2015

ENTREVISTA NO FARO DE VIGO

Publicada hoxe día 07 de abril na edición de Pontevedra.

IMG-20150407-WA0000

EXPOSICIÓN “DO GRIS AO VIOLETA. ACHEGAS Á HISTORIA DAS MULLERES DE PONTEVEDRA”

11043314_10204057659101726_8357375081317863110_o

A magnífica exposición “Do gris ao violeta. Achegas á historia das mulleres de Pontevedra” é un deses eventos nos que participar fan a un sentirse orgulloso e con certo sentimento de pagar parte dunha débeda pendente. A iniciativa forma parte do proxecto A memoria das mulleres e coido que é un dos grandes acertos da Concellería de Patrimonio Histórico do concello de Pontevedra.

1

2

A través dunha ampla mostra fotográfica localizada na céntrica praza da Ferrería de Pontevedra faise un percorrido polas historia das mulleres que forxaron esta terra que máis que patria é sempre matria. Dend as mulleres anónimas e máis humilde ata as más coñecidas e reputadas. Todas igualmente dignas e importantes. De aí a necesidade de rescatar do esquecemento e do anonimato esa parte fundamental da nosa historia,  sempre oculta e ninguneada pero sempre presente entre as brumas dunha sociedade eminentemente machista.

10906065_673814489413370_4944092414681013535_n

A exposición esta dividida en 6 bloques temáticos:

  1. Pioneiras, heterodoxas e rebeldes

  2. As idades da vida

  3. Ciencia e conciencia

  4. Traballadoras

  5. Represaliadas e resistentes

  6. Liña do tempoDSC_0052 (2) - copia

Parte dos colaboradores na exposición. Foto da web Tesouros do Tempo

escanear0014

escanear0016

escanear0018

escanear0019

escanear0017

escanear0015

5

Para min foi un honor, repito, poder colaborar nesta exposición achegando fotos do meu arquivo persoal e texto, en concreto un merecido recordo á miña tataravoa Tana, muller humilde pero libre, forte e digna. Velaiquí esa sentida homenaxe a ela:

Cándida Agulla Garrido, coñecida como Tana. Natural de Salcedo, nacida en 1870 e finada en 1963. Nai solteira de dous fillos —Felisa e Benito— que criou en solitario tras emigrar o seu mozo a Arxentina. Muller orgullosa, non quixo saber máis dos homes, preferiu valerse polos seus propios medios e rexeitou sempre calquera axuda económica que lle quixo mandar o pai dos seus fillos. Compaxinou o seu oficio de costureira a domicilio co traballo do campo, o coidado dos animais, dos fillos e da casa. Coa súa máquina de maleta coseu para algunhas das familias máis importantes de Pontevedra. Co estalido da Guerra Civil os fascistas quixérona represaliar, posiblemente por ser un perigoso exemplo como nai solteira, e muller contestataria e autosuficiente, pero salvouse de ser rapada grazas a intervención dunha influinte clienta. Sempre fixo gala dun forte carácter, dunha saúde de ferro e dunha dignidade inquebrantable.

 11070255_691081731000382_159663711393259903_n

Cándida Agulla Garrido coa súa bisneta Mª Olivia Pereira Rey

 A foto que acompaña ao texto é unha desas fotos cuxo impacto visual é tan brutal que poderías facer toda unha tese doutoral ao redor do que conta. Dous mundos distintos  un a carón do outro, o pasado e o futuro esperanzador, a muller vella, costureira, de negro como a dura vida que lle tocou vivir a carón da bisneta, vestida de branco e luz, futura avogada. A potencia do xesto, amosando orgullosa a chave da vida, a chave do santo sagrario do pan, a vella chave de ferro -auténtico amuleto e obxecto de poder na nosa cultura- que pecha a porta do hórreo, da paneira como dicimos nós, do santa santorum do que durante séculos foi o maná matafames dun pobo.

A foto, que conservamos na familia, sempre me lembrou a aquelas vellas mulleres palestinas que garadaban e conservaban orgullosas as chaves das súas antigas casas xa derruídas polos asentamentos xudeos nos territorios ocupados de Gaza. Unhas chaves que simbolizaban a esperanza de algún día regresar á súa terra. Igual que esa chave da paneira representaba a esperanza dunha vida mellor para fillos, netos e bisnetos. Esa é a maxia desta imaxe que tanto conta sen dicir nada.

3

Máis información sobre a exposición nas webs:

 http://tesourosdotempo.pontevedra.eu/actividade/exposicion-do-gris-ao-violeta-/

http://pontevedraviva.com/cultura/18536/gris-violeta-exposicion-mulleres-pontevedra-fotos/#/0

http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2015/03/05/ignoradas-vez-primer-plano/1196039.html