Monthly Archives: Xuño 2018

FALANDO DE ENDEMONIADOS E EXORCISMOS

Entrevista publicada o pasado 9 de xuño no suplemento “Revista” do Diario de Pontevedra dentro dun número especial sobre endemoniados e e exorismos.

EXORCI 1

EXORCISMO

 

“ACHEGAS AO PATRIMONIO INMATERIAL GALEGO”

A Sociedade Antropolóxica Galega acaba de publicar un novo traballo que tiven o gusto de coordinar: “Achegas ao Patrimonio Inmaterial galego”. A presente obra conforma un libro coral que compendia nove traballos de diferente autoría, diversos en canto a temática, estilo e enfoque pero que comparten todos eles o denominador común de tratar temas do noso Patrimonio Inmaterial. Áreas de coñecemento que van dende a mitoloxía, ata a relixiosidade popular pasando polas festas tradicionais, as crenzas ou os ritos aínda vivos na cultura tradicional.

Este libro nace ao abeiro do curso “Mitoloxía, crenzas, rituais e manifestacións festivas da cultura tradicional galega. Un achegamento antropolóxico ao patrimonio inmaterial de Galicia“, curso de extensión universitaria que deseñei e inmpartín na UNED neste curso académico. Xa que logo o libro que contén unha escolma de traballos de investigación ao redor do Patrimonio Inmaterial galego feitos por un entusiasta grupo de alumnos e alumnas que aceptaron a miña proposta de facer unha investigación antropolóxica e despois reflectir os resultados nun traballo de divulgación.

Dende aquí transmito os meus parabéns a Sara Alonso Mallo, Lina Álvarez Iglesias, Carlos X. Ares Pérez, Víctor Caride Abalde, Ana Durán Penabad, Pilar López Vilas,  Lidia Mariño Ventoso, Natividad Rey Ordóñez e Cruz Vázquez Torres polo traballo feito e pola entrega neste proxecto.

portada api

Características técnicas:

Coordinador: Rafael Quintía Pereira
Autores/as: Sara Alonso Mallo, Lina Álvarez Iglesias, Carlos X. Ares Pérez, Víctor Caride Abalde, Ana Durán Penabad, Pilar López Vilas,  Lidia Mariño Ventoso, Natividad Rey Ordóñez e Cruz Vázquez Torres.
Editorial: Sociedade Antropolóxica Galega
Impresión: Branco e negro
Tamaño:23×16
202 páxinas
Ano: 2018
I.S.B.N.: 978- 84-948682-1-4
PVP: 15€

CONFERENCIA NO PICO SACRO: “O PICO SACRO E O MITO DA MOURA E DOS MOUROS”

Este sábado 9 de xuño ás 20h teño o gusto de impartir unha conferencia na capela de San Sebastián do Pico Sacro co gallo das xornadas culturas “Ciclo da mitoloxía e a sacralidade do Pico Sacro”.

Nesta conferencia faremos un percorrido polo significado e polos elementos máis característicos do mito dos mouros e da Moura galega. Falaremos da diferenza entre ambos os dous mitos, da función destes relatos, da súa orixe, das xeografías nas que se desenvolven e porémolos en relación coa rica mitoloxía que atesoura o Pico Sacro e coa vinculación que existe entre a raíña Lupa e o mito da Moura.

cartel pico sacro

PICO SACRO 2

862ff747-71f7-4798-8032-8096987ff81a

PUBLÍCASE “VADE RETRO. RITUALÍSTICA PROTECTORA, OBXECTOS CURATIVOS E USO DE AMULETOS NA CULTURA POPULAR GALEGA”

Vénse de publicar o meu último libro “Vade retro. Ritualística protectora, obxectos curativos e uso de amuletos na cultura popular galega”. O libro recolle o traballo homónimo co que gañei no ano 2017 o Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo.

Para que estea interesado nel, a distribución do libro corre a cargo da editorial Galaxia ou  tamén pode contactar conmigo a través do email deste blog.

pxfc

 

Datos técnicos:

Autor: Rafael Quintía Pereira

Editorial: Concello de Valga

Impresión: Branco e negro

Tamaño:24×17

270 páxinas

Ano: 2017

I.S.B.N.: 978- 84-697-8914-8