Monthly Archives: Decembro 2014

CADERNO DE CAMPO Nº10

Novo número do CADERNO DE CAMPO, o boletín informativo da SAGA,  correspondente ao último cuatrimestre do ano 2014.

Podedes consultalo tamén, ou descargalo libremente, dende a web da SAGA,  o noso blog ou dende a paltaforma ISSUU:

 http://issuu.com/cadernodecampo/docs/cadernodecampo_10_b/0

 

O DOCUMENTAL DE “MÚSICA NO CLAUSTRO”

10556457_665445816878842_5145424411804993640_n

Este verán tiven o pracer de ser convidado a dar unha charla sobre a muller e a ourivería galega dentro da programación de actividades do festival “Música no claustro”, sen lugar a dúbidas unha das propostas culturais máis interesantes e enriquecedoras das que hai no panorama galego actual. Ademais, para maior satisfacción dun servidor, puiden compartir palestra coa magnífica ourive Susi Gesto, unha muller que fai da tradición puro arte de vangarda. Agora veñen de estrear no Culturgal un documentario sobre a edición 2014 deste festival que se celebra cada ano en Tui. O meu agradecemento á organización e en especial a Samuel Diz polo enorme traballo que fai para levar adiante este marabilloso festival.

Ligazón da web do festival:

http://www.musicanoclaustro.com/

10600515_665445733545517_1565667981380161755_n

10403719_665445526878871_342401948802533059_n

10616074_665446000212157_3968250444355691414_n

Fotografía de Tere Freiría

Deixo a continuación a ligazón do documental: Música no claustro Documental 10º edición: “Tocar madeira”

 

musica no claustro cartaz 2014 lateral

IMAXES DA PRESENTACIÓN DO LIBRO “PATRIMONIO INMATERIAL DE SAN MARTIÑO DE SALCEDO”

O meu agradecemento ao númeroso público asistente á presentación do meu libro “Patrimonio Inmaterial de San Martiño de Salcedo” e que tivo lugar o pasado xoves 11 de decembro na Casa das Campás, Pontevedra. Grazas tamén ao concelleiro de Patrimnonio histórico Luís Bará, polo apoio dado a este traballo, e ao antropólogo Buenaventura Aparicio Casado, sempre disposto a colaborar no que se lle pide. Por último, moitas grazas a Carlos Javier Serrado  pola reportaxe fotográfica.

DIARIO

 Diario de Pontevedra

1508504_640461269395762_367708661300750238_n

 O numeroso público asistente encheu a sala da Casa das campás

10857778_640461282729094_6592177449405206626_nO concelleiro de Patrimonio Histórico do concello de Pontevedra. Luis Bará,  abrindo o acto

10375483_640461216062434_1313005525657834205_n

Falando do patrimonio de Salcedo

10438579_640461242729098_4583897191340657072_nIntervención do antropólogo Buenaventura Aparicio Casado

10426074_640461186062437_3189845591086208406_n

10846323_640461139395775_4057405924963238326_n

Un momento da presentación

1546448_640461012729121_8870476512529673978_n

Momento de asinar exemplares

10388071_640461359395753_5139808332086713529_n

10425482_640461026062453_6127176333236980064_n (1)Xunto a Luis Bará e Buenaventura Aparicio

OS MEDIOS FANSE ECO DA PRESENTACIÓN DE “PATRIMONIO INMATERIAL DE SAN MARTIÑO DE SALCEDO”

Sorprendido e agradecido pola boa acollida que tivo na prensa a publicación e presentación do meu libro “Patrimonio Inmaterial de San Martiño de Salcedo”. Tamén debo dar as grazas ao concello de Pontevedra e en especial ao concelleiro de Patriomonio Hitórico Luis Bará polo apoio a este traballo e pola rolda de prensa que organizaron onte no concello para anunciar a presentación do libro que terá lugar mañá. Semella que pouco a pouco imos collendo conciencia da importancia e valor do noso patrimonio cultural e, sobre todo, inmaterial.

portada_diario_10122014

Na portada do Diario de Pontevedra. 10/12/2014

portada_diario_10122014 - copia

diario de pontevedra patrimonio salcedo

Reportaxe no  Diario de Pontevedra. 10/12/2014

faro de vigo patrimonio salcedo

Faro de Vigo. 10/12/2014

PRESENTACIÓN DO LIBRO “PATRIMONIO INMATERIAL DE SAN MARTIÑO DE SALCEDO”

Este xoves 11 de decembro ása 20.30h presentaremos na Casa das Campás, Pontevedra, o meu último traballo “Patrimonio inmaterial de San Martiño de Salcedo”.

No acto, organizado polo concello de Pontevedra e a Sociedade Antropolóxica Galega, terei o pracer de estar acompañado polo concelleiro de Patrimonio Luis Bará e polo antropólogo Buenaventura Aparicio Casado.

Será un pracer poder parolar con todo aquel que teña a ben achegarse á presentación.

libro-rafael-quintia