Monthly Archives: Marzo 2017

ENTREVISTA PARA “ESCOLA NAS ONDAS”

Adxunto a ligazón onde podedes ver o video da entrevista que me fixeron na UNED para o proxecto de Escola nas ondas. Falamos, entre outras cousas,  de mitoloxía e de tradicións e crenzas comúns entre Galiza e o Norte de Portugal.

“Galicia e o Norte de Portugal basicamente celebramos as mesmas festas, coas mesmas ritualidades e as mesmas crenzas”

“A PEDRA DO FUNDAMENTO” Música inspirada na mitoloxía galega

A pedra do fundamento

Acaba de ver a luz un traballos que o compañeiro João Bieites e un servidor levabamos moito tempo cociñando, a lume manso como se fan as cousas con cariño e paixón.

O Cd que hoxe presentamos, “A Pedra do Fundamento”, é un traballo discográfico inspirado na mitoloxía galega. Ese mundo tan fascinante e poderosos que tan pouco se valora e que tanto risco corre de desaparecer.

O presente traballo musical recolle dez anos de composicións nunha escolma de 29 temas compostos uns para bandas sonoras de documentarios e outros inéditos, pero todos eles co fío condutor da nosa mitoloxía e unha sonoridade achegada, fundamentalmente, á música folque.

O disco, para quen defendemos e cremos na autoxestión e no traballo artesanal, foi composto, interpretado, gravado e producido por nós mesmos. Cómpre tamén lembrar que nalgúns dos temas contamos coa colaboración de bos e xenerosos amigos como Francisco Sutil, Antonio Vázquez, Alexandre Leiro, Xosé Feijoo, Rosalía Rodríguez ou César Martínez.

O arduo e minucioso labor de gravación, mestura e edición correu a cargo do compañeiro  João Bieites. A magnífica maquetación e deseño da portada e libreto do CD foi obra do deseñador gráfico Miguel-Ângelo Bieites e os textos de quen aquí escribe.

Só agardo que a música sexa do voso gusto e que, cando menos, a algún de vós logre transportalo  ao mundo da nosa tradición oral.

Deixo un par de temas do disco para que poidade escoitar libremente.

O POZO DA MOURA

OS CAVALEIROS DA CHUVA

1

2

A pedra do fundamento

A pedra do fundamento

4

O DOCUMENTAL “MADAMAS E GALÁNS: HISTORIA DO ENTROIDO DE COBRES”

caratula_cobres.jpg

“MADAMAS E GALÁNS. HISTORIA DO ENTROIDO DE COBRES” é un documental de longa duración no que se recolle e se dá a coñecer a riqueza do Entroido tradicional de Cobres, á vez que se fai un percorrido pola súa historia e polos aspectos e elementos culturais máis significativos, incluídos aqueles que xa están desaparecidos.

O documental foi promovido e financiado pola Asociación Cultural Cobres-Vilaboa e realizado por AB ORIGINE, gabinete de antropoloxía. Conou co finanzamento da Deputación Provincial de Pontevedra e do Concello de Vilaboa. Formou parte do equipo de realización o etnógrafo Xosé Anxo Rosales, autor do traballo “As Madamas e o sacrificio do galo. O Entruido do concello de Vila-Boa do Morrazo”. Ademais o proxecto contou coa colaboración e o asesoramento da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) á que tamén pertence Xosé Anxo Rosales.

 FICHA ARTÍSTICA:
DIRECCIÓN: Rafael Quintía
GUIÓN: Rafael Quintía e Xosé Anxo Rosales
REALIZACIÓN: Miguel Alonso
GRAVACIÓN: Miguel Alonso, João Bieites e Rafael Quintía
MONTAXE: Miguel Alonso

FICHA TÉCNICA:
PRODUTORA: Un documental realizado por AB ORIGINE ANTROPOLOXÍA. Promovido e financiado pola Asociación Cultural Cobres-Vilaboa. Coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra, Concello de Vilaboa e a Sociedade Antropolóxica Galega.
TÍTULO ORIXINAL: “MADAMAS E GALÁNS. HISTORIA DO ENTROIDO DE COBRES”
TIPO: Documental
XÉNERO: Etnográfico
ANO: 2016
DURACIÓN: 98 minutos aprox.
ORIXE: Galiza
IDIOMA V. O.: Galego

V XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

Un ano máis, xa están aquí as “V Xornadas sobre o Entoido de Galiza” organizadas pola Sociedade Antropolóxica Galega coa colaboración da concellería de Festas do concello de Pontevedra. Un programa interesantes que inclué a estrea en Pontevedra do documental “Madamas e Galáns. Historia do Entroido de Cobres”, unha exposicón fotográfica  e un ciclo de conferencias para non perderse. A continuación toda a información e o programa das xornadas.

cartaz-entrudo-5

programa-entrudo-5

PARTICIPAMOS NO FORO VOZ: “ENTROIDO. FILLOAS E FOGÓNS”

Este venres 3 de marzo no Teatro Principal ed Pontevedra participaresmo no Foro Voz: “Entroido. Filloas e fogóns”. Un pracer compartir tertulia cos cociñeiros Pepe Vieira, benigno Campos e Raúl Facciola para falar do Entroido e das comidas do Entroido. Quedades todos convidados… a charla. As filloas xa son cousa dos cociñeiros.

foro-voz

foro-voz